Ao longo do curso 2022/2023 funcionaron na aula de 1º de Ed. Primaria dúas mochilas viaxeiras.
Esta mochilas permitiron ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir.
Nas dúas mochilas achegamos un libro en galego, outro en castelán e unha revista. Aoo comezo de cada trimestre cambiamos os maeriais de lectura de cada unhadas mochilas.
As dúas mochilas incluían “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportaron a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila ou dos libros lidos.
Para a maioría das familias resultou ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre todos os membros da familias e enriquécenos a todos.
Na seguinte ligazón podedes observar unha selección dalúns dos traballos realizados polo alumnado no diario da mochila.
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 6º Educación Primaria curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 6º curso de Educación Primaria, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 6º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
El último curso en Torres de Malory. RBA
Papagaio.
Nº 9. Os dinosaurios , dos libros aos videoxogos.
Reportero DOC.
Nº 282. ¡Bienvenidos a Japón!
2º mochila:
Megatoxos e os templarios da luz. Ed. Xerais.
Quinto grado en Torres de Malory. RBA
Papagaio.
Viaxe á Galicia medieval.
Reportero DOC.
Nº 283. ¿Quién inventó la escuela?
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 4º curso utilizaron 4 mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.
As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
O material que acompaña a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte.
1º mochila:
Cando a terra esqueceu xirar. Fina Casalderrey. Ed.SM.
Lechuza detective 3. El inquietante caso del huevo roto. Álvaro Núñez, Alberto Díaz, Miguel Can. Ed. Anaya.
Reportero DOC. Nº 293
2º mochila:
Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costa. Ed. Xerais
Días de clase. Daniel Nesquens. Ed. Anaya.
Reportero DOC. Nº 276
3º mochila:
Choven palabras no futuro. Xunta de Galicia. Gálix
Diario de Greg 16. El número 1. Jeff Kinney. Ed. Molino.
Papagaio Nº 18 2023
Leo Leo Nº 395
Reportero DOC. Nº 276
4º mochila:
Os Megatoxos e o Reto de Internet. Anxo Fariña. Ed. Xerais
Diario de Nikki. Una famosa con poco estilo. Rachel Renée Russell. Ed. RBA Molino
Papagaio Nº 18 2023
Leo Leo Nº 389
Reportero DOC. Nº 306
Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos.
É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.
No curso 2022/2023 volveron a funcionar 12 mochilas viaxeiras, é dicir, dúas por cada clase do cole. Asemade, en Ed. Infantil continuamos un ano máis co funcionamento do programa "Libros que van e veñen".
Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir.
Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos.
Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos.
Achegamos unha mostra das mochilas e do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.
Libros que van e veñen en Ed. Infantil | |
Mochila de 1º de EP | Mochila de 2º de EP |
Mochila de 3º EP | Mochila de 4º EP |
Mochila de 5º EP | Mochila en 6º de EP |
Os nenos e nenas de educación infantil, ao longo do curso 2021/2022 seguiron levando os contiños da biblioteca á casa, para gozar da lectura coa familia, seguindo a iniciativa encadrada dentro do programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura: "Libros que van e veñen", co que buscamos a implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos do CEIP Manuel Sueiro desenvolvan hábitos de lectura.
Nas seguintes imaxes quedan reflectidas algunhas das actividades que realizaron nas casas coas súas familias:
Libros que van e veñen en 4º de Ed. Infantil
Libros que van e veñen en 5º de Ed. Infantil
Libros que van e veñen en 6º de Ed. Infantil
Os nenos/as de E.P. dispoñen, en préstamo, da mochila viaxeira por un período de 15 días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material será escollido polos titores/as correspondentes, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.
Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.
Na mochila viaxeira de segundo, de Educación Primaria, incluiremos libros en castelán e tamén en galego.
Os libros que se van incluiron na mochila, irán en función da comprensión lectora do alumnado.
Hai previstas as seguintes lecturas:
1º Trimestre:
Castelán:
Galego:
E a revista:
2do Trimestre:
Castelán:
Galego:
E a revista:
3er Trimestre:
Castelán:
Galego:
E a revista: