Setembro 2020

Heroes contra o Coronavirus

O 25 de setembro inagurouse no noso centro o programa de formación sobre o coronavirus que organiza a Consellería de saúde nos centros educativos galegos e que leva por título "Heroes contra o coronavirus".

No obradorio que dirixiron varias enfermeiras da Consellería de Sanidade, participou o alumnado de 5º e 6º de Ed. Infantil e 2º e 6º de Ed. Primaria.

Para o alumnado de 2º curso de E. Primaria marcou o inicio do seu PDI de área cunha actividade na que foron nomeados VIRUS FIGHTERS, xunto con compañeiros/as de E.Infantil e 6º E.P.

Coas nosas GOLDEN RULES, TAKE CARE OF ME, TAKE CARE OF US!, aprenderemos como coidándonos a nós, coidamos aos demais. Tamén veremos como cambiou unha profesión feminina como é a enfermeiría, sendo na actualidade unha profesión igualitaria. E daremos visibilidade a Florence Nightingale, esa primeira nurse que viu na hixiene o primeiro paso na mellora da saúde.

Cantamos a canción “Rub your palms, one, two!”, compartindo o noso xeito de lavar as mans en English coas nurses do programa “Pupas, sustos e outros desgustos”  (https://es-es.facebook.com/pupasysustos/ ) , enmarcado no programa do sergas, “Heroes fronte ó coronavirus”.

Agasallamos ás nurses do programa cun libro sobre Florence Nightingale, dándolle as grazas por ser SUPERHEROES, en calquera lingua.

THANK YOU for being our SUPERHEROES!

GRAZAS por ser os nosos SUPERHEROES e nosas HEROÍNAS!

GRACIAS por ser nuestros SUPERHÉROES y nuestras SUPERHEROÍNAS!

 

 

 


Actividade recollida en diferentes xornais