Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Libros que van e veñen 2020/2021 |
Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade. Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias. BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!! |
O cazo de Lorenzo |
Ao longo deste trimestre o alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou o conto de “O cazo de Lorenzo” no que a súa autora, Isabelle Carrier, tenta transmitirnos, con tenrura, agarimo e de xeito próximo, a historia dun rapaz chamado Lorenzo, que ten que arrastrar unha pota vermella, sempre ao seu carón. Ás veces a pota dálle certas dificultades e desafíos na vida que, grazas á axuda dalgunhas persoas amables, aprende a superalo aos poucos. Tendo, deste xeito, que atopar onde antes só vía aspectos negativos, os aspectos positivos da vida. Quizais, a principal moral que se esconde entre as súas letras é que as persoas con discapacidade, que neste caso simula a cazola vermella, non teñan que querer desfacerse dela, é dicir, non teñen que velo como un estorbo. É certo que, ás veces, impide unha vida normal, pero é moito mellor, sobre todo para si mesmos e as súas familias, se intentan levala creativamente en vez de crear unha loita continua, aínda que non sempre é tan sinxelo, como Lorenzo Acaba levando a súa cacerola vermella nunha bolsa, o que lle permite superar os obstáculos cos que se atopou anteriormente dun xeito menos complicado. Se dedicamos o suficiente tempo para ver a discapacidade como o contrario, é dicir, como algo intrínseco á propia persoa, será moito máis doado para nós axudar aos que conviven con eles na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E ademais, probablemente terán unha autoestima máis alta que lles permita, igualmente, levar unha vida plena e feliz. Por que a discapacidade adoita asociarse a algo negativo? Por que cremos, dun xeito estereotipado, que as persoas con discapacidade non poden ou poden, pero dun xeito máis difícil, facer o mesmo que outras? Como ben explica a historia, os forasteiros a miúdo ven só a pota vermella que leva Lorenzo, e esta é información suficiente para crear equívocos. Creo que aos que non coñecen de cerca este mundo, botan de menos algo extraordinario e paga a pena exploralo porque descubrirían aquí cousas inimaxinables. |
Día da Paz 2021 |
Este ano, a celebración do Día da Paz, no noso cole, foi un pouco distinta á de anos anteriores por mor do Covid. Por iso, parte do alumnado estivo pescudando ao longo deste mes sobre os ingredientes precisos para elaborar unha vacina contra este virus que está a mudar os nosos hábitos. Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este gran descubrimento para a noso a comunidade educativa. O alumnado de 1º de Ed. Primaria realizou un mural co abecedario da Paz. O venres 29 de xaneiro, na hora do recreo, presentamos as seguintes actividades que se estiveron traballando nas nosas aulas nos días previos a esta data:
Nas aulas das seccións bilíngües os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio. |
Club de Letras |
Por segundo curso consecutivo, o noso centro foi seleccionado no programa de innovación educativa “Club de Letras”. Seguindo as propostas indicadas na resolución do 18 de xuño de 2020, o noso proxecto leva por título: “TAKE CARE OF YOU, TAKE CARE OF US! A elección do lema reúne dúas características: Por unha banda afonda nesas palabras e xestos cotiás que inciden na convivencia diaria, nas formas de dirixirnos aos demais que reflicten un fondo máis profundo, no respecto polo modo en que cada cultura se relaciona entre si e coas outras, intentando que ese coñecemento sexa fructífero no seu crecemento persoal individual e colectivo. Por outra banda, tal e como propón a convocatoria do Club de Letras este curso, faremos do autocoidado a plataforma desde a que extenderemos o coidado cara aos demais, (familias, escolas, sanitarios, …), prestando especial atención ás emocións que a situación actual de pandemia fai aflorar nos nenos e nenas, nos tempos COVID que estamos a vivir. Destacaremos o traballo dos sanitarios/as, pondo especial énfase na enfermería, xa que o ano 2020 está adicado á enfermería. Poremos en valor esa profesión de tradición feminina e que na actualidade a igualdade xa é unha realidade. Valoraremos a iniciativa de Florence Nightingale, esa enfermeira que puxo en valor a súa profesión, tan denostada pola clase alta naqueles tempos. Neste 2020 cúmprense 200 anos do seu nacemento. Así iniciaron a súa tarefa de coidar de todos/as nós, os SUPERHEROES do noso cole. Como ben din,: SUPERHEROES TAKE CARE OF YOU! |
THIS IS ME! |
Nunca foi tan divertido aprender as partes do corpo como coa actividade desenvolvida pola mestra en prácticas, Ania Rial, na clase de 1º E.P., co fin de repasar e afianzar o vocabulario da unidade sobre o BODY. Non hai mellor xeito de traballo que a práctica, e step by step debuxamos e pintamos cadanseu “body”. Aquí podedes ver as fotos do traballo e o vídeo coa nosa mellor actuación. THANK YOU SO MUCH, teacher Ania! |
INTERNATIONAL WOMEN ́S DAY |
INTERNATIONAL WOMEN ́S DAY March, 8th O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge. Todos/as nós somos responsables dos nosos pensamentos e accións todos e cada un dos días, non só o 8 de marzo. Tes toda a información no enlace https://www.internationalwomensday.com/2021Theme. So, hand up high to show you're in! All of us are WOMEN!
