Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Sandra e Meirol en Xistralia |
O 13 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron no Auditorio Municipal a representación musical "Sandra e Meirol en Xistralia", de Gaiteiros da Xistra. Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompaña a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e obstáculos. Ambos xogan cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos. Descubriron un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns. Cantaron e bailaron ao son das muiñeiras, xotas e pasodobres, e ata a propia Sandra estivo a piques de ser raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas. Sandra e Meirol fixeron que todo o público participara das súas aventuras por medio das cancións e do baile. Galería de imaxes |
Obradoiro para o xoves de comadres. |
O xoves 16 de febreiro, celébrase o Xoves de Compadres o que nos sitúa ás portas do Entroido. No noso colexio, os rapaces de 1º e 2º de Ed. Primaria están a elaborar os bonecos cos que protagonizan a tradicional loita de sexos. Pezas elaboradas con páxinas de xornais, papeis de cores e distintos complementos baixo a dirección de Sabela e o seu equipo contando coa colaboración do Concello de Ourense.
En Ourense sucédense os preparativos para a festividade do Entroido. Desta volta son os colexios os protagonistas. Os obradoiros que organiza o Concello para os xoves de Compadres e o de Comadres dan boa mostra da imaxinación dos máis pequenos. Os rapaces xa van preparándose para os días grandes do Carnaval.
Só precisan papel de xornal, outros de cores e, por suposto, imaxinación.
Agora só hai que agardar a que cheguen as carreiras e toda a diversión do Entroido. Nós, asistiremos, o xoves 23 de febreiro, ao "xoves de comadres" que se celebrará na Praza maior de Ourense organizado e dirixido por Sabela e o seu fabuloso equipo de traballo.
Na seguinte galería podedes obserbar o desenvolvemento do obradoiro realizado no noso centro.
A TVG filmou no noso centro o proceso de elaboración das comadres e compadres e publicouno nas novas do día 14 de febreiro.
Preme na imaxe para ver a nova na TVG
|
VIII xornadas de bibliotecas escolares |
O equipo de biblioteca do noso centro participou nas VIII xornadas de bibliotecas escolares que se desenvolveron no Pazo de Congresos de Santiagp de Compostela cunha ponencia titulada: "Aumentando a realidade, diminuíndo diferenzas"
|
Día da Paz 2018 |
O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:
|
Homenaxe a Pura Vázquez |
O 22 de maio participamos na homenaxe a escritora ourensán Pura Vázquez que se celebrou na Ínsua dos poetas de Madarnás en Carballiño. Luís Tosar foi o encargado de presentar ás autoridades alí presentes, entre as que destacaban o Secretario Xeral de Política lingüística, o Presidente da Deputación, o Alcalde do Carballiño, a Xefa Territorial da Consellería de Educación... entre outros. Da presentación das actividades do alumnado encargáronse dúas alumnas do noso centro. O acto deu comezo coa presentación das autoridades, na que todos eles fixeron mención á vida e obra da mestra Pura Vázquez. O noso centro foi o encargado da presentación do acto. Durante as semanas previas á homenaxe, pescudamos información en internet e nos fondos da nosa biblioteca para elaborar un pequeno resumo sobre a súa vida e obra. Dito resumo foi co que explicamos aos presentes no acto a súa vida e obra. O alumnado participante, dos sete colexios da provincia de Ourense alí presentes, realizaron as seguintes actividades:
|
O mundo da enerxía |
O 29 de outubro contamos co presenza no noso centro dunha aula móbil da Fundación Repsol para impartir varios obradoiros sobre a enerxía, a todo o alumnado do centro, dentro do programa "O mundo da enerxía". A través de actividades interactivas, conducidas por unha educadora especializada na temática, reflexionamos e aprendemos sobre el mundo da energía:
|
Xornadas de robótica |
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica. Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa. Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave. A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron. Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo. |
Producións materiais da biblioteca no curso 2018/2019 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=48 Ligazóns a traballos elaborados na rede. Drupal.
Moodle. Actualizamos os recursos TIC para lingua e matemáticas:
Asemade actualizamos os xa existentes de:
Blogs do cole Google drive/docs. Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.
