Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Día de Rosalía |
Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web. Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.
|
||||||||||||||||||||
Xela Arias | |||||||||||||||||||||
Os xogos populares como modo de aprendizaxe |
Este ano como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”. A partir do tema elixido, achegámonos ao mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender. Os xogos elixidos neste curso foron:
|
||||||||||||||||||||
CLUB LECTURA. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: A señorita Bubble. Deus salve as raíñas. |
O Club de lectura de 6º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “A Señorita Bubble: Deus salve as raíñas” de Ledicia Costas da Editorial Xerais. O libro foi traballado na última semana do mes de setembro e nas dúas primeiras do mes de outubro. O libro “A Señorita Bubble: Deus salve as raíñas” trata de como a señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Actividade 1: Lectura Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua Actividade 4: Ilustración Actividade 5: Elaboración da guía de lectura. Actividade 7: Kahoot. ________________________________________ |
||||||||||||||||||||
We are dual pilgrims |
No camiño que percorremos xunto a Yayoi Kusama, demos uns pasos máis coñecendo o seu país e tradicións culturais que compartimos. E así convertémonos en dual pilgrims do St. James Way e do Kumano Kodo. Preparamos as nosas shells cos emblemas de cada un deles, a St. James Cross e o Yatagarasu, e as credenciais cos lugares de paso e os selos correpondentes. Con todo elo camiñamos un pequeniño tramo do St. James Way, visitamos o Museo das Peregrinacións onde tivemos unha visita contada do camiño e visitamos a sala na que o Kumano Kodo é o protagonista. Temos que agradecer a Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Galicia Japón que nos acompañase nesta visita, contándonos de primeira man curiosidades do Kumano Kodo e que nos agasallou cunha actividade na que fixemos “grullas”. Como bos pilgrims, entramos na catedral, saudamos ao apóstolo Santiago e rematamos a nosa peregrinaxe na praza do Obradoiro, compartindo espazo con outros pilgrims que neses intres chegaban ao remate do seu camiño. E na oficina do peregrino, situada na nosa biblioteca escolar, puxemos o último selo na nosa credencial que nos recoñece como dual pilgrims, ao xeito do Manuel Sueiro. |
||||||||||||||||||||
Ricardo Carvalho Calero (2020) |
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade. Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas... Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega. Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa. Faleceu en Compostela no ano 1990. Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras. (Recuperado de Seminario Galán) |
||||||||||||||||||||
Aprender a buscar con eficiencia |
Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica. Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.
|
||||||||||||||||||||
VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn |
A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”. Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso. Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!! |
||||||||||||||||||||
Os segredos dos franciscanos |
O 6 de marzo, na sede do Arquivo Histórico Provincial, o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria participou no obradoiro "Os segredos dos franciscanos". É unha actividade didáctica que xira arredor da exposición "O legado de Asís: franciscanos e pobres clarisas en Ourense". A través da experimentación e os xogos propostos polas dúas personaxes de ficción que guiaron a actividade (Xoana, lavandeira e frei Xan "Farrapeiro", o arquiveiro do convento). Grazas a eles, viaxamos ao longo do tempo a partir de vellos. documentos que nos invitan a coñecer diferentes aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado. |
||||||||||||||||||||
Formación no Terceiro Ciclo de EP | |||||||||||||||||||||
Lecturas de Nadal |
Durante o mes de decembro, no tempo destinado á Hora de ler, en 1º curso traballamos coas Lendas de Nadal que elaborou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Unha das lecturas que máis lles gustou ao alumnado foi a "Lenda da árbore de Nadal". Con ela elaboramos un libro con imaxes e a letra da historia que coloreamos nos mesmos para lerllo aos nosos familiares nas vacacións de Nadal. Asemade, coñecemos outras historias como a Lenda de Papá Noel e a Lenda do Apalpador. |
||||||||||||||||||||
BIBLIOTECA CREATIVA |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa con entusiasmo no programa "Biblioteca Creativa" |
||||||||||||||||||||
Hora de ler de 6º Ed. Primaria |
No curso escolar 2018/2019, a hora de ler, realizouse todos os días de 12.00 a 12.20 tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. Centrámonos na consecución dos seguintes obxectivos:
Actividades.
2º trimestre: lectura pautada en galego e castelán a través da selección de libros.
3º trimestre: lectura pautada en castelán a través da selección de artigos vinculados a cultura danesa. Para a realización desta actividade configurouse unha caza do tesouro que leva por título “Pescudando sobre Dinamarca” http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1232, así como una avaliación a través do programa Kahoot https://kahoot.it/ Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
||||||||||||||||||||
O fafarrún |
O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler" o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático". Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación. Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado... Imaxes en pdf para traballar o poema: |
||||||||||||||||||||
Axente Riciños |
Na semana da Paz, Iago López, o contacontos co que Ed. Xerais nos agasallou este ano, realizou unha sesión de contacontos para os máis cativos do cole na nosa biblioteca. O título do conto foi "Axente Riciños" Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno. O público infantil disfrutou con Martiño e as historias de Riciños. Esperamos que volva pronto á nosa bilioteca. |
||||||||||||||||||||
Formigas. Misión Rosalía. |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como terceiro libro “Formigas. Misión Rosalía” de Pere Tobaruela da editorial Xerais. O libro foi traballado nos meses febreiro e marzo do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL que son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. Despois da lectura do libro, o alumnado traballou a súa comprensión a través de diversos mapas nos que intentamos representar a historia e os diversos lugares polos que tiveron que atravesar as formigas. |
||||||||||||||||||||
Mandas dos mecos 2018 | |||||||||||||||||||||
Hora de ler en Ed. Infantil no curso 2021/2022 |
Neste curso 2021-2022 desfrutamos da lectura dun montón de contos con valores que traballamos con conciencia individual e de grupo, sobre todo as emocións e os sentimentos, en sesións de 20 minutos despois do recreo e dunha pequena relaxación. En moitas ocasións a lectura do conto necesitaba dúas ou tres sesións, contando coas actividades que as acompañaban.
Os obxectivos que pretendemos conseguir son os seguintes:
Para conseguilo realizamos diferentes actividades, entre as que destacamos:
|
||||||||||||||||||||
Festival de Nadal 2017 |
O mércores 20 de novembro relizamos o Festival de Nadal no Salón de Actos do IES As Lagoas. Este ano tivemos unha gran afluencia de familiares e amigos dos nosos estupedos artistas, os cales asistiron para presenciar, en directo, os fabulosos espectáculos que estiveron preparando ao longo deste trimestre. O programa de actuacións foi o seguinte: (Preme para ver os vídeos)
Agradecemos ao Equipo Directivo e ao persoal laboral do IES As Lagoas a colaboración mostrada, cara o noso centro, para que fose posible a realización desta actividade. |
||||||||||||||||||||
PDI. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. |
PDI 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. O Curso 2023/2024 o P.D.I. do CEIP Manuel Sueiro centraráse nos obxectivos do desenvolvemento sostible 2030. O grupo de 1º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) no 3º obxectivo na procura dunha vida sana e promover o benestar para todos e todas as idades. Resultouche interesante o que liches nos libros? |
||||||||||||||||||||
Sementando igualdade |
A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero. O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento. Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…” Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas. Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo. Botas lilas: un símbolo de esperanza Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades. Un manifesto pola igualdade O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas. Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole. Un xardín pola igualdade Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero. Unha mensaxe para o futuro A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamos sobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario. Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial! OUTRAS ACTIVIDADES NA SEMANA DO DÍA DA MULLER |
||||||||||||||||||||
Concurso de postais 2014 |
Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con mCotivos navideños. Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal. As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:
Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas: |
||||||||||||||||||||
Creamos co lixo |
O PDI deste curso nas áreas de Educación física e musical estivo centrado nunha das 4 R da reciclaxe, en concreto na de Reutilizar. Seguindo a línea do PDI do centro titulado "O Sueiriño a diversidade respeta. Traballemos xuntos a prol do planeta", quixemos ensinarlle o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria o sinxelo que é reutilizar material de refugallo para crear novas cousas. Neste caso creamos os nosos propios instrumentos musicais e os nosos xoguetes. Con esta unidade didáctica non solo aprenderon a importancia das 4 R, senón que utilizaron a súa imaxinación e a súa faceta máis creativa para facer dun anaco de lixo todo un pasatempo artístisco ou deportivo. |
||||||||||||||||||||
Primeiro premio nacional do concurso do Exército de Terra 2022 |
O traballo realizado polo alumnado de terceiro de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 20022, baixo o título: "De base a base e leo porque me toca", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional. O premio consiste en tres ordeadores portátiles, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro, nun lugar e data aínda por determinar, que posiblemente será en Madrid. Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto.
|
||||||||||||||||||||
Día do libro 2018 |
Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas. O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.
O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".
O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »