O alumnado de 2º de E.P. seguimos disfrutando cos nosos contos favoritos.
Esta vez foi Maia a que elixiu o seu: Grazas. Historia dun rueiro de Rocío Bonilla; conta a historia sobre a convivencia e as relacións humanas. Unha historia sobre todos nós. Por mor dunha avaría inesperada, a vida do rueiro vai mudar totalmente. Grazas á curiosidade e á empatía, os veciños e veciñas van chegar lonxe, moi lonxe. E farano xuntos.
A partir do conto, ademais de desfrutar da súa lectura, traballamos a comprensión e a descrición dos seus personaxes (como son, como van vestidos, que é o que lles gusta facer…) e aproveitamos esa actividade para coñecernos nós e que nos coñezan un pouco mellor os nos@s compañeir@s.
O conto tamén tiña un xogo co que o pasamos moi ben.
Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión.
Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo.
Recomendamos a lectura dunha serie de libros, para conseguir pouco a pouco unha igualdade real e que o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller sexa unha data que temos en conta cada día.
Para conmemorar o Día internacional contra a Violencia de Xénero, as mestras María, Marta e Macu representaron un conto da sonada colección "A favor das nenas" de Adela Turín, titulado "Artur e Clementina" que consiste nunha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.
Unha posibilidade moi interesante que suscita a historia de Artur e Clementina é a formación da identidade, coñecéndonos e respectando como somos, para evitar adaptarnos a outra persoa ou a outra situación, anulando a nosa propia identidade e personalidade. Traballar co noso alumnado este conto e mostrarlles a infelicidade de Clementina por non facer o que quería, por verse obrigada a calar por medo a non dicir o que convén, a levar unha vida que a faga infeliz, vai permitirlle reflexionar sobre a necesidade humana de coñecerse e respectarse a un mesmo para logo poder buscar a outro que nos complemente e que nunca nos anule.
A partir do conto de Artur e Clementina fixemos un mural entre todo o alumnado do cole para afondar os cotidos do álbum ilustrado e fomentar e distinguir actitudes de respecto.
Ese día, ao entrar no cole, repartuise unha máscara de cor morado a cada membro da comunidade educativa reivindicando o 25 N como Día International contra a Violencia de Xénero.
Por último, resaltar que ao longo do mes de novembro realizamos unha exposición dos libros e contos que recomendamos ler nas casas coas nosas familias sobre a violencia de xénero.
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna.
Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible.
En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA.
O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón.
QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA
Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar no Club de lectura e na Hora de ler cos nosos contos favoritos.
O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico" de María Luisa Núñez. Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir.
Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil.
Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito.
Estamos desexando volver a repetir!!
O curso 2021/2022, o PDI do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a directriz marcada por bibliotecas escolares de Galicia coa temática “A Biblioteca escolar ten a palabra”. O grupo de 5º e 6º de Educación Primaria céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente, polo que van a realizar diversas accións que permitirán coñecer e mellorar o noso medio ambiente, para elo realizaremos as seguintes accións...
1º) Mes de novembro de 2021:
Aforro de auga: do mesmo xeito que, no caso da enerxía, debemos apagar a luz cando non se estea utilizando, tamén debemos procurar pechar a billa cando non o necesitamos, evitando así desperdiciar un dos nosos recursos máis prezados.
OBXECTIVO: Obxectivo 1: Reducir o consumo da auga entre un 1% con respecto ao consumo do ano anterior.
ACTUAR:
2º) Mes de decembro de 2021:
Aforramos enerxía. Obxectivo 2: Reducir o consumo eléctrico do centro 1%
CONCIENCIAR: A enerxía é imprescindible para manter o progreso e o nivel de vida alcanzado, polo que a humanidade actualmente ten unha gran dependencia enerxética.
ACTUAR:
3º) Mes de xaneiro de 2022:
Uso responsable no medio de transporte.
Obxectivos: Concienciar: Utiliza o transporte público.
Actuar:
4º) Mes de febreiro de 2022:
Reducir, reciclar e reutilizar.
OBXECTIVOS: Obxectivo 4: Reducir o consumo de papel nun 1%. CONCIENCIAR: As 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.
ACTUAR:
5º) Mes de marzo de 2022:
Plantamos árbores.
Obxectivo: Obxectivo 5: Plantar unha árbore todos os anos na semana da auga e da árbore.
Actuar:
6º) Mes de abril de 2022:
Creamos o noso horto escolar.
Obxectivos: Concienciar. Que é un horto ecolóxico? Todos pensamos que as froitas e verduras que se cultivan son totalmente saudables, pero en ocasións, cando compramos nun supermercado ou unha superficie comercial, non sabemos do todo como se sementaron e recollido estes alimentos, certo?
Actuar.
7º) Mes de maio de 2022:
Coidamos a flora e a fauna. A flora e a fauna son vitais para a subsistencia do planeta e do ser humano. Un ecosistema sen a presenza de árbores, daría lugar a unha escasa concentración de osíxeno, necesario para que todo ser vivo desenvólvase. Do mesmo xeito que a falta de animais rompería a cadea alimenticia. Necesitamos ecosistemas equilibrados para que prosperen as especies e plantas con biodiversidade.
Actuar.
8º) Mes de xuño de 2022:
Consumo responsable. Consiste en comprar un produto ou contratar un servizo que proveña de fontes onde os recursos actuais e futuros estean apoiados por unha cadea de valor onde o comercio xusto destaque.
Actuar.