No presente curso escolar 2021/2022, a hora de ler, en 6º curso de Primaria, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.
A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez e por Dna. María Pilar Iglesias Gómez , centrándose nos seguintes obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.
Unha vez traballado o libro , os alumnos realizaron un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA, sobre os temas tratados no libro, que servirán de complemento ás actividades propostas en relación ao noso Proxecto Documental Integrado “ O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta”.
2º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.
O libro traballouse nos meses febreiro , marzo e nas dúas primeiras semanas de abril do curso escolar 2021/2022 e versa sobre distintas personalidades que traballaron a prol do noso planeta facendo , en forma de conto, unha pequena biografía de cada un deles .
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro traballouse neste 3º trimestre e relata unha viaxe ao interior do continente africano . da súa cultura e das duras condicións de vida ás que se ven sometidos os membros do clan Wataki da tribu dos Kimba.
Como remate ao traballo realizado organizamos un novo CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA sobre devandito libro e as actividades con el relacionadas.
O libro traballouse dentro da hora de ler e como complemento ás actividades relacionadas co noso PDI , sendo unha guía optimista para reducir, reciclar, reutilizar e renovar.