O 24 de abril participamos na XV edición do Rebumbio matemático que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes.
O equipo do noso centro estivo formado por 3 alumnos de 6º curso: Diego, Nuria e Christian. Fixérono fenomenal, e están expectantes á espera da resolución final dos gañadores desta fase zonal.