O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables.
Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado.
Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema.
O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.
>
O alumnado de 1º de Ed. primaria traballou o libro de Carlos Fontes, cheo de sabor, Poemas con piruleta. Poemas saborosos para aprender o solfexo, cantas cores hai no mundo, como se chaman as árbores ou as letras, cantos días ten unha semana, para contar ata dez ou máis, por exemplo ata doce, coma os meses do ano, cal é nome das cidades de Galicia…
No día da poesía recitaron o poema "Pinto o mundo de cores".
Abrir en pantalla grande o poema
>
O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou con poemas de Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro e Xela Arias.
Na semana do 21 de marzo realizamos as seguintes actividades nas aulas para celebrar o Día da poesía:
O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta.
Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.
Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso pingüino Sueiriño.
Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial?
Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.
O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar.
Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.
MEMORIA GRÁFICA
Ao longo da semana do 8 ao 12 de marzo traballamos nas aulas con xornais de tirada provincial, autonómica e nacional buscando que o noso alumnado empregue a prensa como recurso didáctico para facilitar o desenvolvemento das actitudes e habilidades persoais, como creatividade, educación para o lecer, estudo do contorno e inserción en grupos e servizos sociais, así como todo tipo de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.
Asemade, perseguimos que os nenos e nenas aprendan a ler a prensa, a expresar a súa opinión libremente, a debater en grupos e a desenvolver o seu sentido crítico.
O 12 de marzo os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria estivemos disfrutando dun entretido e didáctico obradoiro de poesía, coa colaboración da Concellería de Educación de Ourense.
Os obxectivos que buscamos acadar co noso alumnado foron os seguintes:
Primeiramente repasamos o que é unha poesía e a súa estructura, non nos esquecemos de nomear a poetisa máis ilustre para nós: Rosalía de Castro.
Logo coñecemos a Xela Arias, poetisa á que adicamos este ano o día das Letras Galegas.
Ordeamos versos de Xela Arias para formar poesías, logo escollemos catro palabras coas que fixemos as nosas poesías, as que voaron ao transformaren un simple papel nun avión de soños.
Rematamos a actividade facendo unha chapa de Xela.
INTERNATIONAL WOMEN ́S DAY
March, 8th
O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge.
Todos/as nós somos responsables dos nosos pensamentos e accións todos e cada un dos días, non só o 8 de marzo.
Tes toda a información no enlace https://www.internationalwomensday.com/2021Theme.
So, hand up high to show you're in!
All of us are WOMEN!
FROM THE PAST TO THE PRESENT THROUGH OURENSE
No Día Internacional das Mulleres quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.
Unha muller nova, de éxito profesional internacional e ourensá, sérvenos para homenaxear a todas as mulleres que, coma ela, e día a día, traballan con paixón, sexa cal sexa o campo no que se moven.
Dos máis peques de E.I. ata os compañeiros/as de 6º E.P., todos puxemos o noso gran de area para renderlle esta sinxela, pero sentida homenaxe, a María Martinón Torres.
Un mural no que, tal e como indica o título, partindo do pasado chegamos ao presente pasando por Ourense.
Foi tamén a aportación da área de inglés ao calendario do cole, sendo a folla do mes de febreiro.
Coñecimos un pouco do lugar onde traballa no CENIEH, visitando a súa web https://www.cenieh.es/en , tamén explicándolle ao Ministro de Ciencia e Investigación o traballo que desenvolven no mesmo, https://www.youtube.com/watch?v=-LGBHZID9zY&t=47s , así como o programa Arqueomanía de RTVE, adicado a Atapuerca, titulado “Atapuerca en la trinchera”, https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/atapuerca-trinchera/5761227/
GRAZAS POLO TEU TRABALLO E A PAIXÓN QUE POS NEL!