O 12 de maio, coa colaboración co CIFP Portovello, participamos nunha xornada de xogos populares que o alumnado de 1º curso do Ciclo superior de animación sociocultural preparou para os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria do noso cole.
Xogos de presentación, carrilanas, a rá, xogos de aros... fixeron que os Superheroes do Sueiro disfrutaran dun momento de lecer a carón do horto escolar no que tamén estamos a traballar en colaboración co alumnado do CIFP Portovello.
A experiencia deixou con gañas de repetila, tanto ao noso alumnado como aos monitores e monitoras do ciclo de animación.
Libro interactivo sobre as emocións realizado coa colaboración do alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria para traballar as emocións básicas.
Na última semana do mes de abril o alumnado de Ed. Infantil dedicouse a preparar unn regalo sorpresa para as súas nais., consistente na realización dunnn xogo de tres en liña coa imaxe de Blef, unha das figuras que empregamos na aula para traballar as emocións no PDI de Ed. Infantil.
O alumnado de 3º de Ed. primaria cantoulle as emocións no desenvolvemento do proxecto de competencia emocional que están a traballar, que axuda a formar persoas máis saudables, capaces de afrontar os seus problemas por si mesmos (é dicir, máis autónomos) e de analizar os acontecementos da súa vida.
Decidimos dar unha patada ben forte á SOIDADE, e facernos fortes no grupo, sentindo o apoio, lealdade e orgullo ben entendido de pertenza a un grupo, no noso caso á aula de 6º E.P. da nosa escola.
Tomando como referencia a fundación do Liverpool FC, aprendemos a historia do clube e os valores nos que se fundamenta.
Mighty Red foi o guía no noso camiñar cara a igualdade, inclusión e diversidade. Aprendeunos que a nosa forza está na unidade e o esforzo, e que, co apoio de todos/as nós, ninguén se sentirá so ou soa.
Somos os mellores supporters da grada KOPT. Non hai KOPITE mellor ca nós cando se trata de axudar e acompañar a quen se sinta apartado dalgún xeito.
Porque como di o seu himno,
AT CEIP MANUEL SUEIRO,
YOU’LL NEVER WALK ALONE!
O alumnado de 3º de Ed. Primaria realizou ao longo do mes de abril un proxecto documental sobre a Prehistoria.
Unha vez finalizado o PDI expuxeron na biblioteca os materiais elaborados e, por grupos, explicaron ao resto de compañeiros do cole todas as aprendizaxes adquiridas.
Na primeira semana da Primavera celebramos a semana da Árbore e da Auga. Dende o luns 22 ao venres 26 de marzo realizamos diversas actividades centradas no libro que nos achegou a Deputación titulado “No país das augas”.
Unha vez realizada a lectura da historia de forma colectiva durante esta semana pedímoslles ao alumnado que realizase un debuxo sobre o libro.
Amosamos algúns dos seus traballos.
Xela Arias Castaño naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo) onde seu pai era mestre de primaria. Era a primoxénita de Valentín e Amparo.
Foi inscrita co nome de María de los Ángeles, xa que daquela non se podían poñer nomes galegos. En 1984 consegue que lle recoñezan o dereito a chamarse Xela, tal como a coñecían todos.
Estudou infantil e primaria no Colexio Fingoi, de Lugo e no de Sárdoma, Moledo, en Vigo e os estudos de secundaria no IES Castelao, tamén de Vigo, cidade na que fora destinado seu pai.
Co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia gañou o VI Concurso de contos Infantís de O Facho da Coruña.
Foi poeta, tradutora e profesora de Lingua e Literatura Castelá en secundaria.
A súa obra poética está recollida, principalmente en Denuncia do equilibrio, Tigres como cabalos, Intempériome e Darío a diario, dedicado ao seu fillo. Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italia-no, inglés, castelán, francés... como As bruxas, de Roald Dalh, Contos ao Teléfono, de Rodari, O GatoGaiado..., de Jorge Amado,...
En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Faleceu na cidade de Vigo o 1º de novembro de 2003,aos 41 anos.
Polo seu traballo a prol do idioma galego e a nosa cultura a Real Academia dedícalle o Día das Letras de 2021.
(Recuperado de Seminario Galán)
No noso cole non temos STRAWBERRY FIELDS, nen somos THE BEATLES.
Nós somos así de especiais e temos A STRAWBERRY GARDEN e somos os máis peques da escola, os SUPERPEQUES.
Unímonos aos SUPERHEROES de 2º E.P. na súa teima pola FRUIT e coidamos e recolectamos as strawberries que medraron no noso GARDEN.
E ben boas que están! Ata os paxaros deron conta delas! Doces e RED!