Skip to Content

Nós tamén creamos

Nós tamén creamos

Ravioli. Nós tamén creamos

Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.

Festa final de Ravioli

Como toda boa presentación dunha gran produción cinematográfica non puido faltar un pequeno ágape para agasallar aos principais protagonistas do traballo.

Foi un final de traballo moi divertido e pasámolo xenial comentando as nosas impresións sobre o traballo realizado.

Agora estamos agardando con expectación a presentación do noso traballo ao resto do alumnado o día final de curso.

Visionado da curta

Durante este mes de maio estivemos traballando arreo para rematar a edición da curta de Ravioli.

Foi un traballo inxente xa que cada vez que viamos a curta atopabamos algo para modificar. O máis complicado foi ter que adaptarnos aos cinco minutos máximos de duración da curta xa que a nosa ocupaba case un minuto máis do tempo permitido.

Ao final non nos quedou outra que eliminar varias escenas e moitas imaxes… aínda que pensamos que o resultado quedou bastante ben para ser a primeira vez que realizabamos unha curta desas características.

O último día do prazo para entrega da curta, realizamos unha proxección exclusiva para as persoas que participaron no proxecto que deixou abraiados a todas as persoas alí presentes.

É dicir, estamos moi contentos co resultado final do noso traballo.

Gravación da banda sonora da curta

Durante o mes de maio realizamos múltiples ensaios para preparar a gravación da canción principal da banda sonora da nosa curta que foi dirixida pola profe de música. Previamente foi elaborada a letra da canción con axuda do titor de 3º de Ed. primaria.

O resultado final podédelo observar no seguinte vídeo:

Dobraxe das voces da curta

Unha vez que temos realizada a gravación da maior parte das escenas da curta imos dar paso á dobraxe das diferentes voces que aparecen ao longo de toda a curta.

Todo o alumnado de 1º e 2 de Ed. Primaria participa nesta actividade.

A verdade é que a gravación estámola a realizar dunha forma un pouco rudimentaria, cun simple portátil e o programa Audacity, co que estamos a pór de manifesto que non é imprescindible ter unha sala de gravación para realizar un traballo escolar deste tipo.

De momento a banda sonora estanos quedando xenial!

Comezamos coa rodaxe da curta de Ravioli.

No mes de febreiro comezamos coa gravación das primeiras escenas da curta de Ravioli.

As primeiras en realizar foron aquelas nas que o mar e as ondas son os verdadeiros protagonistas.

Imos deixar para o final as escenas que teñen lugar en terra firme, onde a casa de Ravioli que estamos a construír, xogará un papel moi importante.

Creación de decorados e personaxes

Una vez que xa tivemos claro que Ravioli ía a ser o libro do que iamos a realizar a nosa curta e que co guión da mesma xa case rematado, comezamos a realizar os decorados das diferentes escenas e os personaxes e obxectos que aparecerán nas mesmas.

Pasámolo xenial traballando en equipo!

Realización do guión e Storyboard para a curta de Ravioli

Unha vez que xa decidido cal vai a ser o libro do conto do que imos realizar a curta, a responsable da elaboración do guión púxose mans á obra.

Unha vez realizado o guión, entre todos os membros do proxecto fomos elaborando o Storyboard de Ravioli. De momento o Stoyboard que temos elaborado podemos dicir que non é definitivo e de seguro que segundo comece a rodaxe da curta lle iremos introducindo as modificacións que vexamos oportunas.

 

Ravioli. Contacontos e obradoiro

De todos os contos facilitados polas persoas responsables do programa de Nós tamén creamos! decidimos escoller o libro en galego titulado Ravioli de David Hernández e publicado pola editorial OQO.

No mes de decembro, unha alumna do grupo fixo un contacontos para todas as persoas participantes sobre o libro de Ravioli.

Posteriormente, traballamos realizamos un obradoiro no qe traballamos sobre os distintos escenarios e personaxes que apareceron no contacontos.

Para rematar, cada un dos participantes ilustrou a escena que máis lle gustou do libro.

Comezando a crear curtas

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria continúa experimentando co cine de animación para chegar a realizar unha curta para o programa Nós tamén Creamos.

Nesta ocasión realizamos unhas pequenas curtas para ir pondo en práctica o que levamos aprendido.

Aínda nos queda moito por aprender, de momento imos paseniño.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut