Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Unidades didácticas Samaín |
Materiais educativos que nos servirán para traballar nas aulas cos cativos.
Outras actividades educativas:
|
Entroido en Galiza |
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais. |
Ideas para decorar en Samaín |
Ideas para decorar e ambientar o colexio:
|
Recursos para celebrar o Samaín |
Neste libro iremos reflictindo todos aqueles recursos educativos que nos son de utilidade para a celebración da festa do Samaín. |
Ruliña |
O alumnado de 3º de Ed. Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense, coa colaboración das pandereiteiras de 6º, Estela e María, interpretaron a canción "Ruliña" con letra e música de Ana Sánchez-Brunete. Esta canción será presentada ao " II concurso nusical infantil "Quero cantar" que convocou a Deputación provincial da Coruña coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega, e a creatividade poética e musical. |
Recursos para celebrar o magosto | |
Día da árbore |
Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro. Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía". O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra". GALERÍA DE IMAXES
|
Día de Rosalía |
Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web. Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.
|
Música e cancións para Samaín |
Ideas musicais que nos poden ser de utilidade:
|
Apertas que voan. 2018 |
Xa falta pouco para o Día da Paz. Ao longo destes días imos preparar esta canción de Paco Nogueiras. APERTAS QUE VOAN Mans brancas e cara negra Paco Nogueiras
RECURSOS |
Día do libro 2017 |
Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:
Galería de imaxes
Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.
|
Recomendacións lectoras para o Nadal | |
Actividades interactivas para Samaín |
Ligazóns a actividades interactivas relacionadas coa festa do Samaín: GENIALLY
VARIOS
|
Día da Paz 2019 |
Ao longo da semana da Paz, realizamos durante a Hora de ler diversas actividades para conmemorar dita data.
|
Lendas | |
Recursos para o Día da Paz | |
Irma Ruth del Ángel |
Nace en San Luis Potosí, México o 26 de abril de 1966. Ten unha ampla formación Académica: Licenciada en Español e en Economía. Especializada en Avaliación de Proxectos de Inversión, Turísticos e Gobernamentais. Especialización en Orientación Educativa. Mestría en Educación, campo: Formación de Docentes e Práctica profesional. Mestría en Economía Social, Mestría en Criminalística. Doutora en Literatura e Linguaxe. Catedrática de diferentes universidades e institucións de Educación Superior. Articulista en diferentes revistas e xornais nacionais. Fundadora e Presidenta da Asociación LIBRE SAN LUIS. Impartiu conferencias en diferentes institucións educativas a nivel Local, Nacional e Internacional. Entre os países destacan: España, Italia, Francia y Suíza. Participante en diferentes encontros nacionais e internacionais de escritores. Representante Legal da Colección Haberes e Saberes. Edicións educativas da Universidade Pedagóxica Nacional, Unidade 241. Foi galardonada no ano 2010 coa estatuiña “La Orensana”, recoñecemento outorgado á súa obra poética pola cidade Ourense. Creadora do proxecto social: ‘Rehabilitándonos en el contexto’ desde 1982 á actualidade en rehabilitación a xóvenes que son adictos. Presidenta do Consello Consultivo e Social do Instituto das Mulleres do Estado de San Luis Potosí período 2009-2012. Así mesmo, é fundadora e presidenta da Asociación Libre San Luis. Contacontos rexistrada no Centro das Artes Centenario de San Luis Potosí. LIBROS PUBLICADOS:
RECURSOS |
Recursos para o entroido | |
Leanne Rivera |
Leanne Rivera naceu en Cuba, na provincia de Santiago de Cuba, no ano 1979. De profesión é estilista, pero a súa paixón é escribir poesía. De nena, xa lle gustaba escribir relatos curtos, poemas e frases. Na actualidade, procura escribir todos os días, aínda que só sexa unha liña e procura anotar todo o que lle pasa pola cabeza, letras que se xuntan, liñas que van crecendo e que se fan poesía dando acougo á súa alma. Ao longo da súa vida, ten participado en numerosos recitais de poesía. Ten unha páxina web, co nome de Lúa Negra, onde se publican parte dos seus poemas. En Facebook pódese seguir na seguinte ligazón...
RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA |
Día da árbore |
Na primeira semana da Primavera celebramos a semana da Árbore e da Auga. Con este motivo saímos a plantar un bidueiro que nos mandaron ao colexio desde a Deputación Provincial. Estas árbores precisan moita auga para medrar, polo que as plantamos no patio do noso colexio e a regaremos a miudo. Ao longo deste mes traballamos na clase o libro que nos achegou a Deputación titulado “A Dama da auga e o segredo das árbores”. Asemade, o Día da árbore, todo o alumnado recitou poemas sobre árbores e natureza para celebrar o Día da poesía.
|
Día do libro 2018 |
Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas. O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.
O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".
O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas. |
Herbas e plantas medicinais |
Neste curso no PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia. Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:
Caderno de "Herbas e plantas medicinais" |
Día Mundial do Libro 2016 |
Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes. O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:
Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.
|
Xogando ás olas coas Pitas de Eiroás |
O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar. Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade. No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo. Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos... |
A bruxa Catuxa visita o CEIP de Vistahermosa |
O 10 de decembro, a nosa querida Bruxa Catuxa visitou a fantástica biblioteca dos nosos amigos e veciños do CEIP Vistahermosa para contarlle as terroríficas historias de medo e suspense coas que nos asustou a nós na pasada festa do Samaín & Halloween. A Catuxa pasouno fenomenal, na impresionante gruta que lle prepararon en Vistahermosa, aínda que como xa vai un pouco entrada en anos, ao rematar a sesión, acabou un pouco esgotada, iso si, saíu encantada co trato e atención que lle dispensaron os nenos e nenas no decurso das súas historias. A malvada bruxa representou tres divertidos contacontos na "Cova da Catuxa" para todo o alumnado do centro que se animou a entrar nela. As lecturas feitas pola Catuxa foron as seguintes: Precísase pantasma de Conan Doyle, Room on the Broom Julia Donaldson e A bruxa Brunilda de Valerie Thomas. Preguntas, baile, viaxes en vasoira... fixeron as delicias dos cativos ao lonxo de toda a actividade. Esta actividade de colaboración entre estas dúas bibliotecas Plambeiras resultou ser todo un éxito... ...esperamos que se repita nun futuro! Para ver a galería de imaxes premede na imaxe superior.
|