Ola familias!!!
Esta semana seguimos avanzando no proxecto do corpo humano e tamén voltamos aos ambientes, sen esquecernos do Magosto.
Pero como sempre, cada día comezamos coa asemblea. Como sabedes unha das tarefas é realizar unha actividade interactiva na pantalla, unha delas foi o reparto regular, reforzando contidos matemáticos.
Esta semana coñecemos os 5 sentidos e traballamos un pouquiño con eles. E como traballamos a vista? Pois diferenciando obxectos entre moitos que estaban mesturados, ademais de diferenciar dúa imaxes segundo a cor na que nos fixemos, diferenciando así figura e fondo, aspecto importante para a lectoescritura.
Ademais tamén buscamos o intruso entre varios obxectos, traballando non só a vista porque temos que estar moi atentos, concentrados e mirando os obxectos, senón que tamén repasamos vocabulario e campos semánticos.
Agora é o turno do olfato. Tiñamos 8 frascos con diferentes elementos: suavizante, té verde. alcol, aroma de mandarina, allo, pirixel, mel e canela. Fomos ulindo un a un e intentando adiviñar qué era. O mel foi un acerto total e noutros casos nos acercamos moito ao producto concreto.
E como traballamos o gusto? Pois probando e saboreando azucre, limón, sal, chocolate 99% e queixo parmesano para identificar os diderentes sabores: amargo, doce, salgado, ácedo e umami. Identificamos todos, pero houbo algún que non nos gustou nadiña, as nosas cara demotrábano, jeje. Pero fomos moi valentes porque probamos todo.
A profe Laura axudounos co sentido do oído. Púxonos diferentes sons de animais e nós tiñamos que adiviñar de qué animal se trataba. Despois fomos nós os que fixemos os sons e o resto dos compañeiros/as tíñano que adiviñar.
E para traballar o tacto seguimos experimentando. Coa alfombra de texturas da profe Laura tocamos superficies blandas, duras, ásperas, rugosas...
Para rematar cos sentidos clasificamos imaxes segundo o sentido coas que as podemos sentir, actividade que nos serve de repaso e ser conscientes de todo o que aprendimos.
Tamén fixemos un flipbook no que escribimos o nome dos sentidos segundo a información dada: qué nos permite e con qué o realizamos, traballando así a lectoescritura.
A semana pasada dixémoslle adeus a outubro e polo tanto o luns tivemos que facer o rexistro do tempo. Contamos cantas arandelas había en cada imaxe do tempo atmosférico, pegamos tantos gomets como arandelas había e anotamos o número, repasando o conteo e a grafía dos números. Pero tamén traballamos a lectoescritura ao escribir o nome do mes ao que despedimos.
Co esta proposta seguimos reforzando a orientación espacial ao mesmo tempo que traballamos a atención e a concentración. Tiñamos que colocar os peixes segundo o patrón de cores dado, pero tendo tamén en conta a dirección das flechas.
Encántanos debuxar, pero ás veces dicimos que non sabemos facer algún debuxo porque nos parece difícil. Por iso nesta proposta realizamos diferentes debuxos seguindo os pasos un por un. Despois escribimos o seu nome. Así traballamos a motricidade fina, o agarre do lapis, a atención, a concentración, o respecto dos pasos de todo proceso e por suposto a lectoescritura.
E seguimos realizando diversas actividades para reforzar a conciencia fonolóxica. Nesta ocasión tiñamos que clasificar unhas imaxes segundo a letra pola que comezaban.
E como sempre as propostas están adaptadas a cada peque.
Como proposta de arte tivemos que realizar obxectos que tiveran forma de círculo partindo dun. Costounos un pouquiño entender que o círculo xa formaba parte do obxecto, que non tiñamos que facer outro círculo dentro, pero fixémolo moi ben. Debuxamos pelotas, botóns, caras, rodas...
Así traballamos a creatividade, o pensamento, a asociación de formas a obxectos que nos rodean...
O soplo é importante á hora de articular e realizar un fonema, así que xogamos un partido de fútbol no que tiñamos que meter unha boliña de poliespan na portería, pero só podiamos empregar unha palliña e o aire dos nosos pulmóns. Marcamos varios gols!!
