Iniciar sesión: Acceso

SEMANA CURTA CHEA DE PROPOSTAS

Ola familias!!

Esta semana foi curta, pero chea de actividades tanto na nosa clase como co resto dos compañeiros/as do cole.

Como sabedes, na asemblea levamos a cabo moitas actividades, e unha delas é pasar lista. Despois poñemos na pantalla Casa e Cole, contamos os compañieros/as que hai en cada espazo e anotamos o número, reforzando a grafía do número. A continuación poñemos o símbolo que representa os conceptos maior que/menor que, que é a boca do crocodilo.

Esta semana seguimos con propostas de Samaín e unha delas, para avanzar nos contidos de lectoescritura, foi completar as palabras de vocabulario de nada coas vogais que faltaban. Con esta actividade tamén traballamos a conciencia fonolóxica.

Outra das propostas para introducirnos na lectura foi identificar nunha tarxeta onde aparecía escrito o nome da imaxe que había nela, para iso tiñamos que intetar ler as dúas palabras, pois a profe foi moi pilla e a diferenza entre as palabras era pouca.

Tamén montamos quebracabezas coa temática de Samaín ordeando os números ou as vogais en minúscula, traballando a atención e a concentración.

Como sabedes as actividades están adaptadas ao nivel de cada un/unha. Aquí a nosa compi coloca as boliñas segundo a súa cor.

Tamén seguimos avanzando na escritura do noso nome en minúscula.

est

E como traballamos as nosas mans? Pois coa plastilina, que nos encanta. Esta vez era de cor morada e tiñamos moldes de pantasmas, morcegos, cabazas...

Estivemos reforzando o conteo e a grafía dos números contando cantos elementos había de cada tipo nun caldeiro de bruxa e anotando o resultado. Os elementos estaban colocados dispersos polo caldeiro, polo que nos tiñamos que fixar ben e concentrarnos.

E coa profe Laura creamos un monstro. Para iso collemos unha cantidade de pintura mesturada con auga cunha pipeta e a botamos nunha cartolina. Despois, coa axuda dunha palliña e traballando o soplo e a respiración, creamos un monstro dispersando a cor polo papel.

O martes, cando chegamos á clase tiñamos un vídeo onde Sira, unha persoa creada con intelixencia artificial, nos pedía axuda para salvar o Samaín. E como nós sempre estamos dispostos a axudar alí nos xuntamos por equipos cos compañeiros/as do resto das clases para resolver unhas pistas que nos permitiron obter unha información que empregamos no obradoiro de historia terrorífica do mércores para crear unha historia. Podedes ver na páxina principlal do cole algunhas fotos deste Escape Room.

Mentres non era o noso turno para ir á biblioteca seguimos realizando as propostas da aula. Cos pinchos e traballando a motricidade fina e a coordinación óculo manual creamos elementos de Samaín: moitos fixemos cabazas.

O mesmo cos abalarios pequeniños de moitas cores, onde a precisión, a paciencia e a concentración ten que ser maior. Aquí tamén houbo cabazas e ata homes lobo.

E coa profe Laura reforzamos todo o anterior, pero traballando tamén a asociación de grafía cantidade, pois tiñamos que poñer tantos abalarios nuns limpapipas como indicaba o número que tiña nun extremo.

                                                        

Vos acordades dos monstros que fixemos antes? Pois ao día seguinte, despois de agardar a que secasen, lles puxemos ollos, e lles debuxamos os brazos, mans, pernas e pés. Algunha compi ata lle fixo un laciño. Sorriso

E traballamos a nosa creatividade facendo un debuxo de Samaín de forma libre. Aquí a profe pode ver que cores empregamos, como usamos o espazo no papel, o tamaño dos debuxos, a súa relación coa realidade...

A semana que ven temos o aniversario de dous compañeiros que xa deixaron lista a súa coroa.

Aquí podedes ver fotos da clase do psicomotricidade co profe Roberto. Nesta ocasión empregamos zancos e pelotas para tirar conos como se fosen bolos.

E chegou o día de celebrar o Samaín, día no que fomos disfrazados.

Repartidos por equipos (morcegos, cabazas, bruxas, curuxas e pantasmas) realizamos diversos obradoiros como psicomotricidade de terror, coroas de flores, monstros sensoriais, historias terroríficas e cociña terrorífica. Pasámolo xenial!!!

E para rematar o día a ANPA deunos uns agasallos Sorriso Moitas grazas!!!!

Vémonos o luns. Desfrutade destes días!!! Sorriso