|
Os nosos versos: Día mundial da poesía |
O 12 de marzo os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria estivemos disfrutando dun entretido e didáctico obradoiro de poesía, coa colaboración da Concellería de Educación de Ourense.
Primeiramente repasamos o que é unha poesía e a súa estructura, non nos esquecemos de nomear a poetisa máis ilustre para nós: Rosalía de Castro. Logo coñecemos a Xela Arias, poetisa á que adicamos este ano o día das Letras Galegas. Ordeamos versos de Xela Arias para formar poesías, logo escollemos catro palabras coas que fixemos as nosas poesías, as que voaron ao transformaren un simple papel nun avión de soños. Rematamos a actividade facendo unha chapa de Xela. |
Se fora fácil, lerían outros |
O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta. Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida. Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso pingüino Sueiriño. Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial? Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven. O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar. Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta. MEMORIA GRÁFICA |
OS FOOD HEROES SAEN DA ESCOLA |
Os/as nosos SUPERHEROES non se conforman con coidar o seu GARDEN no cole. Agora deciden dar un chimpo e plantarse, nunca mellor dito, no CIFP Portovello coas súas tools e vegetables para facer a plantación da spring. En autumn plantamos e recollemos carrots, en winter plantamos Spanish onions ás que aínda lles queda un pouco para poder recollelas. E agora, en spring, no CIFP Portovello, plantamos tomatoes, lettuce, carrots e chives. Cando recollamos todo, disfrutaremos dunha HEALTHY SALAD. Moitísimas GRAZAS á comunidade educativa do CIFP Portovello por deixarnos un recunchiño do seu garden e ao profesorado por axudarnos na plantación dos nosos produtos. Somos os SUPERHEROES, os heroes da saúde, e na nosa teima por coidar a nosa saúde, insistimos na importancia dunha dieta saudable para unha mellora da nosa saúde xeral. Non esquezades o dito: ONE APPLE A DAY, KEEP THE DOCTOR AWAY! |
CREAcción no Día do libro 2021 |
Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:
|
Xela Arias Castaño (2021) |
Xela Arias Castaño naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo) onde seu pai era mestre de primaria. Era a primoxénita de Valentín e Amparo. Foi inscrita co nome de María de los Ángeles, xa que daquela non se podían poñer nomes galegos. En 1984 consegue que lle recoñezan o dereito a chamarse Xela, tal como a coñecían todos. Estudou infantil e primaria no Colexio Fingoi, de Lugo e no de Sárdoma, Moledo, en Vigo e os estudos de secundaria no IES Castelao, tamén de Vigo, cidade na que fora destinado seu pai. Co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia gañou o VI Concurso de contos Infantís de O Facho da Coruña. Foi poeta, tradutora e profesora de Lingua e Literatura Castelá en secundaria. A súa obra poética está recollida, principalmente en Denuncia do equilibrio, Tigres como cabalos, Intempériome e Darío a diario, dedicado ao seu fillo. Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italia-no, inglés, castelán, francés... como As bruxas, de Roald Dalh, Contos ao Teléfono, de Rodari, O GatoGaiado..., de Jorge Amado,... En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega. Faleceu na cidade de Vigo o 1º de novembro de 2003,aos 41 anos. Polo seu traballo a prol do idioma galego e a nosa cultura a Real Academia dedícalle o Día das Letras de 2021. (Recuperado de Seminario Galán) |
Día da nai 2021 | |
Libros que van e veñen curso 2020/2021 |
Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade. Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias. BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!! |
Si fuera fácil, leerían otros |
Unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüino Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida. Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base da Antártida no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven. Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.
O desenvolvemento do proxecto pode seguirse no enlace |
Last but not least |
No tempo no que o outono está a chegar, os nenos e nenas do cole achegámonos ao horto que coidamos ao longo do curso pasado no CIFP Portovello. Xa disfrutamos das nosas lettuce, carrots, onions and tomatoes no mes de xuño. (Das nosas andanzas xa tivestes información na web do centro o curso pasado). Pensamos que sería a nosa última colleita, pero ... SURPRISE, SURPRISE: Recollemos de novo tomatoes and cherries! E ben bos que están. Quen sabe se será esta a nosa derradeira e última colleita! |
Formación de usuarios |
|
Coidemos a nosa vida coidando o medioambiente | |
Lecturas para o Nadal 2021 |
Xa chega o Nadal! e a nosa biblo vaino celebrar! E que mellor maneira que os libros empregar e material de refufallo poder reutilizar. A que non adiviñades con que están feitas as campaíñas da árbore de Nadal? Na biblio preparamos unha exposición cos fondos documentais que tratan sobre o Nadal e que podedes levar en préstamo para as vosas casas. Asemade, na presentación de máis abaixo, Leo deixavos unhas recomendacións lectoras para estas Festas de Nadal. Esperámos que sexan do voso agrado!! |
Celebración do Día da Paz 2022 |
Para conmemorar o Día da Paz o profesorado representou a obra "Por catro esquiniñas de nada" de Jérôme Ruillier. Caracterizados coma os personaxes do conto puxeron en valor o respecto ás diferencias e a integración desde dito respecto, sen pretender que todas as persoas sexamos iguais e entendendo que o traballo en equipo sempre é a mellor canle para solucionar os problemas. Como este ano O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! dende a biblioteca fixemos unha pequena homenaxe ao premio Nobel da Paz, Wangari Maathai, polo labor que fixo en defensa da natureza e a loita polos dereitos e melloras da situación das mulleres do seu país. Contamos un conto (no que queremos agradecer a participación do alumnado de 6º) sobre a verdadeira historia de Wangari e aprendemos unha bonita canción sobre a súa vida. Para rematar, realizamos un mural (todo con material reciclado) no que quixemos reflictir o "Movemento Cinturón verde" que fundou Wangari en 1977 e que na actualidade en Kenia conta con 4000 grupos comunitarios que plantan árbores e protexen o medio ambiente. Cada neno/a fixo unha folla co seu mensaxe de paz que posteriormete foi colocada no mural. Asemade, nestes tempos escuros que estamos a vivir, no noso cole prendemos candeas pola PAZ. Candeas que alumeen o camiño cara ao respecto, igualdade e comprensión. |
Xogando ao atletismo. |
O 10 de febreiro participamos na proba comarcal de Xogando ao atletismo que organizou a agrupación deportiva As Brurgas dentro do programa Xogade. O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria dun total de oito colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, triple salto, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade. A maioría do alumnado era a primeira vez que participaba nunha proba deportiva destas características, polo que estiveron moi emocionados ao longo de toda a xornada. O mellor momento de alegría foi cando recibiron unha medalla de ouro polo esforzo e compañeirismo mostrado nas diferentes probas. Estamos desexando ser invitados para participar na xornada provincial que se celebrará nos próximos meses.
|
Desfile do venres de Entroido |
Esta ano, o venres de Entroido, participamos no desfile que organizou o Concello de Ourense polas rúas do centro da cidade. O alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria disfrazouse de Arco da vella e o profesorado de nubes. O alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria ía disfrazado de curuxas e o profesorado de árbores. Por último, os máis maiores do coles, 5º e 6º de Ed. Primaria foron disfrazados de nativos do Amazonas. Baixo a dirección da nosa xefa de tribu, desfilamos ao son de Carnaval de Maluma representando a coreografía traballada ao longo de toda a semana no tempo de lecer e que non deixou indiferente a ningunha das miradas do público asistente ao desfile. |
Mi maestra | |
Semana da ciencia: Aula de apoio |
Ao longo da semana da ciencia na aula de apoio realizamos diversos experimentos: Con este sinxelo experimento conseguimos romper a tensión superficial. Que é a tensión superficial? É unha propiedade da auga que fai que as moléculas da superficie se xunten para formar unha "pel" que axuda a que determinados obxectos floten sobre ela. |
Exposición na biblioteca no mes do Día do libro | |
A árbore das lecturas favoritas |
Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante este curso na hora de ler e no club de lectura e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas. A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »