Como en anos anteriores, o alumnado do Ciclo Superior de animación sociocultural e turismo do CIFP Portovelo realizou unha sesión de xogos populares no noso centro.
A data elixida foi a da celebración da festa do magosto, por iso, os xogos escollidos xiraron sobre ese centro de interese. Os participantes foron distribuídos en catro grupos segundo a súa idade. Ao longo de dúas horas, os monitores realizaron múltiples xogos, adaptados ás súas características, o que redundou en que o tempo se lles pasara voando.
Como remate da actividade, os futuros animadores socioculturais foron avaliados polos cativos cos que traballaron. O resultado, da mesma, foi altamente positiva, xa que á inmensa maioría dos participantes lles concedeu a máxima valoración posible.
Parabéns para todas e todos os compañeiros do CIFP Portovelo!