A VIDA AGROMA POR TI
A implicación da comunidade educativa do Sueiro nas causas máis xustas esténdese no tempo: Colaboramos en recollida de alimentos, xoguetes, roupa; participamos en campañas promovidas por UNICEF e SAVE THE CHILDREN.
E demos un paso máis ao participar no VI Concurso Escolar de Carteis relacionados coa DOAZÓN e os TRANSPLANTES organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS).
Tivemos acceso a recursos educativos na seguinte ligazón:
https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Proxecto-Salvavidas-Primaria?idioma=ga
Os alumnos/as de 5º Educación Primaria decidiron participar cun cartel pondo en valor a doazón e o posterior transplante de corazón porque entenden que este órgano é o motor da nosa vida. Non hai maior xesto de xenerosidade que doar VIDA.
O primeiro paso foi a elaboración dun “colaxe” sobre un debuxo dun corazón. Esta técnica minuciosa de busca do papel axeitado, o recortado en pequenos cachos e a colocación de cada un deses pequenos papeis, representa a paciencia que precisa
n os doentes á espera dun corazón e tamén a calma e a tranquilidade das persoas que coa súa xenerosidade doan ese órgano nun intre tan doloroso.
No segundo paso do traballo, cubriron o colaxe con flores de papel. Con elas pretenden amosar a esperanza dunha nova vida para as persoas receptoras do órgano.
E por último decidiron o título: “A vida agroma por ti”. Se un gromo anuncia a chegada da primavera en flores e árbores, o corazón doado representa ese anuncio dunha nova oportunidade de vida. E o remate da frase, “... por ti” fai referencia á xenerosidade da persoa e familiares doantes.
Fomos felices coa nosa participación pero aínda máis coa nova de que o noso cartel foi o gañador desta edición.
PARABÉNS AOS CORAZÓNS XENEROSOS!