Presentacións en Genially Canal Youtube. Google maps: Exelearning:
Audios co programa Audacity:
Maquetacións: Vídeo
Actualizamos os repositorios de recursos educativos: |
Lámpada e corazón |
«Lámpada e Corazón» é o primeiro conto de valoReSC innovation da colección de «Contos singulares pola Igualdade e para a Ruptura de Estereotipos de Xénero», que se establece na infancia dos nenos e nenas e na adolescencia poden xenerar certo tipo de conductas dañinas para o individuo e a súa relación cos demáis. Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, así coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que se constrúen na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que se observan en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas. Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola «Organización Mundial de la Salud» e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos). Dende valoReSC innovation nace o proxecto subvencionado polo Concello de Ourense (Concellería de Igualdade), para traballar nos centros escolares e de ocio para a ampliar as miras dos nenos e nenas en relación os roles de xénero. Mediante a intervención social a comunidade educativa, nais e pais poden traballar co material da colección a través de actividades lúdico educativas, sendo «Lámpada e Corazón» o primeiro conto ourensán para a igualdade, escrito por Josefina Martínez e ilustrado por Isabell Seidel e promovido por valoReSC innovation, que ten por obxectivo fomentar a reflexión e o diálogo para romper estereotipos e traballar no ámbito da igualdade de xénero. O conto acompáñase coas chapas da colección para os nenos e nenas que amosan mensaxes e imaxes que rompen estereotipos e roles de xénero, para que a nosa infancia sexa a mellor mensaxeira dos valores da igualdade. Que non che conten contos… a diversidade e os roles non son cousa de xénero! |
Teatrillo de monicreques: U-la Lúa? |
O 28 de xaneiro realizamos na nova aula de psicomotricidade do centro dúas sesións de teatriño de monicreques no que participou todo o alumnado do colexio. U-la Lúa? é dunha proposta escénica, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. |
Formación de usuarios na biblioteca |
Presentación da organización da nosa biblioteca Xogo en scratch |
A frauta máxica |
O 5 de marzo asistimos ao auditorio municipal á presenciar a ópera infantil "A frauta máxica" grazas á Concellería de educación que fixo posible a nosa asistencia de forma totalmente gratuíta. |
Hora de ler en 6º de Ed. Primaria |
A configuración da hora de ler foi deseñada os martes e mércores por Dna. Tatiana Mª Fernández Abuín (Audición e Linguaxe)e os luns , xoves e venres por D. José Antonio Regal Vázquez ( titor de 6º curso). Coma no curso anterior , mantivemos durante a hora de ler varios tipos de lectura ( en voz alta, silenciosa, individual e en grupos) e concretamos os resultados de tales lecturas nos dous CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA celebrados en base aos libros lidos. Os títulos traballados no presente curso foron:
No presente curso tamén se fixeron outro tipo de actividades, entre as que cabe salientar:
Lingua de signos Española (LSE) A LSE foi integrada nas diferentes actividades e datas conmemorativas realizadas no centro co dobre obxectivo de dar visibilidade e que sexa accesible tanto para as persoas que asistan como aquelas que visualicen a paxina do centro.
Lectura funcional: follas de pedido, billetes de tren, seguimento de instrucións para facer unha figura de Origami e elaboración da receita do brownie de chocolate co microondas do comedor na aula de audición e linguaxe. Padriños lectores: Achado e selección na biblioteca de contos para os alumnos de Educación infantil con temática de aceptación das diferenzas : “O año que é un porquiño” ; “Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores” ; “Elefante Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”. |
Día Internacinal contra a violencia de xénero |
Compilación de recursos para traballar na aula e conmemorar o Día Internaciional da Violencia de Xénero... RECURSOS EDUCATIVOS
CURTAS DE VÍDEO
CANCIÓNS Recursos compilados polo CPI Antonio Orza Recursos recollidos pola bilioteca do CEIP Bouza Brey de Ponteareas. |
Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos |
O curso escolar 2020/2021, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu traballo cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais sendo una das ferramentas fundamentais para mellorar o autoconcepto e a autoestima. dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro, co título “Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos”. O obxectivo xeral centrouse en que Que o alumnado sexa capaces de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais e como ferramenta para mellorar o autoconcepto e a autoestima. O traballo desenvolveuse a través dunha por semana, cunha duración de 50 minutos. A metodoloxía centrouse nunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado. As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes: 1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
Coidemos a nosa vida coidando o medioambiente | |
Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira |
O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable. A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense. Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller. O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas. |
A folla azul |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais. LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa. O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos. Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Actividades Antes da lectura
Despois da lectura
As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras. No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade: |
Mochilas viaxeiras |
No curso escolar 2021/2022 o alumnado de 5º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 5º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
2º mochila:
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni! |
Desde a área de lingua estranxeira, inglés, o noso proxecto inicial de aportación ao PDI de centro, era de inicio “ALOHA SUEIRO”. Como se pode comprobar lendo os apartados anteriores desta memoria, todos os proxectos de área así como a Hora de Ler, xiran arredor da diversidade medioambiental e os problemas e posibles solucións desde a humildade dun centro escolar. Por mor da inclusión das actividades citadas, o proxecto sobre Hawaii non quedou rematado, pero a continuidade o vindeiro curso está asegurada, ampliando os obxectivos. Desde a área de inglés, as actividades que xiraron arredor do proxecto do centro foron as seguintes:
|
ONCE SUEIRIÑ@S EN MADRID |
Despois do esforzo e traballo o curso pasado no proxecto “DE BASE A BASE Y LEO PORQUE ME TOCA”, e da ledicia da nova de sabernos gañadores do concurso nacional, chegou o momento de recibir os agasallos. O venres 7 de outubro recibimos os galardóns que nos correspondían por ser PREMIO NACIONAL na categoría A. O premio consistía en tres ordenadores, unha placa e diploma acreditativo. Os/as once Sueiriños/as non estiveron en Madrid físicamente, pero en todo momento acompañaron aos seus representantes no pensamento. A través das súas palabras coñeceron aos nosos campións e o seu traballo. Foi unha xornada emocionante e inesquecible, compartindo emocións cos outros compañeiros/as de Ceuta, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Santa Cruz de La Palma e Badajoz gañadores noutras categorías. Non podemos estar máis agradecidos aos nosos anfitrións, que nos acompañaron ese día no Instituto de Historia y Cultura Militar. Fixéronnos sentir o respecto polo traballo desenvolvido polos nosos alumnos/as, o agarimo no trato e a súa disposición a axudarnos no que precisemos. E a volta ao noso cole foi aínda máis emocionante, porque foi o momento de compartir cos verdadeiros protagonistas a experiencia vivida. Faltaba de xeito presencial un, que este curso xa non está no grupo, pero non queremos nen podemos esquecernos del, porque un cachiño do premio é seu. E tamén animamos aos tres novos/as do grupo a que se incorporen á nosa dinámica de traballo por proxectos que tantas alegrías nos leva dando nestes últimos dous cursos. NORABOA AOS NOSOS/AS CAMPIÓNS! LIGAZÓNS Á NOVA
|
Festa do Samaín 2022 |
O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:
A celebración na prensa local ENTREGA DE PREMIOS
Traballos premiados polo alumnado |
Hora de ler en 4º EP |
Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado nos meses de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
Agua e saneamento |
“POR UN MUNDO CON MELLOR PINTA , CON LEO TRABALLAMOS A AXENDA 2030 ” Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuou co coidado do medio ambiente e , polo tanto , traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. Sen embargo a temática neste curso para os alumnos de 3º curso centrouse no VALOR DA AUGA ( ODS 6. AGUA E SANEAMENTO ) para o noso planeta. Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todas las persoas. A garantía do subministro de agua en cantidade e en calidade suficientes é fundamental para el desenrolo da sociedade e para a loita contra a pobreza e as enfermidades en calquera parte do mundo. O carácter transversal da agua fai que sexa un recurso fundamental para o desenrolo sostible a nivel económico, social e ambiental. A agua é, polo tanto, unha realidade económica e un recurso imprescindible no mantemento dos ecosistemas, pero sobre todo é un dereito esencial para a vida e a dignidade dos seres humanos. O grupo de 3º de Educación Primaria centrouse en diversas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente, para elo utilizamos diversos materiais entre os que se encontraron os seguintes: Libros da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Número de sesións: Unha por quincena. Temporalización:
Metodoloxía: Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno fose capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado. Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea: O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolvemos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotoulles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida. Obxectivos xerais:
Obxectivos específicos:
Contidos:
|
Celebración do Día das bibliotecas escolares |
Nun emocionante acto que reuniu ao alumnado, profesorado e persoas afeccionadas á lectura, a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro celebrou con éxito o pasado 25 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares. Este día converteuse nun día inesquecible para fomentar a lectura e o amor polos libros entre os nenos e nenas do noso cole. A nosa biblioteca transformouse nun auténtico paraíso literario para celebrar este día tan especial. Os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria vestiron os traxes dos seus personaxes literarios favoritos, desde Harry Potter ata os protagonistas dos contos clásicos, dando vida ás historias que lles gustan. O ambiente estaba cheo de maxia e aventura, e a ilusión polos libros estaba no aire. As actividades comezaron a primeira hora da mañá cunha coa representación da obra titulada “Superleo e os personaxes máxicos” na que dunha forma lúdica e divertida ían inculcando nos nenos e nenas formación de usuarios. Ademais, a biblioteca ofreceu unha ampla selección de novos libros que pasaron a encher as Mochilas viaxeiras que o alumnado de todo o centro levará por quendas para ler nas súas casas. A xornada culminou cun concurso no que as persoas protagonistas da obra ían facendo preguntas ao público infantil sobre diversos aspectos do funcionamento da biblioteca. A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIPP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. Este evento deixou unha impresión duradeira no corazón e na mente dos alumnado, inspirándoos a continuar a súa viaxe literaria e explorar novos mundos a través dos libros. A biblioteca do CEIPP Manuel Sueiro segue a desempeñar un papel fundamental na educación dos nenos e nenas, e eventos como este subliñan a súa aposta polo fomento da lectura e a aprendizaxe permanente. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »