Abril 2016

V concurso poesía do Círculo Poético Ourensán

Como en anos anteriores, o noso centro participou no V Concurso de poesía para alumnado de Ed. Primaria i ESO da provincia de Ourense que convocou o Círculo Poético Ourensán. Os participantes achegaron un só poema, en galego ou castelán, e a temática do mesmo tiña que versar sobre aquela persoa, animal, lugar, obxecto ou situación que servira de inspiración aos e ás participantes.

O acto estivo presidido pola Directora da Biblioteca Pública, o Concelleiro de Educación da Deputación e pola directiva do Círculo Poético ourensán. Tres alumnos de 5º curso do noso centro resultaron finalistas nesta edición. Os seus traballos serán editados e pasarán a formar parte dun libro de poesía que será publicado para o vindeiro concurso.

Moitos parabéns para todos e todas os/as participantes i en especial para María, Gabriel e Diego polos seus traballos “Águeda”, “El grillo” e “La mejor mamá”.

Galería de imaxes

Asemade, o colexio recolleu o premio doutra alumna, Camino, que resultou segunda clasificada na IV edición do concurso. O seu poema figura no libro "Cando falo de Ourense o corazón dime...", ao igual que figurarán os dos premiados neste concurso e que se editará para a próxima edición do concurso.

Desde o CEIP Manuel Sueiro felicitamos aos membros do Círculo Poético Ourensán pola organización deste evento que pon en liza o valor e importancia da lectura e escritura de poesía en tempo de lecer.

A miña avoa é total

Mi abuela es totalDispostas, xoguetonas, divertidas, cheas de paciencia e de sabedoría?

As avoas son unha continuación das mamás e dos papás, son un gran apoio en todo e para todo e adórannos sempre!!!

Avoa é un nome redondo, grande e fermoso, como a persoa que o leva. Avoa son xogos e risas e comidas ricas. Avoa é sentir calorciño e amor. E tardes contando historias interminables, lendo contos, cantando panxoliñas ou facendo biscoitos. Avoa é durmir xuntiños e facer manualidades e pintar debuxos expresionistas a papá e mamá.

Porque elas son capaces de sacar a forza dun león cando quererían botar unha cabezadiña, de darvos a comida cando aos demais acabóuselles a paciencia, de atopar o xoguete que máis vos gusta aínda que haxa que percorrer unha cidade enteira. Por amor a ese ser pequeniño, que a converte a ela tamén nun pouco nena, son capaces de todo.

A familia pode ser marabillosa na miña AVOA É TOTAL.

Na seguinte galería de imaxes observaredes como o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil percibe ás súas avoas

O mellor lugar do mundo

Que debuxarías se o teu profe che pedise que debuxaras o mellor lugar do mundo?

A protagonista desta historia está preocupada pois non sabe que debuxar, sen embargo ve como todos os seus compañeiros si o saben. Así que non lle queda máis remedio que pensar e pensar nelo…  E pensando, pensando, de repente teno moi claro: debuxará sen dúbida o mellor lugar do mundo para ela, pero cal será ese sitio?

Porque, quen dixo que as relacións familiares non son marabillosas?

Este libro axúdanos a recordar Canto nos quere a nosa familia!  e  Canto lles queremos nós!

Na galería de imaxes están recollidos os debuxos que realizou sobre esta lectura o alumnado de 6º de Ed. Infantil na "Hora de ler".

O mellor lugar do mundo

Día Mundial do Libro 2016

Día do libro

Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes.

O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:

Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.

Galería de imaxes

 

VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai"

Tres alumnos de Ed. Infantil de 3 e 4 anos do noso centro resultaron seleccionados como finalistas do VII certame "Deseña unha xoia para a túa nai", que organiza o Colexio Oficial de Xoiarías, entre os case 8.600 deseños presentados ao concurso de toda Galiza.

Entre estes 80 finalistas estarán os 12 gañadores das xoias. Esperemos que algún sexa do noso centro

Podedes ver os 80 deseños finalistas aquí.

A entrega de Premios tivo lugar o venres 29 de abril, ás 17h30, no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela. Ese día déronse a coñecer os 12 gañadores aos que se lles fará entrega da xoia que deseñaron. O resto dos finalistas recibirán un diploma que o acredite. Ao evento están invitadas todoas as familias dos finalistas.

Moitos parabéns a todos os finalistas, i en especial para Alba, Mateo e Guillén do CEIP Manuel Sueiro.

Entrega de diplomas en Santiago aos finalistas.

O fío vermello

O fío vermello

A finales do mes de marzo o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria participou nunha nova sesión do Concurso de animación á lectura que realiza este consolidado club de lectura.

O libro traballado nesta ocasión foi "O fío vermello" da escritora viguesa An Alfaya. Coa lectura do mesmo o alumnado traballou os seguintes temas e valores: O amor fraternal, o proceso de duelo ante unha perda, a amizade e a curiosidade intelectual.

Resumo argumental

Carlo está moi unido ao seu irmán maior Nicola e, por iso, o bota moito en falta agora que este tivo que marchar. Segundo a familia, Nicola ausentárase porque quería ser bombeiro, pero a realidade é que Nicola se fixo soldado e desapareceu nun conflito no estranxeiro.
Melchor e Margarita, os pais, están a pasar unha época de grande tristeza e depresión con continuas viaxes para falar cos mandos do exército sobre o caso do seu fillo. Carlo, en sinal de protesta pola ausencia do irmán, decide pecharse na terraza da casa e non saír máis ata que Nicola regrese. A aparición de Elisabeta na casa do rapaz, unha compañeira de clase coa que nunca falara, comeza a mudar as cousas. A nena aparece cunha tartaruga e convértese na única ponte entre Carlo e o resto do mundo. Natividade, a avoa de Carlo, entende a oportunidade e, dado que os dous nenos pasan o tempo resolvendo xeroglíficos, encrucillados e observando o firmamento (afección que Carlo compartía co seu irmán Nicola), a avoa fálalles da existencia dun estraño libro de astronomía escrito polo seu pai, o bisavó de Carlo. O plan de Natividade para convencer o neno de que saia da terraza consiste en organizar a busca do libro por toda a casa, e resolver o feito de que Carlo poida facelo sen rachar a promesa de non saír que lle fixera ao seu irmán, sería atarlle un fío de la vermella unido a un nobelo que quedaría na propia terraza.
Natividade, Elisabeta e Carlos rexistran a casa, pero o libro non aparece. Finalmente será o pai de Carlos, Melchor, quen o atope, descubríndolle ao mozo todo un mundo novo. Carlo, que por medio de Natividade coñece xa a verdade do paradoiro do seu irmán, deposita todas as súas esperanzas nunha sorte de intuición: a crenza de que no libro do bisavó hai unha pista que lle axudará a que Nicola regrese.
Finalmente, a pista aparece. No libro menciónase a noite das Perseidas, ou as bágoas de San Lourenzo, e un xeito misterioso e non probado de emitir mensaxes a través do reflexo da luz nas estrelas fugaces. A noite das Perseidas, Elisabeta e Carlos levan a cabo o que di o libro cunha mensaxe destinada a Nicola. Poucos días despois, unha chamada dos mandos do exército anuncia a Margarida e Melchor que Nicola fora encontrado. Pouco tempo máis tarde, Nicola regresa á casa, e Carlos, por fin, volve a ver o seu irmán.

O equipo gañador do concurso foi o formado por Iván, Uxía e Yazkra.

 Galería de imaxes

Herbas e plantas medicinais

Neste curso no  PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia.
O alumnado de 3º E. Primaria, investigaron, ao longo do primeiro e segundo trimestre, sobre as “herbas e plantas medicinais de Galicia”.

Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:

  • HerbasNa porta da aula colocamos unha pequeña representación (natural) dalgunhas plantas; buscamos con axuda das familias, distintas clases de herbas e plantas medicinais para logo traer ao Colexio e facer unha exposición; clasificáronse e expuxéronse as propiedades curativas  e o uso de cada unha delas.

 

  • Todos os datos obtidos, recompiláronse nun pequeno caderno que logo formará parte da biblioteca do centro. Dito caderno consta de mais de 40 plantas acompañadas da súa fotografía e con algunhas das súas características mais salientables.

 

  • Con motivo do entroido, difrazámonos de menciñeiros e menciñeiras e repartiron as seguintes “pócimas” en forma de pareados relativos as propiedades das plantas medicinais traballadas.

 Galería de imaxes

 

Caderno de "Herbas e plantas medicinais"