O alumno de 6º de Ed. Infantil, Tiago Blanco Torreiro, resultou premiado no V concurso de postais do Colexio de economistas de Ourense.
Na web do colexio podedes ver a nova sobre o concurso.
Moitos parabéns para Tiago polo seu traballo!
O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.
Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.
O 20 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas que desinteresadamente nos facilitou o seu equipo directivo, desde aquí queremos agradecer a súa colaboración e a do persoal laboral do IES.
A asistenca ao Festival foi todo un éxito grazas á participación da maioría familias da nosa comunidade educativa.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o fixeron.
A POLKADOT CHRISTMAS
O mellor xeito de agasallar a YAYOI KUSAMA este nadal é, sen dúbida, facer que os nosos Christmas Trees e os Santa´s hats relozan cheos de polkadots.
Desde as sección bilingües querémosvos desexar en todas as linguas nas que desenvolvemos o noso proxecto,
MERRY CHRISTMAS
メリークリスマス
BO NADAL
FELIZ NAVIDAD
Xa chegou o Nadal ao CEIP Manuel Sueiro!!
Estades todos e todas convidados a presenciar todo o que está a acontecer nos corredores do noso cole... iso si, se vindes ver o cole, traede unha cámara fotográfica para inmortalizar o voso careto no espectacular photocall que temos na entrada.
Esperamos que sexa do voso agrado.
O 23 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria realizou unha andaina ata a biblioteca municipal de A Ponte para participar en varias actividades de formación de usuarios e de fomento da lectura.
Participamos activamente nunha sesión de contacontos, realizada polas monitoras da biblioteca, a través dun kamishibai que nos mantivo espectantes ata o seu remate.
Fomos felicitados polo noso comportamento e. tamén, polo coñecemento que temos do funcionamento dunha biblioteca. Asemade, as persoas maiores que nos atenderon quedaron sorprendidas coa nosa eficiencia lectora e comunicadora.
Na galería de imaxes podedes observar a nosa experiencia...