No curso escolar 2023/2024 o alumnado de 4º curso utilizou dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado quedou reflectido nos debuxos que se acompañaron nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permitíronlle ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera a maior variedade de textos e formatos para que o alumando tivera onde elixir.
Acompañou a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportaron a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompañou a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1ª mochila:
NARRATIVA:
REVISTA:
CÓMIC:
2ª mochila:
NARRATIVA:
REVISTA:
CÓMIC:
Os alumnos e alumnas desfrutaron do contido das mochilas viaxeiras, completando as opcións de lectura co préstamo semanal de libros que se realizou na biblioteca do centro.
Destacar que ler en familia foi unha actividade moi divertida que axudou a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriqueceunos a todos. Ademais, a lectura enriqueceu intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axudoulles a coñecer o mundo no que vive e impulsoulles a querer saber máis. Comentando as lecturas que fixemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
Como conclusión dicir que o alumnado valora positivamente o contido das mochilas, achegando e compartindo os seus gustos persoais para vindeiras eleccións dos contidos das mesmas e reflectindo nos cadernos ,mediante debuxos ou textos, o que o contido dos libros elixidos lles suxire.
MOCHILAS VIAXEIRAS. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA.
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 1º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada venres durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titora de 1ºcurso, supervisado pola biblioteca e sendo as veces os nenos os que escollían os libros , pero sempre procurando que teña un libro en galego e un libro en castelán.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
Algún exemplo do material que acompaña a mochila do alumando de 1º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1 mochila:
• Lingua Galega. Cando Leo
• Lingua castelá. Palabras con corazón
• Caracola.
2 mochila:
• Lingua Galega. O paraugas de Cebra
• Lingua castelá. Infinito
• Caracola
O principal problema co que nos atopamos é a falta de estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura como acto lúdico, divertido e enriquecedor. Por tanto a mochila é unha invitación a disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e sensacións que aportan as lecturas. Temos que ensinar ao alumno a entender que nela podemos atopar catro funcións:
• A lectura serve para informarnos.
• A lectura serve para aprender.
• Alectura serve para gozar.
• A lectura serve para posibilitar unha opinión propia e critica.
Como conclusión debemos seguir fomentado o gusto pola lectura dos nosos alumnos .
MOCHILAS VIAXEIRAS.
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 3º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada semana durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de sete días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola titora de terceiro curso de Educación Primaria, supervisado pola profesora de Al, Natalia Castro Martínez, que pertence ao equipo de biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
• Lingua Galega. Astropal. Un cometa con corazón. Hércules de Ediciones
• Lingua castelá. El libro que se sentía solo. Editorial Juventud.
• Papagaio. Nº 1. Arde o planeta
• Reportero DOC. Nº 290 ¿La bici es ecológica?
• Leo Leo. Nº 396 El centauro y el hada de las flores.
2º mochila:
• Lingua Galega. Baleas e Golfiños. Baía Edicións
• Lingua castelá. El espacio en 3D. Editorial San Pablo.
• Papacontos. O corvo e o papagaio
• Reportero DOC. Nº 291. El agua un recurso muy valioso.
Estas mochilas foron pasando por todo o alumnado, e polo tanto tívose que renovar con outros libros.
1º mochila
• Lingua Galega. A estrambótica volta ao mundo en oitenta días. Ed Bubulú
• Lingua castelá. Caleidoscopio animal. Libros del zorro rojo
• Papagaio. Nº 29. Un museo con cadros estraños
• Reportero DOC. Nº 273. Oso pardo y compañía
• Leo Leo. Nº 390 Un extraño compañero
2º mochila:
• Lingua Galega. Confundindo historias. Kalandraka
• Lingua castelá. Inventos y descubrimientos. Ed Susaeta.
• Papagaio. Nº 25. Agustina a pintora descoñecida.
