Skip to Content

Idioma estranxeiro

A delicious ice cream!


Chega a calor e no Sueiro  abrimos unha Ice Cream Shop. Decidímonos polos ice cream cones. Podiamos elixir flavours, cantos scoops queriamos, se nos apetecían toppings, ...

Estaban a bo prezo, eso si, tivemos que pagar en pounds. Todo sexa por desfrutar dun bo ice cream.

Se vos animades, seredes benvidos/as na nosa Ice Cream Shop.

YUM! OUR ICE CREAMS ARE ABSOLUTELY DELICIOUS!

MERGÚLLATE NO OCÉANO MÁIS AZUL CO SUIERIÑO

Desde a área de lingua estranxeira en 4º E.P. e E.I., contribuímos ao PDI de centro adicado á Axenda 2030 por un desenvolvemento sostible traballando o obxectivo 14 “Vida submariña”, cun proxecto desenvolvido ao longo de todo o curso escolar, titulado “MERGÚLLATE NO OCÉANO MÁIS AZUL CO SUIERIÑO”, no que participaron nalgunha das actividades propostas os demais cursos da escola.

  • Coidando o noso mar
  • A yellow submarine
  • Unha maleta mariñeira

Unha maleta mariñeira


Ás veces, chegan mensaxes misteriosas nunha botella, outras, como neste caso, chegan maletas cheas de libros sobre os nosos mares e océanos.

Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078

RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO!

As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares.

As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan.

DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES!

A Lazy Ladybird!


As nenas e nenos de E. Infantil seguiron as andanzas de Lucy, a very lazy ladybird sen gañas de voar. Pero todas elas e eles, despois de escoitar o conto, decidiron que xa era tempo de que a ladybird botara a voar.

Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto.

Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade.

FLY LADYBIRD FLY!

Premio rexional

Por terceiro ano consecutivo, o alumnado de 4º E. Primaria acadou o 1º PREMIO na súa "FASE REGIONAL" dos Premios Ejército 2023, obtendo así o pase á Fase Nacional da que resultaron gañadores o ano pasado.

No curso 2020-2021 gañaron por primeira vez a Fase Rexional e quedaron finalistas na Fase Nacional cun proxecto titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”, no que destacaron o traballo que mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla desenvolven na Antártida, coidando ese ecosistema tan fráxil.

No curso 2021-2022 acadaron o 1º premio na súa Fase Nacional co proxecto “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Nesa ocasión o proxecto poñía de relevo a importancia do persoal da Base Cid Campeador na escavación no xacemento de Atapuerca.

E despois de poñer o foco no medio ambiente e no noso pasado máis lonxano, este curso 2022-2023 decidimos valorar o traballo do persoal da Base Oroel San Bernardo en Jaca a prol da inclusión das persoas con discapacidade visual.

Este proxecto leva por título “MIRANDO SIN VER”. Por mor do anonimato exixido nas bases da convocatoria dos premios, non podemos engadir máis datos.

Despois do fallo do xurado nacional daremos conta de todo o noso traballo, resulte gañador ou non.

MOITA SORTE!

Na seguinte ligazón dáse conta do fallo do xurado na Fase Regional:

https://ejercito.defensa.gob.es/unidades/Coruna/mando_apoyo_maniobra/Not...

Spring is here!

A primavera chegou aos corredores dos/as máis peques da escola. Tulips, daisies e unha gran variedade de flowers dan cor á estación do ano máis florida.

Non hai mellor forma de comezar o día que camiñar cada mañá cara ás súas aulas por gardens cheos de flowers.

Seguimos moi de preto as andainas do noso cherry tree. Plantámolo o curso pasado e, neste, escribimos o seu nome en galego, castelán e inglés. Pero tamén en neerlandés, fogar de Tobias, que nos axudou o curso pasado, e en xaponés, onde miles de cerdeiras florecen cada ano.

E como Xapón está nos nosos corazóns desde o curso 2018-2019 cando nos visitou Megumi Shiozawa, tamén lle damos visibilidade á nosa lavender plantada por mor da visita da persoa anteriormente nomeada e que en spring loce máis fermosa que nunca.

QUEDAMOS Á ESPERA DAS PRIMEIRAS CEREIXAS!

A YELLOW SUBMARINE!


Todos e todas nós aportamos o noso gran de area no coidado e aproveitamento sostible dos nosos mares e océanos. Por eso, os/as peques de E. Infantil, quixeron colaborar no proxecto do centro “MERGÚLLATE NO OCÉANO MÁIS AZUL”, do xeito que máis lles gusta, a ritmo dos Beatles.

A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ...

Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar.

DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE!

Observación holística

O título non é moi común, pero se explicamos que é unha das fases do programa OBSERVA_ACCIÓN do que demos conta noutra nova, todo clarexa.

Non é máis que observarnos uns aos outros e tratar de aprender, sen xulgar, da tarefa ensino-aprendizaxe. Nesta fase do proceso, un mestre observa a outra mestra no grupo de 4º E.Infantil; un mestre observa a outro na aula de 1º E.Primaria, e por último, a mestra  observa ao mestre de 6º E.Primaria: Niveis diferentes nas linguas do centro, galego, castelán e inglés.

Vémonos na seguinte observación!

PEACE THROUGH ART AND CHOCOLATE!

Para conmemorar o día da paz e non violencia, os compañeiros/as de 6º E. Primaria decidiron facer de Jackson Pollock. Non pintaron un cadro abstracto, senón que coa técnica do “dripping”, deseñaron unha pomba da paz.

E por que usar pinturas tendo chocolate? Nunca unhas pombas da paz resultaron tan saborosas. Cada un deles/as fixo a súa, e compartimos algunhas máis cos demais compañeiros/as da escola.

Desfrutade das nosas pombas da paz e coñecede un pouco máis a Pollock, tamén nomeado como Jack the Dripper, que non “the Ripper”.

Love your eyes!

Desde o noso cole apoiamos e damos voz ás iniciativas promovidas pola IAPB, organismo internacional recoñecido como líder mundial na defensa da saúde dos ollos.

Como di o logo, a campaña anímanos a todos/as a amar os nosos ollos, a coidar a nosa visión e romper as barreiras que impiden brindar atención oftalmolóxica en todos os países do mundo.

Tamén coñecemos a figura de Louis Braille que ideou un sistema de puntos en releve para ler e escribir, coñecido tamén como cecografía.

Escribimos con ese método unha frase que deixa ás claras os prexuizos que, ás veces, temos sobre as persoas con discapacidade visual. Non temos a máquina para escribir braille, pero solucionámolo con imaxinación, un tradutor e boliñas de algodón.

A nosa frase é: MIRANDO SEN VER. Con este xogo de palabras deixamos ben clara a nosa intención de romper as barreiras daqueles que NON QUEREN VER.

Creamos unhas gafas do máis chulas coas que pretendemos cambiar a cor e a mirada de todos/as nós.

E temos un agasallo en forma de frase para rematar cun sorriso:

  • I OPENED TWO GIFTS THIS MORNING:
  • THEY WERE MY EYES!

Distribuir contido


by Dr. Radut