PDI 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. ACCIÓN POLO CLIMA.
“Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais”
O curso escolar 2023/2024, a aula de 3º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”. O PDI do alumnado de 3º de Educación Primaria leva por título “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais”.
Neste curso escolar a temática céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso planeta centrándonos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dentro da Axenda 2030. O grupo 3º de Educación Primaria traballou o ODS 13 Acción polo clima, centrados nun maior coñecemento e concienciación da situación de risco climático na que nos atopamos. Facendo ao alumnado máis consciente dos cambios no modelo actual de vida que temos que levar e cabo, e dos posibles efectos que pode ter no planeta toda a actividade provocada pola man da humanidade. Un maior coñecemento das situacións climáticas daralle ao alumnado unha visión máis ampla dos efectos do quecemento global, así como das consecuencias en outras especies, como por exemplo os animais e a biodiversidade que existe en diversos entornos.
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
• Aumenta a motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
• Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
• Maior compromiso mellorando o desempeño.
• Máis ideas.
• Máis creatividade e a aprendizaxe.
• Mellora a comunicación e reduce a tensión.
• Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Traballamos os seguintes OBXECTIVOS:
• Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
• Establecer obxectivos comúns.
• Crear sentido de pertenza.
• Involucrar ao alumnado na toma de decisións.
• Buscar o entendemento entre partes.
• Impulsar a comunicación.
• Aproveitar a diversidade.
• Celebrar os éxitos do grupo.
• Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida.
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados na afirmación “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”, sendo os seguintes:
Obxectivo xeral:
Ser capaz de coñecer e identificar os principais climas arredor do mundo, analizando as súas características por medio de climogramas. Ademais traballaremos os efectos que se están producindo neles debido ao cambio climático, así como as consecuencias na fauna mundial para conciencialos de que todos e todas xogamos un papel importante no cambio de modelo.
Obxectivos específicos:
1. Estudar e comprender os principais tipos de climas arredor do mundo mediante a análise de climogramas e outros datos climáticos.
2. Identificar os efectos do cambio climático nos diferentes tipos de clima e as súas consecuencias na fauna global.
3. Investigar como o cambio climático está a afectar especies e ecosistemas vulnerables en diferentes partes do mundo.
4. Promover a sensibilización sobre o papel crítico que cada un de nós xoga no cambio de modelo cara a unha relación máis sostible co medio ambiente.
5. Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
6. Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
7. Recoñecer a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.
8. Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
9. Integrar o coñecemento adquirido sobre climatoloxía e biodiversidade nun enfoque práctico, traballando cara solucións sustentables e respectuosas co medio ambiente.
Contidos:
1. Principais tipos de climas arredor do mundo.
2. Concepto de climograma e análise dos datos climáticos.
3. Impacto do cambio climático nos diferentes tipos de clima.
4. Efectos do cambio climático na fauna global.
5. Consecuencias do cambio climático para os ecosistemas vulnerables.
6. Especies específicas ameazadas polo cambio climático.
7. Estratexias de conservación para a protección da biodiversidade.
8. Rol individual na promoción dun modelo de relación sostible co medio ambiente.
9. Educación sobre a interdependencia entre humanos e medio ambiente.
10. Ética e responsabilidade ambiental.
11. Participación comunitaria na protección ambiental.
12. Solucións sustentables para a adaptación ao cambio climático.
13. O medio ambiente: coidado, sobrexplotación, biodiversidade...
14. Identifica os elementos da natureza e do planeta.
15. Describe o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
16. Realiza unha acción de coidado do medio ambiente que podamos compartir co resto da contorna educativa e comunitaria.
17. Identifica e recoñece a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.
18. Participa na defensa do medio ambiente.
Indicadores de logro ou desempeño.
Principais tipos de climas ao redor do mundo
• Identifica e describe os principais tipos de climas en diferentes rexións do mundo nun mapa.
• Compara e contrasta os factores determinantes dos principais tipos de clima.
Concepto de climograma e análise dos datos climáticos
• Interpreta climogramas para identificar patróns climáticos en diferentes rexións.
• Analiza datos climáticos históricos e identifica tendencias ao longo do tempo.
