Iniciar sesión: Acceso

Peques de A Laxe

ESTAMOS DE VOLTA COAS PILAS CARGADAS!!

Ola familias!!! 

Despois das vacacións volvemos coas pilas cargadas e preparados para afrontar este terceiro trimestre con enerxía.

Seguimos realizando na asemblea diversas actividades, entre elas as que teñen que ver coa lóxicamatemática.

Cando nos marchamos era marzo, pero voltamos en abril, entón tiñamos pendente facer o rexistro do tempo de marzo, e iso fixemos.

Esta semana houbo unha novidade no recuncho da casiña: agora temos unha casa da árbore coa que por suposto nos estivemos familiarizando.

E a profe nos puxo unha noticia sobre a erupción dun volcán e así descubrimos que este trimestre imos coñecer máis sobre eles.

Rafa nos trouxo un pedra volcánica do Teide e puidemos manipulala.

E comezamos con algo moi chulo que imos preparar, vos imaxinades que pode ser?

Como proposta de lectoescritura estivemos traballando o vocabulario da primavera, como sempre todo adaptado ao ritmo de cada un/unha. Nesta ocasión tiñamos que formar o nome das imaxes que aparecían nunhas tarxetas.

E o luns foi o Día das Artes Galegas, que este ano se lle adicou a Francisco Asorey, un escultor. Despois de coñecelo nos convertemos en escultores/as e creamos as nosas propias esculturas: unicornios, coches...

Como proposta sensorial tivemos que coller con pinzas unhas xoaniñas que había entre "herba". Traballamos moito a motricidade fina sen ser conscientes.

Outra das novidades desta semana foi este novo material: plus plus, cos que nos estivemos familiarizando de forma libre.

Ademais tivemos moita sorte de ver xogar ao noso compañeiro Antón de 1º cos seus compañeiros/as de hóckey. 

En valores, este mes llo adicamos á saúde e esta semana reforzamos a importancia dun bo lavado de dentes e un equipo xogou a un xogo de mesa sobre este tema, traballando tamén o respecto polo turno, o conteo...

Outra das propostas de lóxicamatemática foi, para os de 3 anos, traballar a grafía dos números poñendo fichas de cores sobre os número seguindo a súa direccionalidade.

Os peques de 4 anos tivemos que colocar as fichas de dominó no seu lugar. En primeiro lugar identificando os seus puntiños, pero logo vendo só os números tendo que asociar a grafía cantidade.

E os maiores realizamos sumas un pouquiño máis complicadas, posto que nos demos conta de que nos pasabamos de 10 nas unidade e tiñamos que cambialas por unha decea.

Outra das propostas foi traballar a direccionalidade cos insectos. Tiñamos unha plantilla na que buscabamos o insecto do que partir, traballando así a atención; despois seguiamos as flechas (direccionalidade) e viamos a que insecto chegábamos, buscando o seu debuxo.

O conto desta semana foi "Wanda y la abeja misteriosa" de Paula Merlán, unha historia fermosa que nos fala da aventura desta cadeliña por seguir a unha abella e na que coñece a unha amiga que se queda para sempre con ela no seu fogar. Así falamos da responsabilidade que supón ter unha animal na casa e que podemos facer se queremos adoptar un/unha.

Despois fixemos un debuxo da historia.

Os peques de 4 e 5 anos esta semana reforzamos a descripción, debuxando segundo as características que nos ía dicindo a mestra. Depois comprobamos se se parecía o noso debuxo ao  orixinal.

Ata a próxima semana!!!

REMATAMOS O TRIMESTRE

Ola familias!!

Que rápido pasa o tempo! Xa rematamos o segundo trimestre, pero como sempre seguimos avanzando. Esta semana a temática centrouse na Pascua e Pin propúxonos os últimos retos.

Seguimos realizando actividades de lóxica matemática na pizarra dixital afianzando conceptos como moitos- poucos ou dereita- esquerda e arriba-abaixo.

Como proposta sensorial traballamos os trasvases e a coordinación óculo manual enchendo ovos con arroz de cor laranxa.

Tamén traballamos a lectoescritura formando palabras do vocabulario de Pascua. Nun saquiño tiñamos unha imaxe e as letras para formar o nome.

