Nesta área desenvolvemos distitas actividades co apoio da auxiliar de conversa que tiñan por obxecto a realización final dunha clase en inglés onde o alumnado fixese de "Home/muller do tempo" dun telexornal:
Presentación dos iconos meteorolóxicos básicos
Presentación do tempo en Denver
Presentación sobre a metereoloxía que foi empregada co alumnado que está a participar no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta.
Ao longo do curso ralizamos gráficas cos datos obtidos nos ordenadores do aula de informática que nos serviron para analizar e comentar as temperaturas máximas e mínimas, a pluviosidade e realizar climogramas con doble entrada de datos: temperatura media e pluviosidade.
Xosé Fernando Filgueira Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra.
Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.
Texto do Seminario Galán de Arteixo
O 24 de abril participamos na XV edición do Rebumbio matemático que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes.
O equipo do noso centro estivo formado por 3 alumnos de 6º curso: Diego, Nuria e Christian. Fixérono fenomenal, e están expectantes á espera da resolución final dos gañadores desta fase zonal.
O 24 de abril tivemos na biblioteca una actividade moi interesante para todo o alumnado do centro: Contamos cun mestre apicultor que lles ensinou aos rapaces a diferenciar distintos tipos de abellas, como fan os panais, a mel,… a través dunha presentación e un vídeo de Disney para os mais cativos.
Trouxo unhas vitrinas, con cristais, nas que dentro estaban as abellas e os panais feitos por elas.
Tiveron que buscar a abella raíña. Tamén puideron comprobar a temperatura tocando os cristais, xa que a de enriba estaba mais quente ca de abaixo.
Asemade, observaron como a presenza de fume e auga producían cambios no seu hábitat e como as abellas reaccionaban antes estes cambios.
Por último, manipulamos co traxe de apicultor que é preciso poñer para a recolecta da mel e explicounos como o tiñamos que poñer correctamente para non sufrir ningún percance.
Foi unha experiencia que nunca olvidaremos!!