Impacto do cambio climático nos diferentes tipos de clima
• Describe como o clima está a cambiar en diferentes rexións e as súas implicacións nos ecosistemas e na sociedade.
• Relaciona eventos climáticos extremos coas mudanzas climáticas globais.
Efectos do cambio climático na fauna global
• Identifica especies afectadas polo quecemento global e a perda de hábitat.
• Describe os impactos das mudanzas climáticas na distribución xeográfica das especies.
Consecuencias do cambio climático para os ecosistemas vulnerables
• Identifica ecosistemas vulnerables e describe como están a ser afectados polas mudanzas climáticas.
• Propón estratexias para protexer ecosistemas ameazados.
Especies específicas ameazadas polo cambio climático
• Lista e describe especies en risco de extinción debido ás mudanzas climáticas.
• Propón medidas de conservación específicas para protexer estas especies.
Papel individual na promoción dun modelo de relación sostible co medio ambiente
• Desenvolve un plan persoal para reducir o impacto ambiental no día a día.
• Implementa accións sostibles e avalía o seu impacto.
Educación sobre a interdependencia entre humanos e medio ambiente
• Explica como as actividades humanas impactan nos ecosistemas locais e globais.
• Desenvolve materiais educativos para promover a concienciación ambiental.
Ética e responsabilidade ambiental
• Debate cuestións éticas relacionadas co uso dos recursos naturais.
• Propón medidas para promover unha cultura de responsabilidade ambiental.
Contribución ás competencias clave e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado contribuíu ao desenvolvemento do conxunto das competencias claves definidas no marco normativo, contribuíndo as seguintes: competencia en comunicación lingüística (CCL); competencia plurilingüe (CP); competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM); competencia dixital (CD); competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA); competencia cidadá (CC); competencia emprendedora (CE) e competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC). En especial destacar competencia persoal, social e de aprender a aprender xa que nos diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotándolles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.
Número de sesións: Dúas por semana.
Temporalización: Realizáronse 2 sesións de 50 minutos de cada unha das semanas do segundo e do terceiro trimestre.
Metodoloxía: Traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, integrando de maneira significativa o que os alumnos foron traballando e así construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Todos estes aprendizaxes terán como finalidade a creación dun lapbook onde se combinaran non só contidos senón tamén destrezas manuais, creatividade, soporte dixital axustándonos ás características e motivacións do alumnado e a súa contorna.
O PDI, “Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais” tivo diferentes fases.
No primeiro trimestre, sendo a miña compañeira “Iria Pérez Rodríguez” a que lles impartiu as materias da ciencias, ela encargouse de traballar a parte relacionada co tema dos animais e a súa clasificación. Contido necesario para a realización do noso traballo final.
No segundo trimestre, centrámonos no descubrimento progresivo da realidade climatolóxica desde unha perspectiva máis realista e achegada, movéndonos ata ter unha visión máis global do que está acontecer no mundo polo impacto humano na natureza.
Os pasos que seguimos para levar este descubrimento foron os seguintes:
1º Coñecemento e identificación dos fenómenos atmosféricos presente no día a día. Como sinalei previamente, debido a dificultade do alumnado na etapa de primaria de entender conceptos abstractos e afastados, como pode ser todo o referente ao clima, o primeiro paso era acercarnos a súa realidade como entender o que están vendo dende as fiestras das nosas aulas. Para elo realizamos actividades de diversa índole como
- Creación dunha maqueta onde o alumnado representou os diferentes tipos de nubes
- Experimentos que axudaron para a comprensión de conceptos como a choiva
- Ler libros onde nos axudaron a esclarecer as súas dúbidas relacionadas con esta temática como por exemplo:
Pregunta a Dra Peteiro
Libro sobre o tempo atmosférico.
2º Pasar do concreto ao abstracto, é dicir, do tempo ao clima. Para elo, traballamos as estacións meteorolóxicas e os seus instrumentos.
- O alumnado recolleu información dos datos do tempo durante un trimestre usando un calendario en A3 onde se analiza o tempo na cidade de Ourense día a día.
- E ademais o alumnado contou cuns mestres moi especiais, o alumnado de 6º de Primaria para coñecer a estación meteorolóxica en profundidade.