E seguimos a tope coa conciencia fonolóxica, nesta ocasión coas rimas. Tiñamos que buscar a imaxe que rimase co nome dunha tarxeta, por exemplo niña-piña.

A creativiade segue presente, neste caso decorando un ovo de Pascua con pompóns e pedras de cores.

Esta semana tivemos que convertirnos e perruqueiros duns poliños cun cabelo especial: tiña números. Entón tirabamos os dados, contábamos (quen o necesitase ou senón cálculo mental) e cortabamos o número correspondente, traballando o conteo, asociación grafía cantidade e o uso das tesoiras, ademáis da paciencia, do tempo en espera e a coordinación óculo manual.

Tamén puidemos ver as fases da Lúa grazas á caixiña que nos deixou a profe Gemma na que mirando por cada buratiño podiamos ver a Lúa nova, chea, en cuarto crecente e cuarto menguante.

Esta semana Pin tamén nos propuxo uns retos moi interesantes. O primeiro foi buscar uns paus polo entorno do cole e ordealos de menor a maior.

O segundo foi relacionado cos números. Os peques de 3 anos tiñan que buscar números nunha bandexa sensorial e relacionalo coa imaxe que tivese esa cantidade de elementos, traballando a asociación de grafía cantidade.

E os de 4 e 5 anos tiñan que colocar uns números na táboa do 100 porque algúen (non sabemos quen) quitounos e no seu lugar puxo cabezas de poliños, coellos...

E o venres como reto final e de despedida Pin propuxo non un reto, senón 6 e tivemos que ir por todo o cole realizando diferentes probas: simetrías, series, recta numérica, sumas e restas, conciencia fonolóxica, balanzas...

Como sempre dimos todo de nós e os conseguimos e así puidemos conseguir a última peza do quebracabezas e un agasallo que nos deixou Pin na nosa mesa:un lapis moi chulo.

Tamén tivemos unha búsqueda de ovos e figuras de chocolate pola clase xogando a Frío- Quente, pero non hai nada que se nos resista.

Vos deixamos un vídeo resumo do venres.

Boas vacacións!!Vémonos á volta!!!!

CREAMOS GALAXIA E NOVOS RETOS DE PIN

Ola familias!!!

Aquí estamos outra semana máis para amosarvos todo o que fixemos durante esta semana.

Unha das propostas foi desenvolver a nosa creatividade empregando a plastilina e todos os utensilios que necesitamos para crear as nosas obras de arte, traballando así a nosa motricidade fina. 

Tamén xogamos ao Vexo Vexo na pizarra dixital para traballar a atención e a conciencia fonolóxica. Os máis peques buscabamos os obxectos que nos dicía a mestra e os de 4 e 5 anos tiñamos que buscar obxectos que comezasen polo son que indicaba Rocío.

Tamén coñecimos un poquiño máis do universo, concretamente os asteroidee e cometas. Sabiade que había un cinturón de asteroides no Universo? Nós si. Sorriso

E ademais fixemos o noso propio debuxo do universo con todo o que estivemos aprendendo durante este trimestre. Algún debuxaron o planetario, outros o Sistema Solar, outros galaxias, planetas....

Esta semana descubrimos unha páxina que ten moitas actividades super divertidas para traballar a lóxica matemática e xa a empregamos na asemblea. Ademais fixemos tamén outras actividades que nos propón: os maiores tarta de sumas para traballar o cálculo mental, aínda que se era necesario tiñamos materiais manipulativoa para poder axudarnos; os máis peques asociación de grafía cantidade; e os de 4 anos sumas espaciais.

Esta semana tamén coñecimos o que son os eclipses. Sabíades que poden ser de dous tipos?

E unha actividade que nos gustou moito foi crear a nosa propia galaxia. Para iso empregamos algodón, auga de cores e purpurina. Quedaron chulísimas!!! Pero do que non somos conscientes é de que ao mesmo tempo estamos traballando a motricidade fina coas pipetas, a coordinación óculo manual, a concentración...

E tamén traballamos moito todos eses aspectos creando os nosos colares.

Seguimos afianzando a conciecia fonolóxica: Por que letra comeza...?

E que nos dicides dos pinchos? Canta creatividade!!! flores, consolas, muros, corazóns.... e como collen forza a nosas mans!!

Lembrades que fai unhas semanas fixemos uns astronautas? Pois esta semana os empregamos para xogar ao xogo do Espacio. Tiñamos que chegar ao cohete e para iso tivemos que responder unha preguntas sobre todo o que estivemos traballando do Universo. Pero non só iso, tamén aprendemos a respectar as normas dos xogos, o turno, a paciencia...

E como proposta de lóxica matemática tamén empregamos oas castelos de anterior e posterior.

Esta semana Pin nos tiña preparados outros 3 retos. O primeiro consistía en buscar as diferenzas entre dúas imaxes. Canta atención e concentración!!!

No segundo tamén tivemos que estar moi atentos porque tiñamos que contar cantos elementos había de cada debuxo e anotalo, traballlando o conteo e a grafía dos números.

Esta semana descubrimos que Pin sabe inglés e nos propusxo buscar na clase obxectos que fosen dunhas cores concretas, pero nos dixo os nomes das cores en inglés. Non hai reto que se nos resista e xa temos 3 novas pezas do quebracabezas.

A semana que ven moito máis!!

FACEMOS GALLETAS

Ola familias!!

Hoxe fixemos galletas con formas de elementos do universo: astronautas, planetas, cohetes, estrelas... Traballamos en quipo e quedaron moi ricas!!!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo. Guiño

SEMANA DA PRENSA E MOITAS MÁIS PROPOSTAS

Ola familias!!!

Esta semana seguimos cos retos de Pin,  avanzamos no coñecemento do Universo, na lóxicamatemática, ademais de plantar leitugas (podedes ver a publicación no blogue de Voz Natura), celebrar a semana da prensa e o 8M (publicado na páxina principal).

Pin tiña preparados un retos moi divertidos. O primeiro deles foi conseguir cores novas mesturando auga de diferentes cores. Conseguimos cores moi chulas, ademais de traballar os trasvases e a coordinación óculo- manual, o control, a concentración...

Outro dos retos foi facer quebracabezas numéricos. Para iso tiñamos que ordear os números e poderíamos ver a imaxe.

E como último reto xogamos a un memory do Universo. Canta concentración e atención!!!

Esta semana fomos plantar leitugas e a mestra Lucía encargounos a tarefa de decorar unhas culleres de madeira co noso nome. Nós o fixemos con témperas en barra, traballando así con novos materiais e desenvolvendo a creatividade.

Como proposta de lóxica matemática tivemos que realizar un quebracabezas do inverno, pero para poder ordear as pezas tiñamos que realizar unhas operacións (conteo de puntiños para os máis peques, sumas para os de 4 anos e sumas e restas para os maiores) e buscar o resultado nas pezas para poder escoller a correcta.

Tamén fixemos tartas de sumas, lembrade que sempre adaptadas aos diferentes niveis. Se necesitamos axuda podíamos usar os osiños para facer as operacións de forma manipulativa.

Os de 4 anos era a primeira vez que as facíamos, entón fixemos unha de forma cooperativa e logo rexistramos o resulatdo nunha folla.

E os peques de 3 anos repasamos o conteo de elementos do inverno, atopando despois o número que correspondía, asociando grafía- cantidade.

Seguimos co afianzamento da lecto escritura. Nesta ocasión os peques de 4 anos tiñan que formar o nome dunha imaxe ordeando as letras.

Relacionado co Universo coñecimos a viaxeiros do espazo: Pedro Duque, astronauta español; Laika, primeiro animal en viaxar ao espazo, e Valentina Tereshkova, a primeira muller en ir ao espazo. Así escribimos os seus nomes (o máis peques a inicial) e decoramos os seus cohetes.

Tamén fixemos unha actividade artística, relacionada coas figuras xeométricas, facendo ditas figuras arredor doutras cambiando de cores.

Xa que era a Semana da Prensa, coñecimos as partes dun Xornal e despois por equipos buscamos novas alegres e tristes e as clasificamos nun mural.

E para rematar a semana comezamos a preparar a decoración da nosa bolsa para os traballos e seguimos vendo a película de"Atrapa la bandera".

Distribuir contido