Xa falta pouco para o Día da Paz. Ao longo destes días imos preparar esta canción de Paco Nogueiras.
APERTAS QUE VOAN
Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.
RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
(RETROUSO)
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
(RETROUSO)
Paco Nogueiras
RECURSOS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
apertas.pdf | 229.75 KB |