Na Hora de ler traballamos cunha metodoloxía participativa. Realizamos as seguintes actividades:
- Realizamos todos os días de 12:00 a 12:20 a Hora de ler dedicando este tempo á lectura como lecer
- Traballamos as normas da biblioteca e do uso do servizo de préstamo de libros.
- Cada semana, o alumnado ía a biblioteca escolar para a realización dos empréstitos. Una vez remata a lectura cumprimentan a súa ficha bibliográfica.
- Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao longo do curso, elixindo dous libros ,un en castelán, outro en galego , una revista e un caderno.
- Fixemos lecturas colectivas e individuais de varios contos entre os que destacamos o “Parruliño feo”.
- Realizamos comprensións lectoras sobre estas lecturas.
Consideramos que o tempo destinado á Hora de ler é imprescindible para fomentar e favorecer boas prácticas lectoras no noso alumando.