Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Mi nombre es Skywalker |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da Editorial SM/ Barco de Vapor. O libro foi traballado na última semana do mes de setembro e nas dúas primeiras do mes de outubro. O libro Mi nombre es Skywalker trata sobre un home que só pode ser visto polos nenos, Skywalker, pasa todos os días de pé na porta do supermercado pedindo axuda ou diñeiro á xente, xa que é moi pobre. Raquel, unha nena curiosa, descobre o seu secreto e comeza a falar con el. No fondo, é unha metáfora interesante subxace a este conto: a xente pobre aparece como invisible aos nosos ollos de adultos. Pero os nenos son máis sensibles e poden percibir o lado escuro da sociedade. Coa selección deste libro o obxectivo e ensinarlles a transitar un camiño de amizade e solidariedade convértese entón nunha boa idea. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Elaboración da guía de lectura.
Actividade 6: Elaboración do audiolibro.
Actividade 7: Concurso sobre o libro.
Actividade 8: Kahoot.
EN GALEGO: EN CASTELÁN: Actividade 9: Conclusión/valores Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores que se poden extraer da historia. RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
Día mundial sen tabaco |
O 31 de outubro o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Día galego sen tabaco”. O obradoiro estivo dirixido por María Eva Padrón Lloves, enfermeira do Centro de Saúde de Valle Inclán en Ourense. Neste obradoiro explicáronlle que O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións. A Asemblea Mundial da Saúde instituíu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención mundial cara á epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. A celebración deste día é unha oportunidade para destacar mensaxes concretas relacionadas co control do tabaco e fomentar a observancia do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco. O obradoiro contou con dinámicas de grupo no que obxectivo e concienciar ao alumnado do pernicioso que é o consumo de tabaco así como mellorar o autoconcepto e a autoestima do alumnado para saber dicir que non. |
Club de lectura de 3º de Ed. primaria |
Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso. Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:
|
Hora de ler en 4º EP |
Durante o curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras dona María Sol Ferreiro López e dona Cristina Martínez Martínez , centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado nos meses de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock. 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
|
Froita fresca nos recreos | |
Primeiro premio nacional do Exército de Terra 2023 |
O traballo realizado polo alumnado de cuarto de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 2023, baixo o título: "Mirando sin ver", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional. O premio consiste en 4500 euros, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro o próximo día 29 de xuño en Madrid. Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto. Ligazón á nova na web do Exército de Terra
|
Xeadas no mes de xaneiro |
Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é? Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies. Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas.
Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio. |
Temporal Fiel |
Nas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 recibimos a visita da borrasca Fiel. Aínda que sabemos que nevou nos arredores en Ourense cidade a neve non se deixou ver polo noso colexio. A medida que avanzou a semana si notamos unha baixada de temperatura e un aumento de días de choiva. O que si puidemos observar preto do noso colexio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro foi a subida do caudal do río Miño e Loña ao paso pola cidade de Ourense. Aí vos deixamos algunhas fotos onde se pode ver como se atopa o embalse de Velle e os asolagamentos da zona das piscina de Oira. |
Garvanciño, come saniño |
O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes. Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta. |
Horta escolar de 2º ciclo de educación primaria | |
Obradoiro de Saúde bocudental |
O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental, no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre. Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo. |
Recanto musical na biblioteca |
Desde a área de música traballaron a semana do libro por estacións. Para iso encargáronlle a Superleo que fixera una selección dos libros refereridas ás súas competencias. Educación Infantil. Quen é ese becho de Carmen Queralt e musicado por Paco Nogueiras. 1º ciclo. Extra de Paco Nogueiras coa canción “Superheroe/ina” 2º ciclo. Bricavai de Paco Nogueiras coa canción “Apertas que voan” 3º ciclo. Extra de Paco Nogueiras coa canción “Bici, bicicleta” |
Día do Libro 2023 |
Nesta entrada reflectimos as novas sobre as actividades realizadas para o Día do libro 2023 no noso centro.
|
Xogos populares 2023 |
O 17 de marzo de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 12:00 ata ás 14:00 horas. Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foron xogos de bailes e a porca. Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos. |
Desde o corazón da mazá |
Coincidindo coa semana da prensa realizamos o concurso sobre o libro de Xan Farias: “Desde o corazón da mazá”, co cal estivemos a traballar ao longo do mes de febreiro no Club de lectura de terceiro de EP. O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas. O autor obriga ao lector a montar as historias, a imaxinar moito que non está escrito. É case tan importante o que conta como o que non conta. Farias axuda a facer lectores intelixentes. Nesta ocasión, o resultado final do concurso estivo moi disutado, resultando gañador o equipo formado por Maia e Carlota. Moitos parabéns para todos e todas polo traballo desenvolvido!!
|
Observación focalizada |
Nesta fase do programa Observa_Acción e, despois dunha fonda reflexión, os mestres/as participantes no programa decidiron centrar a súa atención naqueles aspectos que consideran poden repercutir na mellora do proceso ensino-aprendizaxe dos nosos alumnos/as. En 4º E.Infantil observamos a transición nas actividades que teñen que ser moi curtas, máis en lingua estranxeira. En 1º E. Primaria, na área de ciencias naturais, o emprego da lingua galega para a creación de curtas sobre o medio mariño. En 6º E. Primaria, o emprego de linguaxe matemática en lingua castelá para a elaboración de materiais na área de plástica. Todas as observacións, experiencias inesquecibles. Continuaremos observando! |
A YELLOW SUBMARINE! |
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ... Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar. DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE! |
A pinga Sueiriña |
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna. Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible. En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA. O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón. QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA |
Día do bico |
O 13 de abril celébrase o Día Internacional do Bico e os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria traballamos sobre esta celebración. Para elo, partindo do conto ¿De qué color es un beso? cada un foi dicindo a cor da que cre que son os bicos: vermellos, verdes, de moitas cores, depende da persoa a que llo deamos... foron algunhas das ideas que saíron. A continuación lemos o conto nomeado anteriormente e despois da lectura fixemos un debate sobre como podemos dar bicos na actualidade debido á situación de COVID-19. Podemos bicarnos dicindo "quérote", lanzando bicos coa man ou virtuais, facendo xestos coas mans... Para finalizar a actividade, cada un coloreou o seu bico coa cor ou cores coa que o identifica e engadiu a súa forma de bicar na actualidade. |
Pasea pola túa cidade |
O día 19 de maio o alumnado de Ed. Infantil participou na actividade "Pasea pola túa cidade" que organizou a Concellería de Ed. de Ourense. Realizamos unha visita guiada polo monicreque Martiño ao casco vello da cidade que partíu dos xardíns das Burgas e continuou con visitas á Praza Maior e Concello para posteriormente visitar as tres entradas da Catedral, comezando pola praza do Trigo e rematando na praza de San Martiño. Antes de regresar para o cole, fixemos unha parada na zona de xogos do parque da Alameda, no que repuxemos forzas para voltar para casa. |
Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos |
O curso escolar 2020/2021, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu traballo cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais sendo una das ferramentas fundamentais para mellorar o autoconcepto e a autoestima. dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro, co título “Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos”. O obxectivo xeral centrouse en que Que o alumnado sexa capaces de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais e como ferramenta para mellorar o autoconcepto e a autoestima. O traballo desenvolveuse a través dunha por semana, cunha duración de 50 minutos. A metodoloxía centrouse nunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado. As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes: 1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
Kick out Loneliness |
Desde a área de inglés participaremos no PDI da área de E.F. desenvolvido en 6º E.P., que leva por título xeral: “Carton vermello á soidade”. O noso proxecto levará por título:”KICK OUT LONELINESS”. Incorporámonos, como dixemos, ao PDI da área de E.F., facendo un xogo de palabras co título: Usando o verbo KICK, tan nomeado no mundo do football, achegarémonos ás emocións que xera a loneliness, obxecto do proxecto ao que nos unimos. Valoraremos as emocións que o sentimento de pertenza a un clube de fútbol inglés xera entre os siareiros. Como ese sentimento de grupo da forma a un xeito de vida. Recursos: https://foundation.liverpoolfc.com/inclusion |
Last but not least |
No tempo no que o outono está a chegar, os nenos e nenas do cole achegámonos ao horto que coidamos ao longo do curso pasado no CIFP Portovello. Xa disfrutamos das nosas lettuce, carrots, onions and tomatoes no mes de xuño. (Das nosas andanzas xa tivestes información na web do centro o curso pasado). Pensamos que sería a nosa última colleita, pero ... SURPRISE, SURPRISE: Recollemos de novo tomatoes and cherries! E ben bos que están. Quen sabe se será esta a nosa derradeira e última colleita! |
A folla azul |
O alumnado de 6º curso de Ed. Primaria participou no Concurso de animación á lectura, actividade baseada na gamificación que nos axudou a comprobar os resultados finais de todo o traballado desde o club de lectura nos meses de decembro e xaneiro sobre o libro "A folla azul” de Andrea Maceiras. A súa lectura tiña como finalidade principal provocar no lector unha reflexión sobre o futuro da Amazonia, que no fondo sobre é o futuro de todas e todos, sen esquecer a relevancia do concepto da eco-diversidade que este ano estamos a traballar no PDI do noso centro. A folla azul conta a historia de Husu, unha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada e voluntariamente illada da sociedade. Un día, os membros da tribo vense afectados por unha estraña enfermidade que provén do mundo civilizado. Husu, a nena dos ollos de luz, sálvase grazas ás premonicións da súa avoa. Só ela pode conseguir a cura para a doenza dos seus irmáns e irmás que precisamente é a folla azul que dá título á historia. Deste modo, emprende un longo camiño cheo de aventuras no que toma conciencia do perigo que corre o seu fogar, a selva. Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Hasu, protagonista da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que os moderadores lles ían facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C Levaron como premio un exemplar do novo libro que traballaremos no Club de lectura, titulado: “Palabras de auga” de Marcos Calveiro. |
Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022) |
Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns. Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas. Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras. Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego. Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas. Recuperado do Seminario Galán |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »