Ola familias!
Esta semana foi curtiña pero con moitas propostas dentro da nosa aula e tamén no cole co resto de compañeiros e compañeiras... xa veredes!
O luns, seguimos co proxecto do corpo humano: continuamos falando sobre como fomos medrando co paso do tempo e como podemos saber canto medimos e que diferentes instrumentos ou obxectos podiamos empregar para elo, así que se nos ocorreu facelo con bloques ou ladrillos.
Todos participamos e rexistramos na pizarra cantos bloques precisamos para facer a nosa altura. Comparamos os números, cal é igual, maior ou menor...desenvolvendo tamén a competencia lóxico-matemática.
Tamén fixemos estacións de aprendizaxe de Samaín, con diferentes xogos para aprender de xeito lúdico e manipulativo. No primeiro deles aprendimos a movernos polo espazo seguindo as indicacións, fomentando asi a localización espacial e o pensamento computacional.
Nos seguintes xogos tiñamos que traballar de xeito individual, como este que podedes ver de lóxica-matemática co cal nos iniciamos na suma con diferentes caramelos. Traballamos tamén o conteo e a asociación de número coa grafía.
Neste outro tiñamos que completar os sombreiros de bruxa coas estrelas que indicaban as tarxetas, traballando tamén o conteo e a asociación de grafía-cantidade.
E no último, tiñamos que xuntar no caldeiro de chuches as que indicaban as personaxes, fixándonos moi ben na forma, cor e debuxo: un gran traballo de atención!
O martes, cando chegamos á asamblea tiñamos un vídeo onde Sira, unha persoa creada con intelixencia artificial, nos pedía axuda para salvar o Samaín do cole, asi que nos xuntamos por equipos cos compis do resto das clases para resolver unhas pistas que nos permitiron obter información que empregamos no obradoiro de historia terrorífica do día seguinte. Podedes ver na páxina principal do cole algunhas fotos deste Scape Room.
E mentras uns estaban no Scape-Room na biblio, tocaba seguir traballando! Desta vez, fixemos unha cabaza con gomets, seguindo un patrón, traballando así a atención e a motricidade fina.
Despois, tiñamos que picala, para traballar a nosa forza e finalmente pegala sobre un fondo que fixemos unindo puntiños, traballando tamén a grafomotricidade e a direccionalidade do trazo. Mirade que chulas nos quedaron!
Ademais, fixemos un experimento con xeos! Pantasmas, bruxas, cabazas, morcegos... tiñamos que derretir todos os xeos para conseguir os ollos agochados nas formas.
Como o conseguimos? Pois empregando pipetas e auga morna, favorecendo asi o traballo da forza, psicomotricidade fina, coordinación óculo-manual... Que ben o pasamos!
E o mércores chegou o día da festa de Samaín, e para celebralo, tivemos diferentes obradoiros interniveis no cole e nos disfrazamos! Podedes velos tamén na páxina principal.
No obradoiro de cociña terrorífica, cociñamos diferentes platos con ingredientes terroríficos, e despois degustámolos.
No obradoiro de coroas de flores, tiñamos que empregar a nosa motricidade fina e a atención para facer diferentes formas de flores.
En psicomotricidade do terror, tivemos que facer diferentes xogos nos que poñer a proba as nosas destrezas motrices. Saltamos nos aros, esquivamos a telaraña, bailamos, xogamos as estatuas e a pedra papel e tesoira...
No obradoiro dos monstros sensorias, tiñamos que meter a man nunhas caixas e descubrir o que había dentro, traballando o sentido do tacto e a imaxinación... que medo!
E nas historias terroríficas, en grupo creamos e debuxamos contos de medo, dando renda solta á creatividade.
Por último, na nosa clase, puidemos merendar todos xuntos xuntando as mesas, e a profe tíñanos preparada outra sorpresa...
Moitas grazas a todo o profesorado por organizar os obradoiros e pola vosa implicación, o pasamos xenial!!
Feliz Samaín e ata a próxima semana!