A Xefa do Departamento de Orientación e Orientadora do centro quere compartir con todas as familias esta Guía para contribuir á resolución de problemas que poderían estar afectando ao noso alumnado e polo tanto, ás familias. A situación na que nos atopamos é difícil para todos, canto máis para os nenos e nenas, e se recursos coma éste nos poden axudar, démoslles unha oportunidade.
Sonia, a nosa xefa do Departamento de Orienación, elaborou un dossier cunhas recomendacións tanto para as familias como para o alumnado.
Mandavos un bico moi especial a todos os nenos e nenas e as súas familias!!!
Adxuntamos neste apartado documentos que poden ser de utilidade para os pais e nais dos alumnos.
O centro non conta con Departamento de Orientación, por ter menos de doce unidades, tal e coma se establece no Decreto 120/1998, do 23 de Abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia; por iso esta adscrito o CEIP Juan de Lángara.
A xefa do departamento de Orientación do CEIP Juan de Lángara ten asignado o noso centro cunha atención ós alumnos/as tódolos luns segundo o horario adxudicado pola dirección do centro base, atendendo tamén ó CEIP Virxe do Mar no concello de Narón.