Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DA PRENSA E MOITAS MÁIS PROPOSTAS

Ola familias!!!

Esta semana seguimos cos retos de Pin,  avanzamos no coñecemento do Universo, na lóxicamatemática, ademais de plantar leitugas (podedes ver a publicación no blogue de Voz Natura), celebrar a semana da prensa e o 8M (publicado na páxina principal).

Pin tiña preparados un retos moi divertidos. O primeiro deles foi conseguir cores novas mesturando auga de diferentes cores. Conseguimos cores moi chulas, ademais de traballar os trasvases e a coordinación óculo- manual, o control, a concentración...

Outro dos retos foi facer quebracabezas numéricos. Para iso tiñamos que ordear os números e poderíamos ver a imaxe.

E como último reto xogamos a un memory do Universo. Canta concentración e atención!!!

Esta semana fomos plantar leitugas e a mestra Lucía encargounos a tarefa de decorar unhas culleres de madeira co noso nome. Nós o fixemos con témperas en barra, traballando así con novos materiais e desenvolvendo a creatividade.

Como proposta de lóxica matemática tivemos que realizar un quebracabezas do inverno, pero para poder ordear as pezas tiñamos que realizar unhas operacións (conteo de puntiños para os máis peques, sumas para os de 4 anos e sumas e restas para os maiores) e buscar o resultado nas pezas para poder escoller a correcta.

Tamén fixemos tartas de sumas, lembrade que sempre adaptadas aos diferentes niveis. Se necesitamos axuda podíamos usar os osiños para facer as operacións de forma manipulativa.

Os de 4 anos era a primeira vez que as facíamos, entón fixemos unha de forma cooperativa e logo rexistramos o resulatdo nunha folla.

E os peques de 3 anos repasamos o conteo de elementos do inverno, atopando despois o número que correspondía, asociando grafía- cantidade.

Seguimos co afianzamento da lecto escritura. Nesta ocasión os peques de 4 anos tiñan que formar o nome dunha imaxe ordeando as letras.

Relacionado co Universo coñecimos a viaxeiros do espazo: Pedro Duque, astronauta español; Laika, primeiro animal en viaxar ao espazo, e Valentina Tereshkova, a primeira muller en ir ao espazo. Así escribimos os seus nomes (o máis peques a inicial) e decoramos os seus cohetes.

Tamén fixemos unha actividade artística, relacionada coas figuras xeométricas, facendo ditas figuras arredor doutras cambiando de cores.

Xa que era a Semana da Prensa, coñecimos as partes dun Xornal e despois por equipos buscamos novas alegres e tristes e as clasificamos nun mural.

E para rematar a semana comezamos a preparar a decoración da nosa bolsa para os traballos e seguimos vendo a película de"Atrapa la bandera".