Contido popular
Título | Resumo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Kahoot sobre Antón Fraguas | |||||
Día da Paz 2019 |
Ao longo da semana da Paz, realizamos durante a Hora de ler diversas actividades para conmemorar dita data.
|
||||
Imaxina outra realidade |
O 18 de abril de 2018, estiveron con nós as CHARLAS TECNOLÓXICAS ICCKIDS 2018 "IMAXINA OUTRA REALIDADE" programa da Deputación de Ourense na que amosaron ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º as vantaxes da tecnoloxía e a importancia da robótica e a realidade virtual. Despois da explicación tocou gozar da experiencias das gafas de realidade virtual. Xa estamos agardando a que volvan con máis xogos e actividades. |
||||
Actividades de COGAMI |
O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe. Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,… Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas. |
||||
O Segredo dos Franciscanos |
O 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, chegou a praza do Trigo, situada enfronte da Catedral de Ourense, para realizar a actividade que leva por título “O segredo dos franciscanos”. A actividade comenzou cunha visita inesperada, na que Xoana a lavandeira, contounos que estaba a punto de casar con Manolo, o carniceiro, o cal tiña a súa tenda na rúa Dos Fornos, pero precisaba arranxar co franciscano para casar. Ao pouco apareceu o franciscano Frei Xan o Farrapeiro o arquiveiro do convento dos Franciscanos. Frei Xan e Xoana conducíronnos a través das diferentes lugares da cidade na que tiveron influencia os franciscanos como son a Praza do Correxidor e a actual Praza da Estrela para rematar chegando ao actual arquivo histórico antigo convento franciscano. A ultima das actividades consistiu nunha busca do tesouro na que os capiteis e as columnas do claustro de San Francisco foron o eixo central. |
||||
Ecopercusión e sistemas dixitais |
O 16 de marzo visitou o noso centro o produtor musical Didier para realizar un obradoiro musical, no que o alumnado de 6 de Ed. Primaria, experimentou como realizar mesturas musicais con diversas ferramentas tecnolóxicas. A través dunha app e un panel de control foron que de crear uns ritmos moi pegadizos! Os nenos e nenas do Manuel Sueiro sentíronse auténticos Djs por un intre. |
||||
Semana da ciencia: Aula de apoio |
Ao longo da semana da ciencia na aula de apoio realizamos diversos experimentos: Con este sinxelo experimento conseguimos romper a tensión superficial. Que é a tensión superficial? É unha propiedade da auga que fai que as moléculas da superficie se xunten para formar unha "pel" que axuda a que determinados obxectos floten sobre ela. |
||||
Cantarola dos nenos |
Ao longo das semanas previas ao Día da Paz todas as aulas do centro traballaron co poema de Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos".
Cada clase ilustrou unha estrofa do poema. Ao rematar os traballos elaboramos un libro ilustrado do poema que pasou a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
O Día da Paz recitamos, na entrada do centro, o poema .
GALERÍA DE IMÁXES
|
||||
Grúas pola Paz |
O simbolismo da grúa.
A grúa, unha ave venerada en todo Xapón. A aura de espiritualidade que rodea á figura da grúa é famosa no Oriente. Esta estilizada ave resalta pola súa elegancia e por estar cargada dunha serie de boas connotaciones que a fixeron ser parte integral da cultura nipona. A grúa xaponesa, é unha singular ave zancuda de máis dun metro de alto, agudo pico, longo pescozo, cabeza cun tinte vermello, extensas ás e propietaria dun fermoso plumaxe branco e negro que a destaca fronte aos seus outras irmás plumíferas. Os seus movementos elegantes, a súa axilidade e a súa forte reacción ante o perigo, foron inspiración durante centos de anos para os seguidores das artes marciais e artistas da pintura, literatura e poesía. Unha das primeiras características que os filósofos orientais exaltaron nesta fermosa ave é a lonxevidade. Algúns estudos falan dunha idade promedio de 40 anos, o cal para unha ave é un rango bastante considerable. No antigo Xapón, o feito de vela regresar cada ano trala súa migración fixo crer que podía chegar a vivir ata 1.000 anos. En textos da antiga Chinesa aparece relacionada aos sabios máis anciáns, a quen acompañaba de cerca na procura do seu longo camiño espiritual. Distribuída na illa de Hokkaido, ao norte de Xapón, a grúa ademais é famosa pola súa fiereza ao momento de defender o seu niño ante posibles atacantes como os corvos e as aguias. Grazas a esta calidade a xente considéraa un animal A Grúa o paxaro de Apolo É a grúa unha ave que se asocia coa vida e a lealtade cara ao seu compañeiro, fermosa á vista humana e de gran fortaleza. A gran importancia que adquiriu esta ave para os xaponeses permitiulles crer que si unha persoa logra facer ao redor de mil grullas, poderá cumprir o seu soño máis preciado. Deste xeito, a grua foise convertendo, ao longo de todo o Afastado Oriente, nun paxaro de bo augurio. Recoñecida hoxe con varios nomes, entre eles: “a ave da felicidade”, “a grúa celestial”, “a ave da paz”. Logo da Segunda Guerra Mundial, en Xapón, comezou a desenvolverse a técnica de origami e isto fixo que a grúa en papel convertésese nun símbolo de paz e esperanza. Poderiamos pensar na grúa como un símbolo de elegancia, sabedoría, paz e amor por toda a vida. De acordo ao exposto nalgunhas lendas, é a grúa o paxaro máis antigo da terra, captando sempre a atención humana pola súa beleza e gran intelixencia.
|
||||
Pupas, sustos e outros disgustos |
O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente. A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade. |
||||
Horto escolar, colleita 2022 |
Despois do éxito do horto escolar do curso pasado realizado no CIFP Portovello en colaboración co seu profesorado e alumnado, este ano voltamos a realizar a nosa pequena plantación de produtos hortícolas no espazo que nos acondicionaron para dita actividade nas instalación do centro. Antes de ir ao horto, realizamos na aula a listaxe das plantas que iamos mercar no viveiro de Agrolimia e do material que precisabamos para realizar o traballo. Unha vez rematada a listaxe, dirixímonos ao viveiro do barrio para mercar ditos produtos. Entre todos e todas fomos recollendo as plantas coa colaboración dos responsables de Agrolonia que tan amablemente nos atenderon. Rematada a compra, calculamos nos o importe da factura e pagámoslle ao encargado a cantidade xusto que coincidiu exactamente co que puña na factura. A nosa sorpresa foi que nos fixeron rebaixa polo ben que nos portamos na tenda. Con ela mercaremos algunha vianda para degustar o próximo día que veñamos regar. A continuación dirixímonos ao Horto escolar do CIFP Portovello, situado no seu patio exterior, para realizar a nosa plantación:
En principio, temos programado ir regar ao noso horto unha vez á semana e de paso comprobar como evoluciona o crecemento das plantas. Xa só nos falta esperar a ter froitos para degustar na nosa aula. |
||||
Exposición Letras Galegas | |||||
Planeta verde, planeta azul |
Neste curso escolar 2021/2022, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado fose capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: "O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta! |
||||
Kahoot! final sobre Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia. |
Como actividade final do club de lectura de 3º curso participamos nun Kahoot! no que puxemos en valor todo o traballado ao longo deste trimestre no Club de lectura sobre a lectura do libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia. Foi unha boa maneira de despedir o curso. Pasámolo xenial!! Kahoot sobre o libro Kahoot sobre o autor do libro
|
||||
Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia. |
O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra. A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI. A experienncia foi moi enriquecedora. Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura. |
||||
Xeadas no mes de xaneiro |
Nestas primeiras semanas do mes de xaneiro de 2023 produciuse unha baixada de temperaturas que fixo que nas proximidades da cidade de Ourense nevase. Na cidade, pola súa banda, produciuse un fenómeno que fixo que cando chegamos ao colexio vemos como os cristais dos vehículos están cubertos de xeo. Pero que é? Este fenómeno é unha xeada. As xeadas son fenómenos meteorolóxicos que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao punto de conxelación da auga e fai que a auga e o vapor que se atopa no aire se conxelen depositándose en forma de xeo nas diferentes superficies. Unha vez preocupados polo fenómeno das xeadas descubrimos que existen diferentes xeadas.
Como é a primeira das moitas que veremos durante os meses de xaneiro e febreiro deixamos algunhas fotos para que vexades como se ven as xeadas preto do noso colexio. |
||||
Presentación do Club Xuventude Ourense FS |
Éxito total na Actividade "Coñece o teu Club": Emocionante presentación do Xuventude Ourense FS na nosa escola. O 23 de novembro o alumnado do noso colexio tivo o privilexio de mergullarse no fascinante mundo do deporte, grazas á actividade "Coñece o teu Club". O responsable do Xuventude Ourense FS, club local de fútbol sala, visitou as nosas instalacións para presentar as marabillas deste deporte dun xeito vibrante e entretido. A presentación, celebrada na aula de psicomotricidade do colexio, comezou cunha breve presentación sobre a historia do club e o seu impacto na comunidade local. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a historia do Xuventude Ourense FS, os seus logros máis salientables e a importancia do fútbol sala como deporte na comarca. O prato forte da xornada foi, sen dúbida, a interacción directa co alumnado. Tras a presentación inicial abriuse un espazo para que o alumnado puidese facer preguntas ao dirixente do club. A participación foi abrumadora, con multitude de preguntas que reflectían o interese e a curiosidade dos mozos polo mundo do fútbol sala e a vida dentro dun club. Entre as preguntas formuladas polo alumnado, destacaron as preocupacións pola rutina diaria dos xogadores, os momentos máis emocionantes da historia do club e as oportunidades de implicarse no deporte a nivel local. As respostas do director do club proporcionaron información valiosa e motivadora, que inspiraron a moitos estudantes a considerar unirse a un equipo de fútbol sala ou participar activamente en actividades deportivas. Ao remate da presentación, o alumnado amosou o seu agradecemento e entusiasmo, destacando o enriquecedora que resultou a experiencia. A actividade "Coñece o teu Club" conseguiu non só achegar aos mozos ao mundo do fútbol sala, senón tamén fomentar o deportividade e o sentido de comunidade no noso colexio. Agradecemos ao Club Xuventude Ourense FS a súa dedicación e entusiasmo por compartir a súa paixón polo fútbol sala cos nosos alumnos. Confiamos en que esta actividade deixou unha impresión duradeira nos nosos estudantes, inspirándoos a explorar novas oportunidades no apaixonante mundo do deporte. Agardamos futuras colaboracións e eventos que reforcen os lazos entre a nosa escola e a vibrante comunidade deportiva local! |
||||
Obradoiro de Compadres e Comadres |
Obradoiro de elaboración de Compadres e Comadres Co espírito de manter vivas as tradicións e fomentar o compañeirismo, organizamos un emocionante obradoiro de elaboración de compadres e comadres en preparación para o Xoves de Comadres e Compadres que se celebrará na Praza Maior de Ourense. O obradoiro, que tivo lugar na biblioteca do colexio, reuniu a nenos e nenas, profesores e persoal nun ambiente cheo de creatividade e camaradería. Con materiais coloridos e a guía experta dos monitores do Concello e das nosas mestras e mestres, os participantes mergulláronse na tarefa de confeccionar os típicos compadres e comadres, símbolos emblemáticos desta festa tan querida na nosa cidade. O alumnado, emocionado pola oportunidade de aprender máis sobre esta tradición local, mostraron grande entusiasmo e habilidade na creación dos seus propios compadres e comadres. Á medida que lles daban forma a estas figuras, tamén compartían historias e recordos asociados co Xoves de Comadres e Compadres de cursos pasados, fortalecendo así os lazos de amizade e comunidade no noso colexio. Este obradoiro non só foi unha ocasión para aprender e divertirse, senón tamén unha oportunidade para promover o orgullo polas nosas raíces culturais e tradicións locais. Os compadres e comadres elaborados durante esta actividade serán levados con orgullo polos nosos nenos e nenas para participar nas festividades do Xoves de Comadres e Compadres na Praza Maior de Ourense, onde serán parte dunha celebración chea de alegría, música e tradición. No CEIP Manuel Sueiro estamos comprometidos en preservar e celebrar as nosas costumes locais, e este taller de elaboración de compadres e comadres é só un exemplo máis da nosa dedicación a enriquecer a experiencia educativa dos nosos estudantes a través do coñecemento e o respecto polas nosas tradicións. ¡Esperamos ver a todos na Praza Maior para celebrar xuntos esta festa tan especial!
|
||||
Xela, a superheroína de aldea |
Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio! O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria. Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance. Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes. Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación! Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural. Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela! RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA
|
||||
DIVERSIDADE FUNCIONAL |
Hoxe 29 de abril de 2024 a asociación LIMISI realizou co alumnado de 5º e 6 curso do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro o obradoiro titulado “diversidade funcional” na que puideron traballar e experimentar a través de diferentes actividades as dificultades que teñen as persoas para realizar diversas accións e como, moitos deles, sufriron acoso escolar nos centros educativos. A segunda parte do obradoiro consistiu no traballo das emocións antes as diversas situacións que lles ensinaron a través de dúas curtas e un vídeo na que se poidan escoitar as experiencias negativas dos usuarios de LIMISI. Pero que é LIMISI? É unha asociación para a promoción de persoas con diversidade funcional, integrada por pais, nais, familiares, amigos e persoas con discapacidade intelectual que comeza a súa andaina en novembro do 2002. O fin prioritario é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc; mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade. |
