Vídeo resumo do que aconteceu no CEIP Manuel Sueiro no curso 2016/2017.
O alumnado de 6º de Ed. Primaria interpretou a canción de Rod Stewart: "Have You Ever Seen The Rain", como actividade do seu proxecto de metereoloxía preguntándose por qque hai calma antes da tormenta?
O alumnado de 3º de Ed. Primaria do CEIP Manuel Sueiro de Ourense, coa colaboración das pandereiteiras de 6º, Estela e María, interpretaron a canción "Ruliña" con letra e música de Ana Sánchez-Brunete.
Esta canción será presentada ao " II concurso nusical infantil "Quero cantar" que convocou a Deputación provincial da Coruña coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega, e a creatividade poética e musical.
Na seguinte presentación reflectimos parte do traballo realizado ao longo do curso 2016/2017 na biblioteca do centro.
Preme na imaxe para poder ver a presentación
Durante este curso, 2016-2017, o Sueiriño VI impregnou de arte todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"O Sueiro: onde a lectura é arte".
Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e visto que xa tiñamos realizado algún pequeno proxecto sobre pintura, decidimos dedicar o noso PDI ao mundo das artes en xeral.
A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa.
O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:
Como en anos anteriores, todo o centro realiza a Hora de ler ao mesmo tempo nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.
Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2016/2017, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:
Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
O alumnado que participou na actividade extraescolar de baile tradicional que se ofertou de forma gratuíta no centro, foi invitado á exhibición que a agrupación folclórica ourensá, Queixumes do Pinos, realizou como festa de fin de curso.
O noso centro foi agasallado cun disco recopilatorio, un exemplar da revista "A Bugalla" e un diploma de participación.
O alumnado de Educación infantil decorou o recanto de meteoroloxía con varios traballos que foron realizando ao longo do curso.
Este curso modificamos un dos últimos recantos que tiñan fondos desfasados da nosa biblioteca. Concretamente, os andeis que estaban destinados a material desactualizado do Grupo 0 da CDU. A comezo de curso expurgamos dito material e renovamos os andeis cuns novos que nos facilitou a Consellería de Educación.
O novo recanto da biblioteca, de momento, está adicado a material de uso exclusivo para o profesorado.
Neste curso foi mellorado o material informático da biblioteca coa incorporación de dous novos ordenadores de sobremesa que nos achegou a Conselleria de Educación.
Asemade, o centro mercou unha tablet para a biblioteca destinada fundamentalmente ao alumnado da aula de apoio, ou que presenta algún atranco no acceso á información dispoñible no material informático e audiovisual da biblioteca.