Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica.
Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.
Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.
O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar...
Estás a tempo!!
Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma
Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19.
Cada semana un reto!!
Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!!
Reto 7: Torre de papel
RETO 6
MIS PELUCHES
RETO 4: RETO DO PAPEL
RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans"
RETO 1 DA ZAPATILLA
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO
Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.
Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.
Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:
CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.
PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...
Xa podedes comezar o do luns!!!
Un ano máis, desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO.
Segundo contan no blog de Bibliotecas escolares, acudiron a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Vídeo do alumnado ao seu profesorado:
Agradecemento do profesorado as familias do CEIP Manuel Sueiro polo fermoso vídeo colaborativo que elaborastes para nós.
Premede nas imaxes para ver os agradecementos
Hoxe, 2 de abril, celébrase o “Día mundial de concienciación sobre o autismo”, data instaurada pola Asamblea Xeral da ONU para visibilizar a necesidade de que todas as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) dispoñan das ferramentas necesarias para exercer os seus dereitos e liberdades fundamentais.
Como actividade para conmemorar este día, propoñémosvos que ás familias a iniciativa do equipo ARASAAC participando para realizar muíños de vento para colgar nas vosas fiestras ou balcóns.
Animámosvos a facerlle unha foto e a achegala ao correo do cole.
Na seguinte ligazón da Confederación de autismo España que mostra a campaña deste ano co lema “Podo aprender. Podo traballar” propóñennos unha bonita iniciativa para realizar hoxe pola noite.
Presentación sobre o autismo de Almudena Vergara Cardona