3º Grazas ao calendario, o alumnado entendeu dunha maneira práctica o proceso de tempo a clima. Isto permitiunos analizar sobre o clima de Ourense que estabamos tendo este ano e reflexionar se era o esperado ou non. O feito de reflexionar serviunos de introdución aos cambios que se producen debido ao cambio climático. Para elo, traballamos as características tradicionais das diferentes estacións dentro dun clima temperado como o noso, por medio de actividades diversas dende diferentes ámbitos como por exemplo:
- A creación das estacións a través de manualidades
- Traballar en música as 4 estacións de Vivaldi
4º Como o alumnado é diverso e procede de diferentes lugares como Cuba ou Ucraína, o obxectivo final do proxecto era analizar o cambio climático en diferentes países do mundo. Para elo, pasamos ao análise dos climas arredor do planeta e as características das súas paisaxes. Tema que nos serviu como punto de unión cos contidos dos animais dado no 1º trimestre. Fixéronse actividades como
- Análise de mapas
- Análise e creación dos seus propios climogramas
- Recreación de diferentes ecosistemas ca súa fauna correspondente xunto cunha exposición oral en inglés
5º No terceiro trimestre centrámonos na concienciación do alumnado de como todo o que estiveran traballando ata agora sobre os climas e as paisaxes estaba a desaparecer pola acción humana. O alumnado estivo inmerso en actividades como:
- A creación dunha maqueta onde se reflectiu o aumento de CO2 na atmosfera e a creación do chamado efecto invernadoiro
- Experimento para a comprensión das consecuencias do efecto invernadoiro.
- Durante a semana da prensa estivemos buscando noticias sobre o cambio climático
- Visionado de noticias de telexornais doutros países de fala hispana e fala inglesa para axudarlles a comprender a magnitude do problema.
- Lectura de libros como “Te necesitamos” onde os animais falan en primeira persoa e lles conta porque se están extinguindo e como os podemos axudar.
6º Creación do lapbook. Tras este longo proceso de investigación o alumnado tiña que por en práctica todo o aprendido ata hoxe para crear o proxecto. A palabra “crear” implicou ilusión por parte do alumnado. Máis aínda, para aquel alumnado estranxeiro que tivo a oportunidade de traer unhas pinceladas do seu país de orixe á aula. Para levar a cabo o lapbook foi necesario.
- Busca de información usando os soportes dixitais.
- Creación de carpetas, escolla de imaxes, traballar a mecanografía e outras habilidades asociadas ás novas tecnoloxías.
- Creatividade á hora de deseñar os seus propios lapbooks.
- Traballaron as artes plásticas: manualidades, seguindo os pasos para creas flipbooks ou os diferentes pregables, debuxo, recortar e demais habilidades tan importantes nestas idades para a súa psicomotricidade.
7º O libro “Te necesitamos” foi o paso para pasar ao seguinte paso que é a busca de solucións onde o alumnado recompilou que graniños de area podían aportar no seu día a día para mellorar a problemática do cambio climático. Para elo, o alumnado creou un mural onde se visionaba que accións favorecían o aumento do efecto invernadoiro e que alternativas tiñamos para frealo. O alumnado tamén contou coa visita de SOGAMA. Nesta visita explicáronlle os pormenores de todo o proceso relativo á reciclaxe. Puideron comprobar como se realiza este proceso e aclarar todas as dúbidas que tiñan ao respecto. E finalmente o alumnado creou e firmou un documento onde se comprometían a cambiar os seus hábitos a favor do planeta.
O alumnado de terceiro elaborou o proxecto final do seu PDI "Loitando contra os efectos do cambio climático nas especies animais" O proxecto consistía nun lapbook sobre un animal en perigo de extinción. O alumnado fixo un traballo de investigación sobre as características do animal, da sua contorna e as consecuencias que está tendo o cambio climático nel.
O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo no que buscamos espertar e realzar o gusto e o pracer por ler.
A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras Mª Dolores Nieto Merino e Iria Pérez Rodríguez, esta última só durante o primeiro trimestre, xunto a profesora de AL Natalia Castro Martínez, centrándonos nos seguintes obxectivos
Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
MOCHILAS VIAXEIRAS.
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 3º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada semana durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de sete días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola titora de terceiro curso de Educación Primaria, supervisado pola profesora de Al, Natalia Castro Martínez, que pertence ao equipo de biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
• Lingua Galega. Astropal. Un cometa con corazón. Hércules de Ediciones
• Lingua castelá. El libro que se sentía solo. Editorial Juventud.
• Papagaio. Nº 1. Arde o planeta
• Reportero DOC. Nº 290 ¿La bici es ecológica?
• Leo Leo. Nº 396 El centauro y el hada de las flores.
2º mochila:
• Lingua Galega. Baleas e Golfiños. Baía Edicións
• Lingua castelá. El espacio en 3D. Editorial San Pablo.
• Papacontos. O corvo e o papagaio
• Reportero DOC. Nº 291. El agua un recurso muy valioso.
Estas mochilas foron pasando por todo o alumnado, e polo tanto tívose que renovar con outros libros.
1º mochila
• Lingua Galega. A estrambótica volta ao mundo en oitenta días. Ed Bubulú
• Lingua castelá. Caleidoscopio animal. Libros del zorro rojo
• Papagaio. Nº 29. Un museo con cadros estraños
• Reportero DOC. Nº 273. Oso pardo y compañía
• Leo Leo. Nº 390 Un extraño compañero
2º mochila:
• Lingua Galega. Confundindo historias. Kalandraka
• Lingua castelá. Inventos y descubrimientos. Ed Susaeta.
• Papagaio. Nº 25. Agustina a pintora descoñecida.
• Reportero DOC. Nº 299 La aventura de la antigua Grecia
• Leo Leo.Nº 403. El más bello de los regalos
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
MOCHILAS VIAXEIRAS
No curso 2023/ 2024 o alumnado de 6º de E. P participou no programa “mochilas viaxeiras” que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia. Este ano empregáronse dúas mochilas que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso.
O material que había en cada unha das mochilas viaxeiras de 6º curso de Educación Primaria intentouse que fose o máis variado posible, polo que se incluíu: narrativa en castelán e galego, revistas de temas que lles preocupaban tamén nos dous idiomas, libros sobre preguntas que se fan os alumnos destas idades. Buscábase que respondese aos gustos e intereses do grupo clase polo que a escolla foi feita pola titora e supervisado polo persoal da biblioteca. :
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas…sobre o contido da mesma.
Como conclusión, cabe remarcar que as veces os nenos e nenas móstranse reticentes a levar a mochila pola responsabilidade que lles implica, mais cando a traen de volta a clase e comentan cos compañeiros e coa mestra sempre atopan algún libro que lles gustou ou que lles sorprendeu. Á vista os traballos que presentan!!
Quizais o seguinte paso podería ser incluírmos libros orientados ás familias e as súas posibles preocupacións educativas con respecto a etapa evolutiva na que se atopan os seus fillos. Atopar dentro da mesma mochila lecturas para distintos membros da familia pode ser un modo interesante de mellorar o hábito lector na nosa sociedade.
O Club de Lectura do 5º Ciclo continúa coa seu interese pola lectura durante o Curso 2023/2024
O Club de Lectura de 5º de Educación Primaria, neste curso decidiu identificarse como os Sueriños experimentando unha notable madurez durante o curso académico 2023/2024.
Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese centrados nos temas relativos aos ODS 2030. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.
Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.
Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas (Audiolibros) de algúns dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes así como o acceso do alumnado á lectura atendendo así a atención a diversidade dos seus e súas compañeiros e compañeiras de colexio.
En resumo, o Club de Lectura de 5º de Educación Primaria éi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.
A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Luuuume” de Andrea Freire da Editorial Antela. O libro foi traballado no mes de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “Sabela e os zocos máxicos” de Lorena María Croques da Editorial Proxecto Terra. O libro foi traballado no mes de outubro. Neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “O cazo de Lorenzo”de Isabelle Carrier da Editorial Juventud. O libro foi traballado no mes de outubro e novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “Mercedes quiere ser bombera”de Beatriz Moncó e mabel Pierola da Editorial Bellaterra. O libro foi traballado no mes de xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”de Claire Llewellyn da Editorial Baía. O libro foi traballado no mes de xaneiro e febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sétimo libro “Descubramos o océano”de Mia Cee Cee da Editorial Émbora. O libro foi traballado nos meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como oitavo libro “Os bolechas no entroido”.de Pepe Carreiro da Editorial Promocións Cultuaris Galegas. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Xela, a superheroína da aldea”.de Inma Soto Iglesias da Editorial Aira. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Te necesitamos”de José Luis Gallego da Editorial WWF. Libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como décimo libro “Quen me quere adoptar? de Fina Caslderrey da Editorial Xerais. O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.
