Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

INGLÉS,PSICOMOTRICIDADE E ESTIMULACIÓN ORAL

    Bos días peques!!

  Aquí vos deixo as tarefas de inglés. Son uns enlaces para repasar os números do 1 ao 10 e do 11 ao 20 (comezamos polas actividades do 1 ao 10 e se os dominamos pasamos do 11 ao 20).

   Numbers 1-10

   https://arbolabc.com/dibujos-animados/number-farm/contar-1-10

   Numbers 11-20

   https://arbolabc.com/dibujos-animados/number-farm/contar-11-20

   Quebracabezas 1-20

   https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/romecabeza-numeros-1-a-10

   https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/rompecabeza-numeros-11-a-20

   Lembrade botarlle un olliño aos blogues de Educación Física e Aula Naranja para ver as actividades tan interesantes que vos propoñen.

   Un bico enorme!!

   

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   Ola peques,

  Comezamos outra semana que vai a ser un pouco diferente. Imos deixar aparcado un pouquiño o Sistema Solar porque esta semana celébranse as Letras Galegas, concretamente o domingo día 17, e imos coñecer un pouco o autor ao que se lle adica este ano esta celebración: RICARDO CARVALHO CALERO.

   

  No vídeo que tedes a continuación volo presento.

  

  A actividade que imos facer é escribir o nome deste autor e decoralo como fixemos coa palabra eclipse (os de 3 anos poden só decoralo) e elexir a palabra en galego que máis vos gusta das que vos digo no vídeo: xoaniña, miñoca, orballo, moucho, besbello.

  Ademáis o sábado foi o día de Europa e hoxe imos coñecela un poquiño máis a  través do vídeo que vos deixo a continuación.

  

    E se vos animades podedes facer a bandeira da Unión Europea.

  Xa queda menos peques!!

  Un bico enorme!!!

QUE IMOS FACER HOXE?

  Bos días peques!!

  Para rematar de coñecer un pouquiño máis a Terra hoxe imos falar das eclipses e no vídeo podedes saber cousiñas sobre elas.

  

  Neste outro vídeo podedes coñecelas un poquiño máis.

  

  A actividade que podemos facer é decorar á palabra ECLIPSE como cada un queira: con cores, rotuladores, arroz, plastilina, boliñas...

 E que lle imos ensinar hoxe a Pixi? A nosa casa, onde vivimos. Para iso imos repasar as parte da casa e as tarefas que podemos facer en cada unha delas.

   

  Ademais vos propoño facer un xogo divertido para dirixir unha boliña pola “nosa casa” (non é necesario facer as divisións, con levar a bola dun lado a outro xa chega, o que se pretende é traballar a direccionalidade).

  

   E por último, como é venres, vos deixo uns enlaces para xogar online.

  O primeiro é un memori e os outros dous son quebracabezas con diferentes niveis de dificultade (os do segundo enlace son máis complicados).

   https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-arbol-abc  Memori

   https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/personajes-exploradores     Quebracabezas

   https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/personajes-curiosos       Quebracabezas

  Disfrutade da fin de semana

  Un bico enorme!!

TAREAS DE RELIGIÓN

    Hola chicas, ¿qué tal? Esta semana vamos a hacer un pequeño recordatorio de MARÍA, la mamá de JESÚS.

  Como estamos en el mes de Mayo, se lo dedicamos a las mamás y también a la mamá de JESÚS, LA VIRGEN MARÍA.

    

   Os propongo el vídeo siguiente: 

   Colorear estas flores para MARÍA, si no podéis imprimir, en un folio dibujáis unas flores que seguro que a María le gustarán un montón.

  Un saludo.

   VER DOCUMENTOS ADJUNTO

   

ACTIVIDADES DE ARTÍSTICA, MÚSICA E VALORES

    Bos días peques,

  Hoxe tócanos  traballar un pouquiño o noso lado artístico, para iso ímonos converter en chefs e imos facer unhas brochetas de formas. Déixovos a receta e un vídeo onde vos explico como facelas.

      

   Ademáis podemos traballar o noso sentido do oído con estes vídeos que vos recomenda a profe de música.

  

   E para rematar, podemos ver este pequeno corto que nos amosa que hai que respectar aos demais, sen discriminar a ninguén por como é. Cada un de nós somos únicos e especiais.

   As tarefas de relixión están publicadas na seguinte entrada.

  Un bico enorme peques!!!

Distribuir contido