• Reportero DOC. Nº 299 La aventura de la antigua Grecia
• Leo Leo.Nº 403. El más bello de los regalos
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
MOCHILAS VIAXEIRAS
No curso 2023/ 2024 o alumnado de 6º de E. P participou no programa “mochilas viaxeiras” que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia. Este ano empregáronse dúas mochilas que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso.
O material que había en cada unha das mochilas viaxeiras de 6º curso de Educación Primaria intentouse que fose o máis variado posible, polo que se incluíu: narrativa en castelán e galego, revistas de temas que lles preocupaban tamén nos dous idiomas, libros sobre preguntas que se fan os alumnos destas idades. Buscábase que respondese aos gustos e intereses do grupo clase polo que a escolla foi feita pola titora e supervisado polo persoal da biblioteca. :
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas…sobre o contido da mesma.
Como conclusión, cabe remarcar que as veces os nenos e nenas móstranse reticentes a levar a mochila pola responsabilidade que lles implica, mais cando a traen de volta a clase e comentan cos compañeiros e coa mestra sempre atopan algún libro que lles gustou ou que lles sorprendeu. Á vista os traballos que presentan!!
Quizais o seguinte paso podería ser incluírmos libros orientados ás familias e as súas posibles preocupacións educativas con respecto a etapa evolutiva na que se atopan os seus fillos. Atopar dentro da mesma mochila lecturas para distintos membros da familia pode ser un modo interesante de mellorar o hábito lector na nosa sociedade.
Ao longo do curso 2023/2024, volvemos implementar na aula de 2º de Educación Primaria o programa de Mochilas viaxeiras que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia.
Estas mochilas ofreceron aos estudantes a oportunidade de levar o seu contido durante unha semana para compartir coas súas familias. O material foi seleccionado coidadosamente polo titor e a mestra de lingua, coa supervisión da biblioteca, asegurando unha ampla variedade de textos e formatos en galego e castelán para que os nenos e nenas tiveran opcións diversificadas.
Cada mochila contiña un libro en galego, outro en castelán e unha revista, e ao comezo de cada trimestre renováronse os materiais para manter o interese e a variedade.
Ademais, ambas mochilas ían acompañadas de "O diario da mochila", onde tanto os nenos como as súas familias podían expresar as súas opinións, crear novas obras, debuxar e facer suxestións sobre o contido da mochila e os libros lidos.
Esta iniciativa resultou ser moi divertida para a maioría das familias, promovendo a interacción e o vínculo entre todos os seus membros, enriquecendo así a experiencia de aprendizaxe e lectura.
Podedes atopar unha selección dos traballos realizados polo alumnado no diario da mochila na seguinte ligazón:
MOCHILAS VIAXEIRAS:
O curso escolar 2023/2024 o alumnado de 5º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 5º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
• Lingua Galega. Megatoxos e o aprendiz de druída. Ed. Xerais.
• Lingua castelá. El último curso en Torres de Malory. RBA
• Papagaio. Nº 9. Os dinosaurios, dos libros aos videoxogos
• Reportero DOC. Nº 282. ¡Bienvenidos a Japón!
2º mochila:
• Lingua Galega. Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
• Lingua castelá. Quinto grado en Torres de Malory. RBA
• Papagaio. Viaxe á Galicia medieval.
• Reportero DOC. Nº 283. ¿Quién inventó la escuela?
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
Mochilas Viaxeiras e "Libros que van e veñen" Continúan Fomentando a Lectura
No curso escolar 2023/2024, o noso centro educativo reviviu a emocionante tradición das Mochilas Viaxeiras, cun total de 12 mochilas en circulación, representando dúas por clase. Ademais, continuamos co exitoso programa "Libros que van e veñen" en Educación Infantil, proporcionando aos nosos alumnos e alumnas unha experiencia única de lectura compartida.
Cada mochila viaxeira permite aos estudantes levar a casa un tesouro literario por unha semana, para compartir con súas familias. O contido destas mochilas foi coidadosamente seleccionado polo profesorado titor, supervisado pola biblioteca da escola, e ofrece unha ampla variedade de textos e formatos en galego e castelán, para que o alumnado poida escoller ao seu gusto.