O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como undécimo libro “Estrela...fugaz?” de Carlos Labraña da Editorial Galaxia. Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.
Traballando o ODS nº 2; "Fame Cero"
Nun esforzo por abordar a problemática global da fame e promover unha alimentación responsable, o alumnado de 2º de primaria mergullouse nun emocionante proxecto centrado no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 2: "Fame Cero".
Ao longo do curso escolar, investigamos e exploramos en profundidade o significado do ODS 2, participando en actividades educativas innovadoras que van dende a lectura de textos informativos ata a creación de emocionantes creacións audiovisuais.
O alumnado non só mellorou as súas habilidades de lectura e comprensión, senón que tamén recitou poemas con entoación, investigaron sobre a fame no mundo e aprenderon sobre a importancia dunha alimentación saudable e o consumo responsable.
Ademais, os estudantes volveron participar na creación dun horto escolar, onde aprenderon de primeira man sobre o cultivo de alimentos locais e de proximidade. Esta experiencia práctica non só fortaleceu a súa conexión coa natureza, senón que tamén lles ensinou sobre a importancia de apoiar a produción local para combater a fame e promover a sostibilidade.
A colaboración foi fundamental para o éxito desta iniciativa. Os estudantes demostraron unha notable mellora na súa autoestima ao compartir os seus coñecementos coa comunidade escolar de forma audiovisuale ao traballar xuntos para crear conciencia sobre un tema tan relevante.
Con estas actividades, desde o cole demostramos o noso compromiso coa educación integral do noso alumnado, preparándoos para converterse en cidadáns conscientes e axentes de cambio na loita contra a fame e a promoción de hábitos alimenticios sostíbeis.
Este proxecto continuará desenvolvéndose ao longo do curso, coa esperanza de inspirar a máis nenos e nenas a unirse a esta importante causa e traballar cara un mundo onde a fame sexa só un recordo do pasado.
Nas seguintes ligazóns ampliamos información de algunhas das actividades realizadas:
HORA DE LEER:
A hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada polo titor José Manuel Rego García (3 sesións) e por Mª Pilar Iglesias Gómez (2 sesións).
No curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer a través do Club de lectura Leo e releo con Leo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/taxonomy/term/246
Obxectivos:
• Desenvolver o hábito lector.
• Traballar as competencias clave, principalmente: Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Conciencia e expresións culturais e Social e cívica.
• Compartir as nosas lecturas con outras persoas.
• Promover a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
• Mellorar a través da lectura, o vocabulario, a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
• Coñecemento de persoas escritoras e obras literarias galegas.
• Fomentar o traballo en equipo a través da biblioteca escolar.
Actividades.
• Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
• Dramatizar algún episodio do conto.
• Colorear debuxos do conto.
• Escoitar o conto.
• Traballaremos coa prensa analizando noticias. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
• Traballar teatro.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
• LIBRO 1º: “Mi nombre es Skywalker” de Agustín Fernández Paz da editorial SM.
O libro foi traballado nos meses de setembro e outubro do curso escolar 2023/2024 centrado na invisibilidade da xente pobre. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2338
• LIBRO 2º: “Delfines amigos” de Mary Pope Osborne da editorial Sm.
O libro foi traballado en outubro e novembro do curso escolar 2023/2024 contando a importancia do medio ambiente, a lectura dos libros e as bibliotecas. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2357
• LIBRO 3º: “Los hombres no pegan” de Beatriz Monco e Mabel Pierola da editorial Bellaterra.
O libro foi traballado no mes de novembro do curso escolar 2023/2024 e conta a historia dunha familia na que observan a existencia da violencia de xénero na casa dun amigo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2385
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
• LIBRO 4º: “Segredos Soterrados” de Alba de Evan e Xabier Domínguez da editorial Xerias.
O libro foi traballado nos meses de xaneiro e febreiro e conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2386
• LIBRO 5º: A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura da editorial Aira.
O libro foi traballado nos meses de febreiro, marzo e abril e conta a historia de Dania unha nena TEA.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2454
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
• LIBRO 6º: O destino de Kameko de Abel Alves da editorial Aira.
O libro foi traballado no mes de maio de 2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado no mundo co cómic en galego e nunha temática como é o mundo oriental, como é Xapón que tanta curiosidade lle produce.
• LIBRO 7º: La puerta secreta del mueso del Prado escrito por José María Plaza e editado pola Editorial EDEBÉ.
O libro foi traballado ao longo de todo o curso 2023/2024. Con este libro intentamos iniciar ao alumnado dos museos, cocretamente no do Museo do Prado.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2493
O curso escolar 2023/2024, a aula de O grupo 5º de Educación Primaria traballou o ODS 16 que se centra en: "Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas ". A paz, a transparencia, a rendición de contas e o estado de dereito son elementos esenciais para lograr un desenvolvemento sostible. Entre os principais obxectivos do Obxectivo 16 están para garantir o acceso en igualdade de condicións á xustiza, a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa e o acceso público á información, así como o establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
Para a realización do Proxecto Documental Integral durante todo o curso escolar 2023/2024 usáronse diversos materiais entre os que se encontrar os seguintes:
• ¡Nata y chocolate invencibles!. Alcia Borras Sanjurjo. Ed. Anaya.
• Alzar la voz. Ana Alonso. Ed. Anaya
• Un girasol en Kiev. Ana Alonso. Ed. Anaya.
• Aún te quedan ratones por cazar. Blanca Álvarez. Ed. Anaya.
• Chicas alrescate. Bruce Lansky. Ed. Anaya.
• El árbol de la mujer dragón y otros cuentos. Ana María Shua. Ed. Anaya.
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
• Aumenta a motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
• Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
• Maior compromiso mellorando o desempeño.
• Máis ideas.
• Máis creatividade e a aprendizaxe.
• Mellora a comunicación e reduce a tensión.
• Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Obxectivo xeral:
Ser capaz de coñecer, identificar e propor modificacións no modelo actual para garantir o acceso en igualdade de condicións á xustiza, a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa e o acceso público á información, así como o establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
Obxectivos específicos:
1. Coñecer e valorar a importancia do acceso en igualdade de condicións á xustiza,
2. Coñecer e valorar a importancia do acceso a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa.
3. Coñecer e valorar a importancia do acceso a información.
4. Coñecer e valorar a importancia do establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes
5. Valorar a importancia e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
6. Recoñecer e identificar as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñecer e practicar a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
9. Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
10. Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
11. Desenvolver unha posición crítica e participativa con respectoas leis e políticas non discriminatorias.
12. Aprender sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
13. Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Contidos:
1. A xustiza. Igualdade.
2. A toma de decisión: inclusividade, participación e representatividade.
3. A información: acceso a información pública.
4. Institución internacionais: a eficacia, responsabilidade e transparencia.
5. Leis e políticas internacionais e nacionais: non discriminatorias e a favor do desenvolvemento sostible.
6. Diferentes emocións: tenrura, amor, odio, ira, irritación,...
7. Papel da muller na defensa do medio ambiente.
Criterios de avaliación.
1. Coñece e valora a importancia do acceso en igualdade de condicións á xustiza,
2. Coñece e valora a importancia do acceso a toma de decisións inclusiva, participativa e representativa.
3. Coñece e valora a importancia do acceso a información.
4. Coñece e valora a importancia do establecemento de institucións eficaces, responsables e transparentes
5. Valora a importancia e a adopción de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible.
6. Recoñece e identifica as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñece e practica a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Toma conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.
9. Comprende o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
10. Promove a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
11. Desenvolve unha posición crítica e participativa con respectoas leis e políticas non discriminatorias.
12. Aprende sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
13. Promove accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Indicadores de logro ou desempeño.
1. Coñece o acceso do acceso á xustiza en España e o compara con outros países do mundo.
2. Coñece a toma de decisións de organizacións como UNICEF, OTAN e a UE si son inclusivas, participativas e representativas.
3. Coñece e valora a importancia do acceso a información veraz e de calidade na internet.
4. Coñece o funcionamento de institucións eficaces, responsables e transparentes en España.
5. Valora a importancia de leis e políticas non discriminatorias. a favor do desenvolvemento sostible propostas por España para o desenvolvemento da Axenda 2030.
6. Recoñece e identifica as propias emocións en distintas situacións.
7. Coñece e practica a empatía como instrumento para mellorar a convivencia cos demais.
8. Comprende o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
9. Promove a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
10. Desenvolve unha posición crítica e participativa con respecto as leis e políticas non discriminatorias.
11. Aprende sobre o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
12. Promove accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Contribución ás competencias clave e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado contribuirá ao desenvolvemento do conxunto das competencias claves definidas no marco normativo, contribuíndo as seguintes: comunicación lingüística; competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; competencia dixital; aprender a aprender; competencias sociais e cívicas; sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais. En especial destacar as competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotándolles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida; aprender a aprender e sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Número de sesións: unha por semana.
Temporalización: durante todo o curso en sesións de 50 minutos cada unha.
Metodoloxía: traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte dixital, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
O PDI, “Todos xuntos melloramos o noso mundo”, desenvolveuse en dúas fases.
A primeira das fases, durante os dous primeiros trimestres facendo referencia a como atopamos o noso mundo e as diversas accións que vai realizando a sociedade, unhas que axudan a mellorar o noso planeta e outras que son necesarias melloralas. As actividades realizadas ao longo da primeira fase que permitiron ao alumnado de 5º de Educación Primaria ver como se atopa o noso mundo foron:
1º) Outubro : presentación do PDI de 5º de Ed. Primaria para o curso escolar 203/2024. (Día das bibliotecas escolares). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2277
2º) Día da alimentación. Co lema “Fame cero” (semana do 19 a 21 de outubro).
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2271
3º) Mes da ciencia. Como a ciencia mellora a calidade de vida e o coidado do planeta (mes de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2333
4º) Dereitos da infancia. (20 de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2322
5º) PLAN Director (21 de novembro). https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2332
6º) Reflexión sobre o libro “Mi nombre es Skywalker”. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2338
7º) Reflexión sobre o libro “Los hombres no pegan”.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2385
8º) Reflexión sobre o libro “Delfines amigos”.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2384
A segunda das fases, comezou no mes de febreiro de 2024. O alumando partiu da frase do libro Guerra e paz “Pese a todo lo malo que hay en la vida, la humanidad va dejando atrás, poco a poco, lo peor que ella arrastra”
9º) Semana da prensa (6 ao 10 de marzo) Buscando noticias relacionadas sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. O alumnado puido observar cales son as diferenzas entre as sociedades occidentais, orientais e países nos que aínda son gobernadas por ditadores.
https://newspapermap.com/#41.05102,-6.18765,5z
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2486
10º) A seguinte actividade centrouse na investigación propiamente dita do PDI establecendo cales son as ideas que teñen que tratar. Para o cal utilizamos a técnica de lapis ao centro recollendo as seguintes ideas que deben investigar.
Idea 1: que entendemos por sociedades xustas, pacíficas e inclusivas?
Idea 2: de onde ven o termo inclusivo?
Idea 3: a inclusión e o mesmo que integración?
Idea 4: que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible?
Idea 5: alternativas ao desenvolvemento sostible.
Idea 6: un planeta con sociedades xustas, pacíficas e inclusivas..
Idea 7: países xustos, pacíficos e inclusivos.
Idea 8: España é un país, xusto pacífico e inclusivo?
Idea 9: obxectivos de España para alcanzar o ODS 16 e ser un país máis xusto, pacífico e inclusivo.
