Gamificación

Retos de Ed. Física

Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19.

Cada semana un reto!!

Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!!

Reto 7: Torre de papel

RETO 6

MIS PELUCHES

RETO 4: RETO DO PAPEL

RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans"

RETO 1 DA ZAPATILLA

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Xogo: De que libro falamos

Animámosvos a participar, en compañia das vosas familias, na seguinte pescuda que realizaremos ao longo de toda a semana do día do libro, cada día un reto...

Xa podedes comezar o do luns!!!

Animación á lectura: "Alas de mosca para Ángel"

O 4 de Febreiro  realizamos  na hora de ler, ca colaboración do titor, o xa tradicional  concurso de animación á lectura co alumnado de 6º. Nesta ocasión  sobre o libro  Alas de Mosca para Ángel de Fina Casalderrey.

Estrela, unha nova alumna de sexto de primaria, produce certas incomodidades os compañeiros polo as súas actitudes e o coidado especial que require. Pero  a súa reacción ante a noticia dun secuestro conmoverá os seus compañeiros de clase, a súa familia e a a opinión pública demostrando que, por encima das diferenzas de ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón.

A novela é a crónica da vida dunha aula cos problemas, acordos e acitudes dun grupo onde todos se coñecen, e a nova alumna ven a desbaratar a súa comodidade. Unha historia tenra, con toques de atención a conciencia e secuestros, onde inocencia, aceptación e ver mais alá das diferenzas, os leva o que creían imposible.

O equipo gañador levou como premio , un exemplar do libro O brazalete Máxico de Rocío Rueda, e o resto do alumnado un pequeno presente pola súa participación e implicación no desenrolo do concurso.

Por cuatro esquinitas de nada

Dende a aula de audición e linguaxe  traballouse no mesd de xaneiro,  co alumnado  de infantil, de 1º e 6º de ed.  primaria,  o conto “por cuatro esquinitas de nada”.

"Cuadradito está jugando con sus amigos los redonditos. Ring, es la hora de entrar, pero cuadradito no puede entrar, no es redondo como la puerta", cuadradito está triste. Lo intenta pero nunca será redondo. Te cortaremos las esquinas!.

Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, rematando coa moraliña de que non é cadradiño o que ten que cambiar, se non a porta.

Ao finalizar a lectura do conto, houbo rolda de preguntas con todos os grupos sobre a mensaxe que nos quería transmitir , expresar os sentimentos do protagonistas pensando como se sentirían se lle ocorrera a calquera deles.

Os máis pequenos realizaron un debuxo sobre o mesmo, mentres que o alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecen ou que poderían acontecer na vida real, ademais de elaborar en grupo pequenos murais con mensaxe que lembre a integración das diferenzas como algo positivo.

Xadrez: aprender a aprender

Desde a Concellería de Educación en colaboración coa Escola Xadrez – Club Liceo Academia Postal,  presentouse no noso centro un programa de xadrez, orientando as bases para socializar aos nenos e nenas e crear  vínculos de comunicación e amizade.

Este programa ten a seguridade dun futuro para o alumnado participante, que lles axudará a desenvolverse e mellorar  o seu rendemento escolar, como a súa mellor arma pedagóxica para aprender a aprender toda a súa vida.

Está previsto que esta actividade se desenvolva de 16:00 a 18:00 dous días pola semana (martes e mércores) na biblioteca do noso centro.

Verbateca

O 28 de outubro o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria participou no proxecto Verbateca: Laboratorio de palabras no que, a través de xogos, o alumnado traballou aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística… etc.

Repasaron palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito, todos xuntos/as aprendemos a xogar en lingua galega!

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

O xardín dos deuses

Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".

Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.

Os principais traballos realizados foron os seguintes:

  • No mes de outubro presentamos o noso PDI na biblioteca do centro cos seguintes traballos realizados no recanto fedelleiro da aula de apoio:

  • Fixemos un traballo de documentación sobre a mitoloxía. Con toda a informacion conseguida realizamos os seguintes traballos:

Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.

  • Cos materiais recollidos na fase de documentación realizamos unha curta no recanto fedelleiro da nosa aula sobre os nove mundos da mitoloxía nórdica:

  • Por último, aplicamos unha metodoloxía gamificadora para avaliar as aprendizaxes conseguidas co programa enliña de Kahoot!

Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.

GALERÍA DE IMAXES

Experimentando con volcáns

No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.

Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.

Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.

No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:

 

Distribuir contido