E como todos os mércores tivemos sesión de xadrez co profe Quique.
Novo mes, novo valor. Este mes de novembro llo adicaremos á empatía, aspecto de gran importancia no traballo das habilidade sociais.
Nesta ocasión fixemos a actividade da tea de araña: puxémonos en círculo e a profe Noe agarrou un extremo do ovillo e dixo algo que lle gustaba, quedándose co extremo e pasándolle o ovillo a outro neno/a que tiña que facer o mesmo. Así ata que rematamos todos e quedamos unidos por ese fío vermello. Isto deu lugar a falar do fío invisible que nos une ás persoas que queremos aínda que nos estemos fisicamente con elas.
O mércores tivemos unha sorpresa. O Ratonciño Pérez deixounos diante da súa porta unha nota, un conto sobre el, e unhas caixas onde podemos gardar os dentes que nos caian. Na nota nos lembraba a importancia de lavar os dentes e coidalos. Despois lemos o conto e descubrimos o segredo de como comezou a adicarse a recoller os dentes dos máis pequenos.
Seguimos avanzando no proxecto de Perú. Nesta ocasión coñecimos algúns dos seus instrumentos: a quena, o caixón, o charango e a zampoña, tamén coñecida como flauta de pan. E nós imos facer unha con palliñas. Primeiro, tendo en conta as cintas de diferentes lonxitude que había nun moble, collemos unha palliña xigante, marcamos as diferentes medidas e as cortamos. Despois en equipo fomos claisficándoas por tamaaño, reforzando os contidos matemáticos de longo, curto, máis longo que, maís curto que... ademais da concentración e a atención.
En futuras sesións rematarémolas.
E esta semana voltamos aos ambientes. A profe Noemi e a profe Inés vos amosarán o que fixemos nas súas aulas. Na nosa tiñamos uns bolos terroríficos que nos permiten traballar a coordinación óculomanual, o respecto polo turno, o equilibrio á hora de colocar de novo os bolos despois de tiralos...
A orientación espacial está tan moi presente nos ambientes. Tiñamos que reproducir un patrón nunhas táboas divididas en cuadrículas, colocando as arañas, formigas, cabazas, gusanos, etc no seu lugar correspondente.
Moi relacionada cos sentidos está a mesa sensorial, na que nesta ocasión tiñamos "algo biscoso", jeje que era fluído non newtoniano: cando o apretamos está duro, pero se o soltamos vólvese líquido.
No minimundo tamén traballamos os sentidos coa base de arrozo morado, pero tamén a nosa creatividade e imaxinación ao experimentar e xogar de forma libre cos elementos que había nel: arañas, morcegos, cempés, mans...
Como proposta de vida práctica convertémonos en mecánicos/as e intentamos amañar un barco e un autobús, poñéndolle e quitándolle tuercas, tornillos... e empregando tanto as nosas mans como as ferramentas adecuadas. Algúns estiveron toda a sesión.
Como reto temos unha proposta de robótica, na que temos que dirixir ao robot dun punto ao outro, observando cal é o mellor camiños e os pasos que temos que dar, traballando a direccionalidade, orientación espacial, concentración, atención e pensamento computacional.
Encántanos pintar e que mellor que facelo con vasoiras de diferentes materiais para experimentar e crear. Unha compañeira ata consegui unha cor nova mesturando dúas das dadas.
Lectoescritura e Samaín: formamos o nome de elementos desta festa buscando as letras nunha bandexa con fabas negras, que nos dificultaban un pouquiño atopar as letras, polo que unha boa atención é moi importante.
E fomos de acampada (como proposta de xogo simbólico). Nos metemos na tenda, usamos os prismáticos para ver ao noso redor, pescamos, fixemos malvaviscos no lume, xogamos, desfrutamos, relacionámonos cos iguais...
Grazas ao profe Roberto o xoves celebramos o Magosto desfrutando de xogos populares como as canicas, a chave, a comba, os zancos, os peóns, as chapas, o aro..
Despois desfrutamos comendo castañas e leite. Como non nos gustan a todos/as puidemos merendar na pista co resto dos compañeiros/as.
Vémonos a semana que vén con novas propostas!!