Unha vez centradas cales son as ideas que son obxecto de investigación o alumnado reunido en grupo decidiron como repartir o traballo e as características do mesmo. O reparto foi o seguinte:
“Todos xuntos melloramos o noso mundo”,
Temas Responsables Temas Responsables
Idea 1: que entendemos por sociedades xustas, pacíficas e inclusivas? Sara Álvarez Idea 7: países xustos, pacíficos e inclusivos. Francisco e Hamed
Idea 2: de onde ven o termo inclusivo? Myrom. Idea 8: España é un país, xusto pacífico e inclusivo? Desiré e Jordana
Idea 3: a inclusión e o mesmo que integración? Valeria Idea 9: obxectivos de España para alcanzar o ODS 16 e ser un país máis xusto, pacífico e inclusivo. Yara, Tiago e Mateo
Idea 4: que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible? Valery ÍNDICE Jeray e Tiago
Idea 5: alternativas ao desenvolvemento sostible. Anais PORTADA Sara Arias.
Idea 6: un planeta con sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. Sara Arias e Jeray
Aspectos común do traballo:
• Letra: Celtic. Tamaño 12. Título 16 en negrita. Separación 1,5 entre liñas.
• Cada un dos apartados deberá estar redactado en galego e cunha fotografía, ben feita polo alumno/a ou que se obteña da internet libre de uso. Esta foto deberá conducir a un enlace dun vídeo relativo a temáticas explicada.
11º) A seguinte actividade centrouse na aplicación práctica do PDI centrándose no exemplo da Comunidade Galega e a súa organización e aspectos participativos na súa xestión e organización. Saída escolar ao Parlamento e Xunta de Galicia. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2442
12º) A última das actividades centrouse na confección da investigación en formato pdf respectando as normas e indicacións establecidas.
AVALIACIÓN:
Será continua, baseada na observación diaria, mediante a recollida de datos segundo un rexistro de ítems. Para avaliar o resultado utilizaremos a seguinte táboa de dobre entrada, sendo avaliada por cada un dos alumnos/as e polo docente. A táboa indícase os seguintes aspectos (SI (S), NON (N), Mellorable (Me).
Avaliación profesorado: cos indicadores Si, Non, Mellorable.
A experiencia resultou satisfactoria?
Cal foi o sentir do alumnado?
Os nenos/as foron protagonistas?
Participaron as familias?
O alumnado expuxo o seu proxecto?
Foi axeitada a temporalización?
Acadáronse os obxectivos específicos propostos?
As actividades resultaron atractivas?
Os recursos proporcionados pola biblioteca foron os axeitados?
A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos resulta ben?
Desenvolvemos os obxectivos iniciais?
O proxecto aplicase a vida cotiá do alumnado?
Avaliación do alumnado: cos indicadores Si, Non, Mellorable.
A experiencia resultouche satisfactoria?
Te consideraches que fuches o protagonista da actividade?
A túa familia axudouche a entender os libros?
Fuches quen de expoñer o proxecto ante os teus compañeiros/as?
Deuche tempo a ler cada un dos libros?
Fuches capaz de resolver os problemas que se lle presentaban a cada un dos personaxes?
Gustáronche os libros?
Serías capaz de aplicar o que aprendiches para conseguir novos amigos/as?
Gustouche a maneira de traballar os contos a través do diálogo e o intercambio cos compañeiros/as?
Resultouche interesante o que liches nos libros?
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.
Navegando polos océanos na Hora de Ler!
O alumnado de 3º de primaria emprenderon unha emocionante viaxe polos océanos do mundo durante o terceiro trimestre na Hora de Ler. A través da lectura de contos, libros informativos e enciclopedias, afondaron nos conceptos máis importantes relacionados con estes fascinantes ecosistemas.
Nesta aventura, descubriron a gran diversidade da vida mariña, desde diminutos peixes ata maxestosas baleas. Tamén aprenderon sobre a importancia dos océanos para o planeta e as ameazas ás que se enfrontan, como a contaminación, a sobrepesca e o cambio climático.
Para facer aínda máis enriquecedora esta experiencia, os nenos e nenas utilizaron a banda deseñada como ferramenta para o aprendizaxe curricular tal e como se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia neste curso. Esta ferramenta permitiulles organizar a información, crear mapas conceptuais e desenvolver o seu pensamento crítico.
A Hora de Ler foi unha oportunidade para que os nenos e nenas esperten a súa curiosidade polo mundo mariño e se conciencien sobre a necesidade de protexer os océanos.