O 22 de xuño realizamos varias festas de fin de curso nas aulas para despedir este ano tan especial para todas e todos nós.
Foi unha xornada chea de emocións e sentimentos encontrados, xa que por un lado remataba o curso coa ledicia que iso supón e por outro despedímonos dos nosos amigos e amigas e de varias mestras ás que botaremos moito de menos xa que deixaron unha profunda pegada no centro e nos nosos corazóns.
Ao longo do curso 2020/21 funcionou o servizo de préstamo da biblioteca ata o mes de xuño con total normalidade, sen verse afectado polo protocolo COVID.
Realizáronse préstamos dos seus fondos aos membros da comunidade educativa que o demandaron, para poder gozar coa lectura en tempos de lecer nas súas casas.
Son moitos os motivos que dende as aulas de apoio, e grazas a variedade de contos que temos na nosa biblioteca, utilizamos éste como un dos recursos educativos imprescindibles na nosa práctica docente, xa que:
Por isto, e pola cantidade de actividades que se poden se poden levar a cabo a través dos contos (escoitar, comentar, ilustar, dramatizar, crear sobre eles), este curso, traballamos cos nosos/as alumnos/as os seguintes:
Crocodilo
Cocorico
A que sabe a lúa
Wangari y los árboles de la paz
Aquiles, o puntiño
San Jorge y el dragón
Chivos Chivóns
El Conejo Blanco
Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:
Dende a materia de Educación Musical, aportamos o noso granciño de area ao PDI do CEIP Manuel Sueiro no curso 2020-2021, traballando as emocións a través da música.
Non cabe dúbida que existe unha conexión entre a música e os sentidos. Acompáñanos ao longo das nosas vidas evocando infinidade de emocións, sensacións e incluso recordos, pois quen non se transporta a un momento e lugar concreto cando soa esa determinada canción? Non só é a “banda sonora” da nosa vida, ademais ten a capacidade de sandar: cambia o noso estado de ánimo, axúdanos a relaxarnos, estimula os nosos sentidos, a imaxinación e sacude as nosas emocións.
A partir dunha serie de cancións o alumnado vivenciou e reflexionou sobre as distintas emocións e sensacións que cada unha delas lles provocaba, exteriorizándoas de maneira oral e plástica. Isto permitiunos analizar e comprender as nosas propias emocións, base da súa xestión no noso día a día.
EDUCACIÓN INFANTIL E A SERENIDADE:
A canción Le nouvel arc en ciel de Michel Pépé, permitiu que o alumnado de Educación Infantil sentise calma e tranquilidade. Despois da súa audición e de acompañar a música co seu corpo, falaron das súas experiencias durante a escoita:
1º E O ODIO/REXEITAMENTO:
O asasinato (máis coñecida por formar parte da banda sonora da película Psicose) de Bernard Herrmann, recordounos os nosos noxos e sentimentos de rexeitamento máis profundos.
2º E A FELICIDADE:
Jason Farnham coa súa composión Payday, lembrounos que para ser feliz só necesitamos das pequenas cousas do día a día. Para quen aínda o dubide, que probe a nosa Receita para ser feliz.
3º E O MEDO:
Tubullar bells, de Mike Oldfield, acompañou as nenas e nenos durante a análise dos seus medos máis irracionais. Para demostrar que son moi valentes e seguir adiante, romperon con eles centos de anacos para facelos voar e desaparecer.
4º E A ALEGRÍA:
O Frasco das alegrías confórmase dos momentos alegres das vidas do alumnado de cuarto. Chegado o momento de coñecer que cousas alegran as súas vidas, acompañounos a canción Make it shine de Sophonic media, e descubriron que coinciden nalgunha que outra alegría.
5º E A TRISTEZA:
Face shrine forma parte da banda sonora do videoxogo Zelda. Tras un momento de análise, esta peza acompañou ao alumnado mentres plasmaban de maneira creativa as súas tristezas.
6º E O AMOR/CARIÑO:
O amor e o cariño son como unha semente que hai que coidar e coidar para que se converta nunha fermosa árbore. A nosa Árbore do amor está cargadiña das diferentes formas nas que demostramos cariño e afecto aos nosos seres queridos. Liebestraum nº3 en La b Maior, Soño de amor de Liszt, foi a canción que fixo aflorar este sentimento.
Este curso podemos cualificalo como emocionante, pois tal e como dixo Nietzsche “Sen música, a vida perdería o sentido”.
Unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüino Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.
Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base da Antártida no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.
Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.
Fontes escritas:
O desenvolvemento do proxecto pode seguirse no enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1636
Desde a área de inglés participaremos no PDI da área de E.F. desenvolvido en 6º E.P., que leva por título xeral: “Carton vermello á soidade”.
O noso proxecto levará por título:”KICK OUT LONELINESS”.
Incorporámonos, como dixemos, ao PDI da área de E.F., facendo un xogo de palabras co título: Usando o verbo KICK, tan nomeado no mundo do football, achegarémonos ás emocións que xera a loneliness, obxecto do proxecto ao que nos unimos.
Valoraremos as emocións que o sentimento de pertenza a un clube de fútbol inglés xera entre os siareiros. Como ese sentimento de grupo da forma a un xeito de vida.
Recursos:
https://foundation.liverpoolfc.com/inclusion
https://www.youtube.com/watch?v=KK6eCBU74Wc&t=3s
https://www.youtube.com/watch?v=YhqiSO_UFxg&t=1s
https://www.youtube.com/watch?v=Rb7HXjKg0GQ&t=2s
https://www.liverpoolfc.com/kopkids
O desenvolvemento desta actividade pode verse na ligazón
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1666
Sendo seleccionados no proxecto de innovación educativa “Club de Letras”, e como propón a convocatoria deste curso, fixemos do autocoidado a plataforma desde a que extendemos o coidado cara aos demais, ( familias, escolas, sanitarios, … ), prestando especial atención ás emocións que a situación actual de pandemia fai aflorar nos nenos e nenas, nos tempos COVID que estamos a vivir. Ademais, incidimos na importancia dunha alimentación saudable e sostible para unha mellora xeral da nosa saúde.
Este traballo tamén foi o núcleo do PFPP: “Dinamizamos o centro a través do autocoidado e a reciprocidade do coidado”, desenvolvido por catro mestres do centro que promovía unha metodoloxía de OBSERVACIÓN directa entre alumnos/as e mestres.
Os recursos, obxectivos, contidos e metodoloxía foron indicados na programación de inicio de curso.
Nos seguintes enlaces pódese seguir o desenvolvemento do noso PDI:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1577
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1626
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1617
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1616
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1621
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1618
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1650
Para traballar o PDI da biblioteca que este ano está adicado as emocións, dende a área de Educación Física fixémolo a través da lectura do libro “El sueño de Iván”, un libro a través do cal ademais de promover o fomento da lectura nos adentramos nas distintas emocións que un deporte como o fútbol nos pode transmitir, tentando saber porque se producen os negativos e como podemos na maneira do posible controlalos ou evitar que se produzan. Como é posible que alguén se sinta so se pertence a un grupo? Que sentimos cando somos os últimos que nos escollen? E outras moi positivas como as ganas de participar nun deporte colectivo cos meus compañeirxs, a alegría de entre todos poder acadar unha meta común.
As actividades que levamos a cabo no inicio do terceiro trimestre foron: