Iniciar sesión: Acceso

Peques de A Laxe

CONOCEMOS LOS SENTIDOS

Ola familias! Outra semana de aprendizaxe superada.

Cada día aproveitamos o momento de asemblea para traballar a lóxica - matemática na pantalla dixital. Estas son algunhas das actividades desta semana, nas que traballamos o conteo, os conceptos moitos - poucos, e repasamos tamén grazas a unha das actividades unha chea de partes do corpo que xa coñeciamos.

Traballamos tamén a lóxica - matemática a través destas dúas propostas.

Na primeira delas traballamos a clasificación de elementos segundo a súa forma: cabazas, pantasmas, morcegos... neste caso con pasta con figuras de Samaín e diferentes vasiños nos que debiamos introducir o elemento que correspondía. Con esta actividade tamén traballamos a motricidade fina ao utilizar as pinzas para clasificar.

Coa outra actividade traballamos o conteo e a atención, xa que debiamos contar cantos elementos de cada contiña a nosa apócema de Samaín. Unha vez tiñamos ese número, debiamos formar unha torre con policubos para representalo.

Esta semana levamos a cabo a lectura do conto "Tú y yo. El cuento más bonito del mundo", que conta a historia dun neno ao que lle fan o mellor agasallo: un irmán. Hai pouco unha compi da nosa clase converteuse en irmá maior, polo que este é un tema que tratamos no noso día a día. Aproveitamos para repasar todo aquilo que xa coñeciamos sobre os bebés grazas ao noso proxecto do corpo humano, e finalmente para terminar fixemos un debuxo sobre o conto.

Traballamos tamén a localización espacial e a atención a través desta actividade na que debiamos colocar nunha cuadrícula os elementos de outono seguindo un patrón.

Sen dúbida, ao que máis tempo dedicámoslle esta semana foi ao proxecto do corpo humano. Neste caso continuamos traballando os sentidos.

En primeiro lugar fixemos un repaso do sentido que xa coñeciamos: a vista. Para isto levamos a cabo unha actividade na que debiamos atopar o intruso dentro dun grupo de elementos.

Coñecemos un novo sentido: o olfacto. Xunto cos nosos compis da clase de 5º de Educación Infantil aprendemos que é o olfacto, para que serve, con que parte do corpo ulimos... E realizamos unha actividade moi divertida na que debiamos ulir diferentes botes e adiviñar que tiñan dentro.

Tamén coñecemos o sentido do gusto. Para isto realizamos unha actividade na que debiamos probar diferentes sabores: doce, salgado, amargo e ácido. Identificamos con que se correspondía cada sabor e eliximos cal era o que máis nos gustaba a cada un.

Para traballar o sentido do oído fomos ao ximnasio do cole e levamos a cabo cos compis de 5º de EI diferentes actividades. En primeiro lugar traballamos a identificación dunha fonte sonora, para isto vendámonos os ollos e debiamos seguir o son dunha campá a través do noso oído e chegar ata ela.

Despois, xogamos ao xogo das estatuas, no que debíamos bailar ao ritmo da música e cando esta parase quedarnos quietos como estatuas. Desta forma traballamos a discriminación son - silencio. Finalmente xogamos cos aros dunha forma similar, debiamos movernos polo espazo ao ritmo da música e cando se parase tiñamos que buscar un aro para meternos dentro.

Para rematar, xa na nosa aula fixemos unha actividade de discriminación auditiva de sons cotiáns.

Por último traballamos o sentido do tacto. Para isto levamos a cabo diferentes propostas na clase de 5º de EI: mesa sensorial con boliñas de xel, experimentación de diferentes texturas e xogos nos que debiamos atopar a textura correspondente a outra sen mirar.

Para terminar co tacto fixemos un percorrido sensorial pero... cos nosos pés! Camiñamos por unha alfombra que tiña unha chea de texturas diferentes: pedras, esponxas, feltro...

Unha vez que xa coñecemos todos os sentidos, comezamos a crear o noso flipbook dos sentidos. Formando así as palabras vista, olfacto, gusto, oído e tacto.

Ata a próxima semana familias!!!

COÑECENDO O ESQUELETO E MOITO MÁIS

Ola familias!!

Esta semana seguimos realizando diversas tarefas na pantalla dixital nas que traballamos a direccionalidade; a lateralidade (diferenciando dereita e esquerda); iniciámonos nas tartas ou muros de sumas, nas que temos que ir realizando sumas ata chegar á cima; series colocando pulseiras e ata fixemos sopas de letras.

E o luns recibimos a visita de Manolito, os esqueleto do cole, recién bautizado por nós como Juan. Grazas a él coñecimos os ósos do noso corpo e onde están situados. Cada óso que íamos coñecendo lle fomos poñendo o nome en Juan, e así quedou, jeje.

Despois nós fomos identificando os ósos que nos indicaba a profe Rocío e buscábamos o seu nome nunha lista. Despois o recortamos e poñiamos no lugar correspondente, afianzando así o vocabulario introducido, traballando a memoria, o uso das tesoiras e por suposto a lecto- escritura.

Coa profe Laura descubrimos un esqueleto oculto mollando un folio con aceite corporal coa axuda dun bastoncillo.

E tamén coa profe Laura formamos un esqueleto con bastoncillos seguindo un modelo. Tivemos que estar moi concentrados e traballar moito a motricidade fina, pois esta actividade supoñía moita precisión á hora de colocar os bastoncillos. Por último escribimos "Sistema óseo", o cortamos e puxémolo na cartolina.

Tamén empregamos unha camiseta moi especial e a app Body Planet, grazas á cal puidemos ver aos nosos compañeiros/as por dentro, non só o sistema óseo como as costelas, o esterno ou a columna vertebral, senón tamén órganos que iremos coñecendo máis a fondo segundo coñezamos os diferentes sistemas do corpo humano. Encantounos ver o estómago, que tiña alimento Guiño, o corazón, as veas e arterias, o intestino que se nos parecía a unha tubería...

E ata fixemos quebracabezas do corpo humanos grazas ao material que nos aportaron as familias. 

O xoves a profe Rocío nos pediu que colleramos follas no campo, pero non nos dixo para que, só que eran para unha actividade. E ao día seguinte soupemos para que eran: nun papel continuo grande tiñamos que marcar o contorno da folla e despois decorala de forma libre por dentro, con cores, debuxos... fomentando así a creatividade, a realización de tarefas de forma tranquila e relaxada, a motricidade fina...

Como proposta de lóxica matemática grupal traballamos a descomposicón do número 10 coa casiña. Cada un de nós dividimos 10 osiños de forma diferente e logo fomos deixando rexistro nunha folla, reforzando a grafía dos números e asociando a grafía coa cantidade. Tamén nos dimos conta que non é o mesmo repartir 2 e 8 que 8 e 2.

No proxecto de Perú, lembramos os instrumentos traballados a semana pasada e comezamos a facer a nosa flauta de pan. Para iso collimos unha palliña de cada tamaño, tendo que ter en total 8, reforzando así o conteo; despois as ordeamos de maior a menor, diferenciando tamaños; e as pegamos nun anaco de celo para que non se movan, pero como o celo é moi soso, lle puxemos unha cinta adhesiva de cores. A semana que vén seguiremos facendo máis.

En valores, a profe Noe leunos o conto de "El hilo invisible" no que nos fala da unión que temos coas persoas ás que queremos aínda que non estemos fisicamente xuntas. Logo nos debuxamos a nós mesmos e á persoa á que estamos unidos por ese fío, que tamén representamos, traballando así a representación do esquema corporal e o uso do espazo do papel.

Esta semana traballamos de novo o sentido do oído e as escoita activa co xogo de Lotto sons no que escoitamos o son dun animal, obxecto ou acción e tiñamos que identificar que era e buscar a súa imaxe, respectando o turno de cada un/unha.

Esta semana tivemos dúas propostas de arte. Unha delas estaba relacionada co outono. Coñecimos a obra de Arcimboldo na que unha figura humana está formada por productos típicos desta estación e nós fixemos o mesmo cunha foto nosa de perfil: decoramos o noso cabelo con laranxas, mazás, cabazas, uvas, verduras, peras, castañas... quedáronnos moi ben!!!

A outra propostas era unir os puntos da mesma cor que formaban un cadrado, identificando esta figura e traballando a coordinación óculo- manual.

Como sempre, as actividades adáptanse a cada peque e a nosa compi pegou gomets asociando cores.

Tamén puidemos xogar co Kapla, grazas ao cal construimos, caixas, camas... fomentando a creatividade, a motricidade fina, as simetrías...

E por suposto esta semana tamén puidemos seguir cos ambientes.

Ata a semana familias!!!

VIVENCIANDO OS SENTIDOS

Boas familias! Risa

Esta semana continuamos cos ambientes de aprendizaxe de Samaín que xa vos ensinamos, rotando polas diferentes aulas.

Tamén seguimos traballando os sentidos, comezando por repasar o sentido da vista, facendo xogos de atención de atopar debuxos iguais, elementos agochados nunha imaxe e  intrusos dentro dunha categoría.

Para o olfato tiñamos que ulir botes con diferentes olores: esencias, suavizante, especias, alcohol... algúns ata foron capaces de adiviñar o que era!

Para o gusto, probamos diferentes sabores: amargo, doce, salgado e ácido. Sentimos as nosas papilas gustativas e identificamos que sabor era o que mais nos gustaba.

Para traballar o oído, fomos o ximnasio cos compañeiros/as de 4º de Infantil para facer diferentes propostas que podedes ver a continuación: identificación da fonte sonora cos ollos tapados e o xogo das estatuas e dos aros, bailando ó ritmo da música e quedarnos quietos cando esta se paraba.

Despois en clase, fixemos un xogo de discriminación auditiva de sons cotiás, adiviñando de que se trataba cada son.

Por último, o tacto: pegañento, suave, áspero, rugoso..., para elo empregamos as nosas mans con diferentes propostas por equipos: tocar diferentes texturas, xogos de atopar a figura igual ó tacto (sen mirar, por suposto) e bandexa sensorial de boliñas.

E... sorpresa! tamén aprendimos que podemos percibir as texturas cos nosos pés. Tiñamos que camiñar por unha alfombra cunha morea delas!

Logo destas propostas sensoriais e cos 5 sentidos xa aprendidos, creamos un flipbook para recoller o que traballamos: picamos, pegamos, escribimos, repasamos... traballando a motricidade fina e a lecto-escritura.

Por outro lado, na proposta de debuxo do conto, esta semana limos El árbol de la amistad, un conto que trata sobre o valor da amizade e de xogar todos xuntos, xa que cando facemos boas accións a árbore da amizade crece e cando nos peleamos, quedase sen follas. 

Tamén en valores limos El hilo invisible, facendo referencia aos fíos que teceramos a semana pasada na actividade. O conto, trata sobre os vínculos que establecemos coas persoas que mais queremos, polo que despois cada un debuxou a quen estaba conectado por ese fío e o compartiu cos demais. 

Para rematar, dentro das propostas de lóxico-matemática, traballamos o conteo coas tarxetas das partes do corpo, repasando así tamén os conceptos que aprendimos durante este proxecto que estamos a desenvolver.

Tamén caldeiros para atopar, contar, e rexistrar elementos de Samaín, traballando o conteo, a atención e a grafía dos números. Encántanos traballar cos rotuladores borrables!

E a bandexa de pasta con formas terroríficas, para clasificalas nos vasos segundo a súa forma: traballando a pinza e a forza das nosas mans, disriminación, coordinación óculo-manual, concentración, atención...

Ata a próxima semana!Sorriso

BENVIDO NOVEMBRO!

Ola familias! 

Comeza un novo mes: novembro. Por iso comezamos a semana facendo o rexistro do tempo do mes de setembro: collemos os pompóns, contámolos e colocámolos no lugar axeitado para poder comparar.

Tamén realizamos un experimento no que tiñamos que derretir xeos para conseguir os ollos que se atopaban nas diferentes figuras de Samaín conxeladas. Para isto utilizamos auga, pipetas e moita paciencia, xa que algún ollo estaba moi ben agochado. Así traballamos a motricidade fina e a coordinación óculo - manual. 

Traballamos a grafomotricidade e a direccionalidade do trazo con esta actividade na que debiamos unir os puntos con liñas. Unha vez que o rematamos, utilizámolo para pegar as cabazas que decoraramos a semana anterior. 

O luns traballamos o conteo a través de diferentes figuras que debuxamos na lousa, debiamos contar cuantos corazóns había, cantas estrelas, ou cal era o número total de debuxos. 

O martes comezamos de novo os ambientes que levaremos a cabo en diferentes grupos e polas distintas aulas de educación infantil os martes, mércores e xoves da primeira quincena de novembro, neste caso con temática de Samaín.

Por unha banda tiñamos na mesa de luz diferentes debuxos de Samaín que debiamos completar con fichas traslúcidas, decorándoos así como máis nos guste traballando así tanto a creatividade como a motricidade fina.

Continuamos traballando a motricidade fina e a clasificación segundo cores a través desta actividade na que debiamos colocar coas pinzas os pompóns no lugar correspondente.

No ambiente de vida práctica tiñamos un tendal no que colgar a roupa con pinzas de madeira.

Outra das propostas era a creación de cabazas terroríficas con plastilina e diferentes moldes. Non foi nada fácil, xa que primeiro debiamos moldear e esmagar a plastilina que estaba súper dura.

No ambiente de lóxica - matemática realizamos esta actividade que contaba con dúas teas de araña, dados e arañas. Debiamos tirar os dados na mesa para saber cantas arañas tiñamos que colocar en cada tea de araña, podendo tirar ata 6 dados para aumentar a dificultade. 

Tamén o pasamos xenial coas bandexas sensoriais, formadas por espaguetis de diferentes cores e cunha chea de figuras terroríficas: ratas, arañas, caveiras... 

No ambiente de arte traballamos a creación de momias, onde traballamos tamén a motricidade fina. 

Tamén contabamos cun bingo de Samaín, onde debiamos facer virar a ruleta que tiña diferentes figuras de samaín e ir colocando fichas no noso cartón no caso de ter a figura. 

E deixando o mellor para o final, sen dúbida o que máis nos gustou foi o salón de peiteado terrorífico, cunha chea de accesorios con esqueletos, cabazas, bruxas... tiñamos pinzas, gomas... ata extensións de cores!

O mércores xunto cos compis de 5º de infantil realizamos unha clase de ioga. O xogo contaba cunha ruleta e tarxetas de diferentes cores. Ao virar a ruleta esta indicábanos que tarxeta debiamos coller e en cada unha desas tarxetas estaba representada unha figura de ioga. Fixémolo xenial e pasámolo aínda mellor.

O xoves celebramos no cole o magosto. Xunto cos compañeiros de educación infantil e educación primaria fixemos unha chea de xogos: salto da serpe, corda, chave, peón, zancos... Grazas ao profe Roberto por preparalo!!!

Ademais, para rematar merendamos castañas e leite.. estaba todo riquísimo.

Chegou o venres e continuamos traballando no noso proxecto do corpo humano a través dos sentidos. Comezamos pola vista, e xunto cos compis de 5º de infantil realizamos diferentes actividades para comprobar todo aquilo que podemos facer grazas á vista: xogos de asociación figura - sombra, xogos de pesca para a coordinación óculo - manual e para rematar unha proxección de sombras de Samaín que nos encantou. 

Para rematar o venres traballamos as formas xeométricas e as cores. Para isto, en primeiro lugar fixemos un xogo na pantalla no que debiamos capturar diferentes figuras seguindo un criterio, neste caso segundo a súa cor. Tiñamos que estar moi atentos porque pasaban suuuuper rápido. 

Despois, realizamos esta actividade na que contabamos con tres cadrados de diferentes tamaños. En cada un deles debiamos unir os dous puntos do mesma cor, traballando así as formas xeométricas, as cores, a grafomotricidade e a direccionalidade do trazo.

Outra semana chea de aprendizaxes e diversión. Ata a próxima familias!!

NOVEMBRO E NOVIDADES

Ola familias!!

Esta semana traemos novidades Guiño

O luns comezou o mes de Novembro, e tocou facer o rexistro do tempo do mes pasado: contamos os aneis, rexistramos e comparamos. Todo un traballo en equipo para desenvolver a nosa competencia matemática.

Iniciámonos nas simetrías, facendo unhas de outono que podedes ver a continuación. Cos debuxos de simetría melloramos as nosas habilidades de observación, concentración, pensamento lóxico e espacial e a resolución de problemas. Tamén traballamos a lectoescritura escribindo as palabras coa axuda da profe.

 

Proxectamos na pantalla dixital o conto ‘’Corre, corre cabaciña’’, un clásico que nos gusta moito, sobre todo pola súa canción e despois seguimos a traballar o debuxo, facendo un do conto.

