O profesorado do CEIP Manuel Sueiro, grazas á colaboración do alumnado de 6º curso de Ed. Primaria, vén de obter o recoñecemento polo traballo realizado "Aventúrate en el paraiso", dentro do PDI da biblioteca "Galicia arrecende a aventura" do curso pasado, ao ser os gañadores do concurso "100 años de Parque Nacionales, conservando la naturaleza juntos".
Relación de gañadores nas distintas modalidades:
Ligazón á nova na web do Ministerio de Agricultura:
Ao longo do mes de novembro poderedes visitar na entrada do cole a exposición de traballos manuais realizados polo alumnado coa axuda das súas familias... cada ano o alumnado e as súas familias se esforzan máis por achegar verdadeiras obras de arte á exposición.
Moitos parabéns a todos e todas!!!
Galería de imaxes da exposición
O xoves 10 de novembro celebramos, no patio exterior do colexio, a festa do magosto a pesar de que a choiva estivo ameazando toda a mañá, aínda que non foi quen de impedirnos prender o lume para asar as protagonistas do día: as castañas. Estas, estiveron acompañadas, no menú, duns riquísimos chourizos preñados e dunha exquisita bica que nos trouxeron os membros da directiva da ANPA do colexio.
Para rematar, movemos o esquelete ao son da música que o alumnado solicitaba ao noso DJ particular.
O alumnado de cuarto curso de educación primaria realizou unha Caza do Tesouro (entrar como convidado dúas veces para acceder) sobre a Lenda da Lagoa de Antela que traballou durante a Hora de ler. Como produto final realizou un cartaz con realidade aumentada.
Facédevos seguidores da conta de Aurasma do cole abrindo o código QR co móbil ou tablet e poderedes ver o que esconden os seus cartaces:
GALERÍA DE IMAXES DA ACTIVIDADE
AUDIO GRAVADO PARA A REALIDADE AUMENTADA
No CEIP Manuel Sueiro estamos experimentando coa realidade aumentada e buscándolle aplicacións educativas a estas apps que calquera pode descargar no seu móbil.
As imaxes que teñen realidade aumnetada na nosa web, e nos corredores do centro, levan no pé da imaxe unha . Se queredes descubir o que hai detrás destas imaxes teredes que seguir os seguintes pasos:
Para ver como funciona a realidade aumentada, probade a enfocar coa aplicación Aurasma do voso móbil as seguintes imaxes.
Parece máxico!!
Estimadas familias,
con motivo da celebración do magosto que, se o tempo o permite, será o próximo xoves, 10 de novembro, en horario de clase, solicitamos a vosa colaboración para que o alumnado aporte castañas, xa picadas, para asalas no magosto do colexio.
Asemade, ao longo destas dúas semanas, realizaremos unha exposición de traballos manuais con castañas na que vos animamos a colaborar e participar cos vosos fillos e fillas.
O alumnado de 6º curso visitou o parque de actividades na natureza de Diver Kids, situado en Póvoa do Lanhoso (Portugal) como premio por ter sido os gañadores do concurso "Crea o teu xornal" que organizou o xornal "La Rexión".
Neste parque natural realizamos diversas actividades de superación e aumento da autoestima que nos proporcionaron momentos de diversión e alegría.