Skip to Content

Blog de 1º Ciclo

Blog de 1º Ciclo

Día de Rosalía de Castro 2023

O alumnado de 1º de EP recitou o poema de Rosalía de Castro "Vamos bebendo" para conmemorar a data do seu 186 cumpleanos.

Para conmeorar esta data, todo o alumnado do centro participou na realización dun camisivai sobre a via e obra de Rosalía de Castro. Cada clase encargouse da realización dun par de láminas para representar.

Desfile de Entroido 2023

 O venres, 17 de febreiro, participamos no desfile de Entroido que organizamos polas rúas do centro de Ourense, xunto aos colexios do Mestre Vide e Curros Enríquez e contando coa colaboración do Concello de Ourense.

Cada colexio ía de unha temática diferente. A do noso estaba relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Coidemos o noso mar”.

O alumnado de 1º, 2º e 6º de EP disfrazáronse de estreliñas de mar, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP ían de buzos e o alumnado de Infantil engalanouse con escamas de peixes de cores para crear tres bancos de peixes diferentes.

O desfile foi todo un éxito debido a gran participación das familias ao longo de todo percorrido.

Xoves de comadres 2023

O xoves, 16 de febreiro, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación. Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro.

Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre a semana máxica do Entroido en Ourense.

Pasámolo xenial, xa que moitos de nós conseguimos salvar a comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense.

Para o próximo ano volveremos!!!

Día da amizade

O 14 de febreiro celebramos o Día da amizade e do amor. Despois de pescudar quen sobre a vida de Valentino e a súa amada Xulia, o alumnado de primeiro recitou o poema de Gustavo Adolfo Bécquer titulado "Amor eterno".

Aquí vos deixamos o resultado...

Xoves de compadres 2023

O 9 de febreiro comezou a festa do Entroido o noso cole coa celebración do Xoves de compadres. Ese día tocou vir ao cole disfrazado con roupas masculinas.

Asemade, o alumnado de primeiro de Ed. Primaria participou na Festa de Compadres que tivo lugar na praza Maior de Ourense coa presenza de varios colexios da cidade. As nenas tratamos de defender e protexer aos nosos compadres, mentres os nenos perseguíannos para destrozalos.

A verdade é que non fomos quen de salvar a ningún compadre, pero pasámolo xenial e xa estamos desexando que chegue a Festa de Comadres, o próximo xoves.

 

 


 NOTICIA DA ACIVIDADE NA PRENSA


 

Caderno da mochila viaxeira do noso curso

Nesta presentación iremos reflictindo os nosos traballos sobre os libros que viaxan ás nosas casas na mochila viaxeira.

Obradoiro de compadres e comadres

O xoves 2 de febreiro de 2023, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou no obradoiro “Compadres e comadres” que se realizou na nosa biblioteca escolar coa colaboración do Concello de Ourense.

Con esta actividade damos comezo á celebración do Entroido no noso cole, que terá o seu colofón na semana do 13 ao 17 de febreiro.

O xoves de compadres, 9 de febreiro, e o xoves de comadres, 16 de febreiro, acudiremos á Praza Maior de Ourense para correr cos nosos compadres e as nosas comadres...

Benvido sexa o Entroido 2023!!

PEACE THROUGH ART AND CHOCOLATE!

Para conmemorar o día da paz e non violencia, os compañeiros/as de 6º E. Primaria decidiron facer de Jackson Pollock. Non pintaron un cadro abstracto, senón que coa técnica do “dripping”, deseñaron unha pomba da paz.

E por que usar pinturas tendo chocolate? Nunca unhas pombas da paz resultaron tan saborosas. Cada un deles/as fixo a súa, e compartimos algunhas máis cos demais compañeiros/as da escola.

Desfrutade das nosas pombas da paz e coñecede un pouco máis a Pollock, tamén nomeado como Jack the Dripper, que non “the Ripper”.

Comezando a crear curtas

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria continúa experimentando co cine de animación para chegar a realizar unha curta para o programa Nós tamén Creamos.

Nesta ocasión realizamos unhas pequenas curtas para ir pondo en práctica o que levamos aprendido.

Aínda nos queda moito por aprender, de momento imos paseniño.

 

 

Rigoberta Menchú Tum

Este ano para conmemorar o Día da Paz, o alumnado de 1º de EP, imos pescudar sobre a vida e obra do premio Nobel da Paz 1992 Rigoberta Menchú.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut