Baixo o títlo de "Cando chove é un bo día" o alumnado de 6º curso traballou ao longo do curso no PDI da súa aula.
O título está inspirado nunha obra do pintor ourensán Baldomero Moreiras.
Para ambientar os corredores das aulas do primeiro andar, decoraron as portas cunha copia de dita obra.
Desde hai dous cursos o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e o alumnado da aula de apoio está a colaborar no control meteorolóxico da estación do noso cole.
Este é o equipo que dirixe este curso 2016/2017 o control da toma de datos da estación do Sueiro.
O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana.
Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro.
Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes...
...moitos parabéns a todas e todos!!
Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)
O xoves 27 de outubro celebramos o Día das bibliotecas escolares, con tres días de retraso sobre a súa data oficial, para unificar a celebración co Samaín.
Programa de actividades:
Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)
Estimadas familias,
con motivo da Festa do Samaín & Halloween que celebraremos, o xoves 27 de outubro, no CEIP Manuel Sueiro, animámosvos a que colaboredes cos vosos fillos e fillas na decoración dun calacú (Cabaza) para participar na exposición que se realizará ao longo da próxima semana no colexio.
Grazas pola vosa colaboración.
Atentamente,
O EDL do centro.
O venres, 7 de outubro, tivemos o privilexio de contar na nosa biblioteca coa poetisa murciana Mariángeles Ibernón Valero, grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán.
Os nenos e nenas do centro déronlle a benvida cos poemas "El sol perezoso" e "Helado de turrón" e cun elaborado por nós mesmos que chegou a emocionar á autora e a moitos dos presentes no acto ao soar a música de fondo do seu amigo Moy Gomar.
Durante o encontro, Mariángeles respondeu amablemente á morea de cuestións que o alumnado lle prantexou relacionadas coa súa vida e obra que previamente traballaran nas aulas. Ademais das moitas cousas que xa sabiamos dela, descubrimos que lle gusta o mar, pero que non sempre foi así... que a súa cor favorita é o azul... que comezou a escribir desde moi nova grazas ás ensinanzas da súa nai... o motivo polo que ás súas sobriñas lle chaman Tata chula... que o seu primeiro poema foi "La sirena"... que lle gusta a poesía de Quevedo... que estudou arquitectura, aínda que só exerceu para facer a súa casa...e o máis importante que se sinte moi feliz e non sabría vivir sen "as letras"...
Coa súa axuda, recitamos varios poemas do seu poemario "Me dibujas un verso". Como remate final do encontro, deixounos un encargo lírico que pronto vos mostraremos nesta web.
GALERÍA DE IMAXES
Mariángeles deu os "Buenos días" no seu Facebook dándonos as grazas pola acollida recibida na nosa biblioteca.
O venres 7 de outubro a poetisa Mariángeles Ibernón Valero visitou a nosa biblioteca grazas á colaboración do Círculo Poético Ourensán.
Nace en Cehegín, Murcia, no ano 1967. Poeta, editora e xestora cultural.
Comezou a escribir sendo moi nena, sentada á beira da súa nai enferma de cangro, enfermidade que marcou a súa vida xa que quedou orfa moi nova e perdeu una irmá.
Autora do poemario “Susurrando palabras”, libro dedicado á súa irmá e que donou a beneficio da AECC; do libro de poemas infantís “Me dibujas un verso?”, poemario solidario cuxos fondos van destinados a un orfanato da India. A súas últimas publicacións son “69 huellas eróticas” e “Siempre es tiempo de cerezas”, este último dedicado ao seu pai.
Deuse a coñecer na revista dixital “Acantilados de papel”. Despois foi fulgurante a súa incorporación ás letras en revistas e libriños anuais.
Coordina na actualidade “Café con versos” en Murcia e a revista literaria “Con luz y poesía”.
Tamén imparte obradoiros de poesía a nenos, “Saca el poeta que llevas dentro”, introducíndoos á imaxinería poética.
Diariamente danos os bos días cun dos seus poemas, ela di que ao levantarse o seu primeiro pensamento é unha poesía.
MATERIAL PARA TRABALLAR EN CLASE
Desde o día 1 de outubro o esquipo de meteorólogos do Sueiro está a recoller os datos metereolóxicos do noso centro.