 

O martes iniciamos os ambientes de aprendizaxe de Samaín, onde iremos rotando estes días polas tres aulas, en grupos mixtos de 3, 4 e 5 anos. Na nosa clase fixemos as seguintes propostas:

Bandexa sensorial de arroz tinguido e arañas. As bandexas sensoriais, ademais de ter un efecto calmante, nos axudan a estar concentrados e a aprender sobre o mundo que nos rodea manipulando e xogando. Tamén estimulamos os sentidos e a nosa motricidade fina.

No reto temos que conseguir facer unha cabaza con pompóns seguindo o modelo, fomentando así a concentración e a motricidade fina.

Na proposta de arte, empregamos a técnica do collage para crear os nosos monstros, unindo ollos, cornos, brazos, pernas… ata lles puxemos nome!

En lectoescritura, traballo do vocabulario de Samaín e da conciencia fonético-fonolóxica, identificando a primeira letra de cada palabra e atrapando o seu morcego correspondente.

En vida práctica: facer zume de laranxa! Empregar as nosas mans para cortar, exprimir… nos axuda a desenvolver a forza, a prensión e a motricidade fina. Por suposto, despois o probamos, porque cando un o fai, sabe mellor! Canso

Para desenvolver a lóxica-matemática, facer apócemas de bruxa. Hai que fixarse ben na receita e coller coa pinza os ingredientes necesarios. Así traballamos o conteo, a identificación da grafía, a atención e a motricidade fina.

Nos minimundos, xogamos coa casiña do terror, ambientada do máis terrorífica: ratas, arañas, insectos, esqueletos, bruxas, gatos, pantasmas…; e no xogo simbólico, un recanto dos disfraces. Que ben o pasamos!

O mércores, no Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO), xogamos as adiviñas de outono e a un xogo de cartas chamado Yo tengo, quién tiene...? no que hai que repartir as cartas de xeito equitativo e ir colocando as cartas segundo indiquen os debuxos, traballando así a articulación e o vocabulario.

A Profe Inés e os seus nenos/as, sorprendéronnos cunha clase de ioga, na que aprender a relaxarnos e a ser conscientes do noso propio corpo, así como aumentar os tempos de atención e memoria. Tiñamos un xogo de cartas no que habia que tirar da ruleta e coller a carta segundo a cor indicada. En cada unha explicaba unha postura de ioga a realizar. Non se nos deu nada mal, e pasámolo tan ben que quizais o fagamos máis veces na nosa clase! Grazas Profe Inés!

E na clase de valores comenzamos a traballar a empatía. Fixemos unha dinámica grupal cun nobelo de la, na que cada neno dicía algo positivo de sí mesmo ou algo que lle gustara, e lle lanzaba o nobelo a outro compañeiro/a. Ó final, tecimos unha tea de araña con fío vermello, establecendo conexións entre uns e outros, e aprendendo que non a todos nos gustan as mesmas cousas ou sí.

O xoves celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha morea de xogos populares interniveis, cos compis de Educación Infantil e Primaria: salto da serpe, corda, chave, raiola, peón, chapas, canicas, zancos... pasámolo xenial, moitas grazas ó Profe Roberto por preparalos! 

E seguindo coas tradicións, por suposto non podía faltar o castañeiro! Comimos castañas asadas con leite e desfrutamos dunha merenda en grupo Sorriso

   

Para rematar, ao chegar a nosa aula, fixemos uns debuxos do Magosto e do castañeiro.

O venres despois da asamblea, comezamos a traballar os cinco sentidos, dentro do noso proxecto do corpo humano. Empezamos polo sentido vista, así que fixemos diferentes propostas por equipos cos nosos amig@s de 4º de Infantil para traballala: xogos de asociación sombra-figura, xogo de pesca para a coordinación ollo-mano e unha proxección de sombras do Samaín... canto podemos percibir grazas a nosa vista!

  

  

Tamén continuamos o proxecto de Venezuela, aprendendo como se chaman os seus habitantes e cal é a súa lingua.

E ademais, na clase de arte, traballamos o grafismo creativo a partir dunha árbore de outono, facendo a silueta con cores e decorando o tronco con puntillismo.

Seguimos a vindeira semana,

Boa finde familias!! Risa

Distribuir contido