O 22 de marzo celebramos o Día da Poesía no patio do noso cole conxutamente coa celebración do Día da árbore.
Ao longo de toda a semana cada curso traballou na súa aula un poema sobre árbores e natureza. O último día da semana, durante a Hora de ler, recitamos os diferentes poemas traballados mentres plantabamos un bidueiro no xardin do noso cole.
Na primeira semana da Primavera celebramos a semana da Árbore e da Auga.
Con este motivo saímos a plantar un bidueiro que nos mandaron ao colexio desde a Deputación Provincial. Estas árbores precisan moita auga para medrar, polo que as plantamos no patio do noso colexio e a regaremos a miudo.
Ao longo deste mes traballamos na clase o libro que nos achegou a Deputación titulado “A Dama da auga e o segredo das árbores”.
Asemade, o Día da árbore, todo o alumnado recitou poemas sobre árbores e natureza para celebrar o Día da poesía.
No camiño que percorremos xunto a Yayoi Kusama, demos uns pasos máis coñecendo o seu país e tradicións culturais que compartimos.
E así convertémonos en dual pilgrims do St. James Way e do Kumano Kodo.
Preparamos as nosas shells cos emblemas de cada un deles, a St. James Cross e o Yatagarasu, e as credenciais cos lugares de paso e os selos correpondentes.
Con todo elo camiñamos un pequeniño tramo do St. James Way, visitamos o Museo das Peregrinacións onde tivemos unha visita contada do camiño e visitamos a sala na que o Kumano Kodo é o protagonista. Temos que agradecer a Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Galicia Japón que nos acompañase nesta visita, contándonos de primeira man curiosidades do Kumano Kodo e que nos agasallou cunha actividade na que fixemos “grullas”.
Como bos pilgrims, entramos na catedral, saudamos ao apóstolo Santiago e rematamos a nosa peregrinaxe na praza do Obradoiro, compartindo espazo con outros pilgrims que neses intres chegaban ao remate do seu camiño.
E na oficina do peregrino, situada na nosa biblioteca escolar, puxemos o último selo na nosa credencial que nos recoñece como dual pilgrims, ao xeito do Manuel Sueiro.
A organización Xarela deseñou para o CEIP Manuel Sueiro 2 talleres, un de igualdade de xénero e outro de interculturalidade, con tres sesións cada un deles.
O taller de igualdade realizados durante os meses de xaneiro e febreiro, centrado en que todos debemos ter as mesmas oportunidades e dereitos sen importar o sexo. Os obradoiros centráronse en eliminar estereotipos e prexuízos.
O taller de interculturalidade realizado durante os meses de febreiro e marzo, centrouse na sensibilización sobre a diversidade como un valor enriquecedor fomentando actitudes de respeecto, convivencia, emaptía,…a través de múltiples dinámicas.
O CEIP Manuel Sueiro está moi agradecido organización XARELA polo seu bo facer co noso alumnado.
Na galería de imaxes vos mostramos cales foron as dinámicas dos dous talleres.
Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible.
Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios.
Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva.
O mes de febreiro é un dos noso preferidos do ano, non só pola cantidade de actividades complementarios que facemos se non pola celebración do Entroido.
Este ano volvemos a traballar no Entroido a temática do proxecto documental integrado que este ano versa sobre “Dinamarca”. Por iso as temáticas escollidas tiñan todas algo que ver con este país: Os viquingos; Os libros de Hans Christian Andersen; A pequena serea; O parruliño feo; O soldadiño de chumbo; as pezas de Lego e a Garda Real danesa.
Previamente ao desfile, o alumnado e profesorado degustou os exquisitos doces que moitas das familias aportaron altruístamente para que colleramos a enerxía suficiente para aguantar a festa.
Desde aquí queremos agradecer a participación das familias na festa do cole e a colaboración prestada.
Vídeos do desfile