Skip to Content

Xogos populares

Xogos populares 2023

O 17 de marzo de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 12:00 ata ás 14:00 horas.

Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria  foron xogos de bailes e a porca.

Coma sempre, pasámolo xenial!!

Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos.

Celebración do magosto 2022

O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.

Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.

A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.

Ao rematar, o alumnado que aínda tiña algo de forzas, bailou ao ritmo da DJ contratada para esta ocasión.

Manualidades para o magosto

 

Xantar do magosto

Xogos populares

 

Así se divertían os nosos avós

Reportaxe realizado polo Xornal La Región no noso centro na xornada de xogos populares que desenvolveu lito, da Fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro.

Se premes na imaxe de máis arriba poderás ver a nova no Xornal escolar

 

Xogos populares

O 17 de febreiro de 2022, o alumnado 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 09:50 ata ás 11:30 horas.

Os xogos que realizou o alumnado de 6º de Educación Primaria, foron a billarda, a chave e a ra.

Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos.

Xogos populares no CIFP Portovello

O 12 de maio, coa colaboración co CIFP Portovello, participamos nunha xornada de xogos populares que o alumnado de 1º curso do Ciclo superior de animación sociocultural preparou para os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria do noso cole.

Xogos de presentación, carrilanas, a rá, xogos de aros... fixeron que os Superheroes do Sueiro disfrutaran dun momento de lecer a carón do horto escolar no que tamén estamos a traballar en colaboración co alumnado do CIFP Portovello.

A experiencia deixou con gañas de repetila, tanto ao noso alumnado como aos monitores e monitoras do ciclo de animación.

Xogos populares

O 25 de marzo voltamos a disfrutar no noso centro da presencia de Lito, membro da Fundación Xaquín Lourenzo, que é a persoa de Ourense que máis está a facer pola recuperación dos xogos cos que se divertían os nosos antepasados.

Nesta ocasión, por mor do COVID, só puido gozar coas actividades que nos propuxo o alumnado de 6º de Ed. Primaria. Foron varios os xogos practicados, como se pode observar na galería de imaxes:

  • Zancos.
  • Peonzas.
  • Aros.
  • Xogos con chapas.
  • Enredos...

As dúas horas que durou o obradoiro pasáronse rapidísimo.

 

 

Xogos populares 2020 da fundación Xaquín Lorenzo

O 30 de xaneiro, o alumnado 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro ao longo de toda a xornada lectiva.

Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, foron a billarda, os bolos, a birolla. O resto do alumnado participou nunha sesión de xogos de interior que se desenvolveron na aula nova de psicomotricidade: xogos de tabas e ritmo e tamén realizaron varios “enredos” e xoguetes musicais como os que empregaban os nosos avós e avoas nas súas aldeas cando eran cativos.

Coma sempre, pasámolo xenial!!

Xogos populares 2019

 Ao longo do segundo trimestre realizamos varias sesións de xogos populares nas instalacións do noso centro coa colaboración do Centro Cultural Xaquín Lourenzo baixo a dirección de Lito, unha das persoas que máis está a facer pola recuperación dos xogos aos que xogaban os nosos avós.

O programa deste curso pódese desgcar na seguinte ligazón.

Celebración do magosto 2018

O 8 de novembro celebramos a festa do magosto na pista polideportiva do noso centro, pois as condicións metereorolóxicas nos marcaron, como obrigatorios, os recantos a empregar.

Este ano, contamos coa presenza do alumnado do CIFP Portovelo como colaboradores especiais para animar a xornada con xogos ambientados no magosto. Pasárono xenial, tanto os nosos veciños como alumnado do noso centro.

Unha vez rematados os xogos, recuperamos forzas a base dun menú con produtos típicos desta festa: chourizos asados e preñados, empanada, lacón, bica de Trives e castañas.

Para finalizar a celebración movemos o esqueleto ao ritmo da música que lle iamos pedindo ao noso DJ.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos.

Os xogos populares como modo de aprendizaxe

Este ano  como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º  curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”.

A partir do tema elixido, achegámonos ao  mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender.

Os xogos elixidos neste curso foron:

  • A BILLARDA
  • A CHAVE
  • AS CHAPAS
  • A RA
  • AS CANICAS
  • OS AROS
  • O PANO

Distribuir contido


by Dr. Radut