O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense.
Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.
A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.
Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.
No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo.
Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".
Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.
Os principais traballos realizados foron os seguintes:
Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.
Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.
GALERÍA DE IMAXES
Grazas á JMA (Japan Meteorological Agency), obtivemos cumprida información sobre o tempo meteorolóxico en tres lugares do Xapón: Tokyo, Funabashi e Hokkaido.
Cada un deles ten que ver co proxecto sobre Yayoi Kusama e Xapón: Tokyo, capital do país e onde se atopa o seu museo; Hokkaido, onde se atopan grandes extensións de lavanda; Funabashi, atopamos alí o parque Hans Christian Andersen.
No audio que podedes escoitar, os alumn@s de 6º E.P. , dan as novas do tempo: Japan Weather News.
Tamén elaboramos un mapa en relevo no que se poden visualizar os meteoros que inciden nesos tres lugares.
Situamos as Weather News no Plan Proxecta, Programa Meteoescolas e complementan o PDI da área de plástica nas sección bilingües de 1º e 2º E.P.
No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.
Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.
Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.
No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica.
Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa.
Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave.
A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron.
Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo.
O de 10 febreiro realizamos no centro un obradoiro de Play Energy Endesa co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria.
Todos os participantes, mediante unha metodoloxía colaborativa, descubriron o mundo da enerxía e formáronse en conceptos como a enerxía renovable, a eficiencia enerxética ou o consumo eficiente.
O desenvolvemento desta actividade tivo un compoñente lúdico, atractivo e emocional, co obxectivo que os alumnos aprendesen mentres xogaban favorecendo así a memoria dos contidos ofrecidos.
Realizáronse unha serie de experimentos e xogos, probando o funcionamento de vehículos de propulsión eólica, vehículos híbridos solares e xiros lixeiros, entre outros.
A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado.
Para conmemorar o aniversario de Rosalía, ao longo da semana, traballamos na aula cos materiais que o EDL do centro ten recopilados na web.
Como actividade central, recitamos o poema "Fun un domingo" entre toda a comunidade educativa e realizamos un vídeo con música de fondo "O son do ar" de Luar na Lubre.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o poema, de Gustavo Adolfo Bécquer, titulado: "Amor eterno".
Finalmente, realizamos un croma coa recitaxe de dito poema.
O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.
Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.
O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona.
Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria.
GALERÍA DE IMAXES