Xaneiro 2018

Apertas que voan. 2018

Xa falta pouco para o Día da Paz. Ao longo destes días imos preparar esta canción de Paco Nogueiras.

APERTAS QUE VOAN

Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.

Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.

RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.

(RETROUSO)

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

(RETROUSO)

Paco Nogueiras


RECURSOS


Pensando a través de mitos

Neste libro recollemos hitorias da mitoloxía grega traballadas na "Hora de ler" e na aula de apoio para mellorar a comprensión lectora do alumnado.

Asemade, tamén achegamos ligazóns a recursos que nos poden ser de utilidade para traballar na aula, estas historias.

Esperemos que sexan do voso agrado...

 

 

Mellores lectores

Na festa de Nadal, previa ás vacacións, fixemos a entrega dos diplomas aos mellores lectores do primeiro trimestre que nesta ocasión foron os seguintes alumnos e alumnas:

  • 1º de Ed. Primaria. Mateo
  • 2º de Ed. Primaria. Elisa
  • 3º de Ed. Primaria. Lurdes
  • 4º de Ed. Primaria. Aroa
  • 5º de Ed. Primaria. Sheila
  • 6º de Ed. Primaria. Yaira