Unha característica especial de cada mochila é o "Diario da Mochila", nel os nenos e nenas, e as súas familias, poden compartir as súas opinións, creacións, debuxos e suxestións sobre o contido dos libros e a súa experiencia de lectura en familia.
Para a maioría das nosas familias, esta actividade resulta ser unha experiencia moi divertida que axuda a fortalecer os lazos entre pais e fillos e enriquece a experiencia de lectura de todos e todas as participantes.
A continuación, presentamos unha mostra do traballo realizado polo noso alumnado nas súas casas, demostrando o seu compromiso co mundo da lectura e a súa creatividade na expresión artística.
Estamos encantados de ver como as Mochilas Viaxeiras e o programa "Libros que van e veñen" seguen a facer da lectura unha parte fundamental da vida dos nosos estudantes e das súas familias.
Animamos a todos a seguir participando activamente nesta marabillosa aventura literaria.
Libros que van e veñen en Ed. Infantil | |
Mochila de 1º de EP | Mochila de 2º de EP |
Mochila de 3º EP | Mochila de 4º EP |
Mochila de 5º EP | Mochila en 6º de EP |
Mochilas de Contos para Nenos e nenas de Ed. Infantil
A partir do mes de setembro, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a oportunidade emocionante de levar a casa as súas mochilas especiais de contos todos os venres. Cada mochila inclúe un conto encantador e un caderno para debuxar baseado na historia.
Esta iniciativa, chamada "Libros que van e veñen", permite que o alumnado comparta experiencias literarias únicas coa súa familia e tamén coñezan un pouco máis sobre o mundo da escritura e a arte do debuxo. A idea é simple: os nenos e nenas levan unha mochila a casa, desfrutan dun conto durante o fin de semana e fan un debuxo sobre a historia no caderno proporcionado.
O proceso é o seguinte: as mochilas deben ser devoltas os martes ou mércores da semana seguinte, cando se cambiarán os contos. Durante a semana, revisamos os cadernos cos debuxos feitos na casa. Os nenos e nenas teñen a oportunidade de compartir os seus debuxos co grupo e contar o que máis lles gustou do conto.
Esta iniciativa busca fomentar a paixón pola lectura e a creatividade desde idades temperás, ao mesmo tempo que fortalece os lazos entre o fogar e a escola. Estamos entusiasmados por ver a creatividade dos nosos pequenos artistas e o seu entusiasmo polos contos.
Agradecemos a colaboración dos pais e dos encargados no fomento desta nova aventura literaria. Estamos seguros de que "Libros que van e veñen" é unha experiencia enriquecedora para todos e todas.
Libros que veñen e van. | ||
4º Ed. Infantil | 5º Ed. Infantil | 6º Ed. Infantil |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 2º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada venres durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titora de 2ºcurso, supervisado pola biblioteca e sendo as veces os nenos os que escollían os libros , pero semre procurando que teña un libro en galego, un libro en castel.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
Algún exemplo do material que acompaña a mochila do alumando de 2º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º MOCHILA
Lingua Galega.
Lingua castelá.
2ª MOCHILA
Lingua Galega.
Lingua castelá.
O principal problema co que nos atopamos é a falta de estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura como acto lúdico, divertido e enriquecedor.
Temos que ensinar ao alumno a entender que nela podemos atopar catro funcións:
Como conclusión debemos seguir fomentado o gusto pola lectura do noso alumnado.
Os nenos/as de Educación infantil, levarán unha mochila para casa os venres “Libros que van e veñen” cun conto e un caderno para facer un debuxo sobre dito conto.
Esta mochila devolverana os martes ou mércores da seguinte semana e estará en corentena ata o venres que se cambiarán os contos de cada mochila. Revisar semanalmente os cadernos cos debuxos feitos na casa, contarán o que debuxaron e o que mais lles gustou do conto.