Ola familias!
Esta última semana de cole foi curta pero moi intensa.
Todos os días empezamos a mañá coa nosa rutina de asemblea, como fixemos dende que chegamos ao cole. Cada vez temos máis claro o que temos que facer, e facémolo moi ben: colocamos o día que corresponde, o tempo que fai, explicamos como nos sentimos… e escribimos o noso nome, que é o que máis nos gusta.
Tamén fixemos este lince de Samaín no que tiñamos que ir sacando tarxetas da caveira e buscar a imaxe que nos tocaba. Tiñamos que estar moi atentos porque algunhas imaxes eran pequeniñas e estaban moi escondidas.
Outra das actividades desta semana foi a lectura do conto “Guapa”, do que fixemos uns debuxos moi chulos e os coloreamos coas cores que aparecían no conto: verde, marrón, vermello…
Tamén fixemos unha actividade de grafismos, pero non era así de sinxelo… Tiñamos que pintar esta momia coa técnica de puntillismo, e non podiamos utilizar a cor que nós quixésemos, tiñamos que tirar un dado, contar o número que nos saía e mirar con que cor se correspondía.
O martes dividimos a nosa clase en 5 grupos: bruxas, curuxas, pantasmas, cabazas e morcegos. Estes grupos non estaban formados só por nenos e nenas da nosa clase, tamén estaban outros compis dos diferentes cursos do cole. As profes Rocío e Andrea viñeron buscarnos por grupos para facer un scape room na biblioteca do cole. Pasámolo moi ben buscando diferentes cousas a través das pistas, e preparándonos así para o que viría ao día seguinte…
O mércores por fin chegou Samaín!!!! Pasamos unha mañá moi divertida con diferentes talleres terroríficos: psicomotricidade de terror, coroas de flores, monstros sensoriais, historias terroríficas e cociña terrorífica.
Para rematar o día, puxemos cancións de Samaín e pasámolo xenial cantando e bailando.
Ata a semana familias!!!