De vendima en Educación infantil

Unha experiencia "Pisada a pisada"

Estes días, os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole convertéronse en auténticos mestres e mestras da vendima! A actividade, pensada para achegar aos pequenos e pequenas ao mundo do viño e as tradicións galegas, foi todo un éxito... e chea de risas!

O venres comezou cunha degustación de uvas, na que os nenos e nenas descubriron cales eran as máis doces e as que facían as cariñas máis divertidas. Unha vez rematada a cata, chegou o momento estelar: a elaboración do viño. Os nosos pequenos e pequenas vendimadoras puxeron os pés en acción e, culeiro en pé, comezaron a pisar as uvas con moito entusiasmo (e tamén algunhas cóxegas!). Entre saltos e chapoteos, as uvas foron transformándose no zume que, con algo de paciencia, pronto se converterá no viño favorito do deus Baco.

Agora só nos queda esperar para ver o resultado final... quen sabe, igual estamos diante do viño máis "infantilmente" delicioso da historia!