||||
Conto musicado "A nena e o avó" |
O alumnado de educación primaria participa no conto musicado "A nena e o avó" no Conservatorio de Ourense. O pasado 28 de maio, o alumnado de educación primaria do noso centro tivo a oportunidade de asistir a unha enriquecedora actividade cultural no salón de actos do Conservatorio de Ourense organizada en colaboración co CFR de Ourense. Nesta ocasión, os nenos e nenas participaron no conto musicado "A nena e o avó", de Carmen Calleja, unha obra contada pola propia autora e interpretada maxistralmente polo coro xuvenil Cantiga de Ourense. A representación, que xa acadara un notable éxito nas xornadas de Ourencanto, volveu deleitar ao público coa súa emotiva combinación de música e narración. "A nena e o avó" é un conto que explora a relación especial entre unha nena e o seu avó, e como a través da música se forxan recordos e ensinanzas que perduran toda a vida. O coro xuvenil, coñecido polo seu talento e dedicación, logrou unha vez máis entusiasmar á audiencia coa súa interpretación. A música, coidadosamente seleccionada e executada, serviu como un vehículo perfecto para transmitir os sentimentos e as ensinanzas do conto, deixando unha impresión duradeira nos novos espectadores. Esta actividade non só brindou aos estudantes unha experiencia artística única, senón que tamén fomentou neles o amor pola música e a literatura. A integración destas disciplinas no ámbito educativo é fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, xa que lles permite explorar novas formas de expresión e comprensión do mundo que os rodea. O éxito desta xornada reafirma a importancia de seguir promovendo actividades culturais no currículo escolar, e agradecemos ao Conservatorio de Ourense, ao coro xuvenil Cantiga de Ourense e ao CFR de Ourense por facer posible esta marabillosa experiencia. Sen dúbida, eventos coma este contribúen a enriquecer a formación do noso alumnado, achegándoo ao mundo da arte e a música dun xeito lúdico e educativo. |
||||
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas do cómic |
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas da banda deseñada O alumnado de 1º e 2º do Mnuel Sueiro embarcáronse nunha emocionante viaxe ao mundo da banda deseñada, aprendendo a crear as súas propias historias a través de debuxos, globos de diálogo e onomatopeas. Nesta divertida actividade, os pequenos e pequenas artistas descubriron os elementos básicos do cómic, dende as viñetas que enmarcan cada escena ata os globos que dan voz aos seus personaxes. Aprenderon a diferenciar entre os diferentes tipos de globos, como os de diálogo para as conversas, os de pensamento para mostrar o que están a imaxinar, ou os de voz baixa para os susurros. Tamén practicaron a creación de onomatopeas, esas palabras que imitan sons como "boom", "crash" ou "miau", para dar máis vida ás súas historias. Para completar as súas obras de arte, o alumnado incorporou símbolos que transmiten emocións, como corazóns para o amor ou raios para o enfado, e liñas de movemento que indican a acción que está a ocorrer. O resultado final foi unha colección de cómics cheos de creatividade e imaxinación, onde cada viñeta conta unha pequena historia e cada personaxe ten algo que dicir. |
||||
Premio a un alumno do colexio |
O Concello de Ourense cada ano convoca un concurso de postais. Esta vez participaron os nenos e nenas de infantil. Quedou demostrado que temos uns artistas no noso colexio, pois unha vez máis o premiado saiu das nosas aulas. O 18 de decembro veu unha representación do Concello ao noso centro para facer entrega ao gañador do concurso cun estupendo premio. A postal gañadora foi creada polo neno de infantil de 3 anos:
Ademais do agasallo para el, a súa postal foi a que empregou o Concello para felicitar as festas de Nadal.
|
||||
Visita á biblioteca Pública provincial de Ourense |
O alumnado de Infantil goza dunha xornada na Biblioteca Pública de Ourense! O pasado 10 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole viviron unha experiencia inesquecíbel na Biblioteca Pública Provincial de Ourense. Co obxectivo de fomentar o amor pola lectura en tempo de lecer e familiarizalos co uso da biblioteca, o alumnado participou nunha completa xornada de formación de usuarios e animación á lectura. Durante a visita, os cativos descubriron que os libros poden adoptar diferentes formas e tamaños, desde os clásicos libros encadernados ata aqueles con texturas, despregables, con movemento ou mesmo con sons. Esta experiencia sensorial espertou a súa curiosidade e convidounos a explorar o mundo da lectura dunha maneira máis interactiva e divertida. A continuación, mergulláronse nunha máxica sesión de contacontos narrada cun kamishibai, un teatro de papel xaponés que utiliza láminas ilustradas para narrar historias. A narradora, coa súa voz expresiva e as imaxes cativadoras, transportou aos nenos e nenas a un mundo de fantasía e aventuras, espertando a súa imaxinación e fomentando a súa atención. Para rematar a xornada, gozaron dun tempo libre para explorar os fondos da biblioteca. Entre estantes cheos de libros, quebracabezas, … puideron elixir os seus favoritos e gozar da lectura nun ambiente tranquilo e acolledor. Esta xornada na Biblioteca Pública de Ourense foi unha experiencia enriquecedora para o alumnado de Educación Infantil, quen tivo a oportunidade de descubrir o pracer da lectura en tempo de lecer e familiarizarse cun espazo cultural tan importante como a biblioteca. Unha experiencia que sen dúbida repetiremos! |
||||
Horario curso |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »