Acadáronse todos os obxectivos do proxecto neste nivel, levando a cabo as seguintes actividades, que se usaron tanto para a decoración da porta da clase como da cortiza da parede.
- Para o estudo da definición da paisaxe e os distintos elementos dunha aldea, vila e cidade, realizouse un mapa topográfico, un mural na porta e cada neno fixo unha composición da aldea, cidade en plastilina.
- Posteriormente, para asimilar as distintas actividades das persoas dunha aldea, vila e cidade, cada neno realizou a lectura dun caderno.
- Construiron a maqueta dunha paisaxe con pasta de modelar.
- Finalmente, unha lectura, resumo e ilustración do conto “A viaxe de Ulo”.