Ola familias!!
Esta semana seguimos realizando diversas tarefas na pantalla dixital nas que traballamos a direccionalidade; a lateralidade (diferenciando dereita e esquerda); iniciámonos nas tartas ou muros de sumas, nas que temos que ir realizando sumas ata chegar á cima; series colocando pulseiras e ata fixemos sopas de letras.
E o luns recibimos a visita de Manolito, os esqueleto do cole, recién bautizado por nós como Juan. Grazas a él coñecimos os ósos do noso corpo e onde están situados. Cada óso que íamos coñecendo lle fomos poñendo o nome en Juan, e así quedou, jeje.
Despois nós fomos identificando os ósos que nos indicaba a profe Rocío e buscábamos o seu nome nunha lista. Despois o recortamos e poñiamos no lugar correspondente, afianzando así o vocabulario introducido, traballando a memoria, o uso das tesoiras e por suposto a lecto- escritura.
Coa profe Laura descubrimos un esqueleto oculto mollando un folio con aceite corporal coa axuda dun bastoncillo.
E tamén coa profe Laura formamos un esqueleto con bastoncillos seguindo un modelo. Tivemos que estar moi concentrados e traballar moito a motricidade fina, pois esta actividade supoñía moita precisión á hora de colocar os bastoncillos. Por último escribimos "Sistema óseo", o cortamos e puxémolo na cartolina.
Tamén empregamos unha camiseta moi especial e a app Body Planet, grazas á cal puidemos ver aos nosos compañeiros/as por dentro, non só o sistema óseo como as costelas, o esterno ou a columna vertebral, senón tamén órganos que iremos coñecendo máis a fondo segundo coñezamos os diferentes sistemas do corpo humano. Encantounos ver o estómago, que tiña alimento , o corazón, as veas e arterias, o intestino que se nos parecía a unha tubería...
E ata fixemos quebracabezas do corpo humanos grazas ao material que nos aportaron as familias.
O xoves a profe Rocío nos pediu que colleramos follas no campo, pero non nos dixo para que, só que eran para unha actividade. E ao día seguinte soupemos para que eran: nun papel continuo grande tiñamos que marcar o contorno da folla e despois decorala de forma libre por dentro, con cores, debuxos... fomentando así a creatividade, a realización de tarefas de forma tranquila e relaxada, a motricidade fina...
Como proposta de lóxica matemática grupal traballamos a descomposicón do número 10 coa casiña. Cada un de nós dividimos 10 osiños de forma diferente e logo fomos deixando rexistro nunha folla, reforzando a grafía dos números e asociando a grafía coa cantidade. Tamén nos dimos conta que non é o mesmo repartir 2 e 8 que 8 e 2.
No proxecto de Perú, lembramos os instrumentos traballados a semana pasada e comezamos a facer a nosa flauta de pan. Para iso collimos unha palliña de cada tamaño, tendo que ter en total 8, reforzando así o conteo; despois as ordeamos de maior a menor, diferenciando tamaños; e as pegamos nun anaco de celo para que non se movan, pero como o celo é moi soso, lle puxemos unha cinta adhesiva de cores. A semana que vén seguiremos facendo máis.
En valores, a profe Noe leunos o conto de "El hilo invisible" no que nos fala da unión que temos coas persoas ás que queremos aínda que non estemos fisicamente xuntas. Logo nos debuxamos a nós mesmos e á persoa á que estamos unidos por ese fío, que tamén representamos, traballando así a representación do esquema corporal e o uso do espazo do papel.
Esta semana traballamos de novo o sentido do oído e as escoita activa co xogo de Lotto sons no que escoitamos o son dun animal, obxecto ou acción e tiñamos que identificar que era e buscar a súa imaxe, respectando o turno de cada un/unha.
Esta semana tivemos dúas propostas de arte. Unha delas estaba relacionada co outono. Coñecimos a obra de Arcimboldo na que unha figura humana está formada por productos típicos desta estación e nós fixemos o mesmo cunha foto nosa de perfil: decoramos o noso cabelo con laranxas, mazás, cabazas, uvas, verduras, peras, castañas... quedáronnos moi ben!!!
A outra propostas era unir os puntos da mesma cor que formaban un cadrado, identificando esta figura e traballando a coordinación óculo- manual.
Como sempre, as actividades adáptanse a cada peque e a nosa compi pegou gomets asociando cores.
Tamén puidemos xogar co Kapla, grazas ao cal construimos, caixas, camas... fomentando a creatividade, a motricidade fina, as simetrías...
E por suposto esta semana tamén puidemos seguir cos ambientes.
Ata a semana familias!!!