Pasea pola túa cidade!

O pasado 1 de xuño, os alumnos de Educación Infantil participaron na actividade "Pasea pola túa cidade", organizada pola Concellería de Educación de Ourense.

Ao longo dun percorrido de aproximadamente unha hora e media, os nenos e nenas, acompañados polos seus guías, exploraron varias zonas emblemáticas de Ourense. Entre os lugares visitados estiveron As Burgas, a Praza Maior e o exterior da Catedral.

Durante o paseo, os pequenos descubriron a historia da cidade a través de contos. 

Esta actividade ten como obxectivos principais:

  • Familiarizarse coa historia esencial da nosa cidade.
  • Valorar e respectar a importancia do patrimonio de Ourense.

Podedes ver o ben que o pasamos na galería de imaxes!