Ola familias,
aquí voltamos para contarvos todas as novidades da semana.
Unha das propostas foi facer colares: que ben nos quedaron e como traballamos a coordinación óculomanual, aínda que non somos conscientes diso.
Tamén seguimos co noso flipbook das flores. Nesta ocasión coñecimos o Jacinto e para formar o seu nome buscamos as letras en revistas. Despois, como pasou coas outras flores, fixemos o debuxo.
O sol desta semana lembrounos a praia, así que a area chegou á nosa clase: traballamos os trasvases, fixemos figuras e ata algúns fixemos un volcán ( a profe síntese moi orgullosa de como relacionamos contidos e de como estamos avanzando).
Dentro do proxecto de China e seguindo coa súa escritura, debuxamos o significado dalgunhas palabras chinas.
E tamén avanzamos no proxecto dos volcáns. Nesta ocasión coñecimos os tipos de volcáns segundo a súa actividade e clasificamos imaxes de cada tipo.
As propostas de lóxica matemática xiraron entorno ao conteo e asociación de grafía cantidade no caso dos peques de 3 anos contando bichiños ou flores.
Completar as casiñas dos números, sempre adaptados a cada un, no caso dos peques de 4 anos.
E os crucinúmeros no peques de 5 anos. Como nos esforzamos e iso vese no proceso.
Outra proposta sensorial e de trasvases foi manipular boliñas de xel.
E seguimos co conteo cos peques de 3 anos. Nesta ocasión contaron as flores dos ramos e os puxeron na maceta correspondente.
Os maiores da clase reforzamos a resta, vendo que non só consiste en quitar elementos, senón tamén en ir hacia atrás.
E os peques de 4 anos reforzamos a suma con este robot tan simpático.
Este mes estamos de cheo traballando a cooperación, e que mellor que vivenciala. Por iso tivemos que traballar en equipo para que un globo non caese ao chan ou pillar aos compañeiros/as formando unha serpe humana.
Cando nos xuntamos os de 4 e 5 anos das dúas clases realizamos actividades de traballo en equipo, pero tamén de reforzo de lectoescritura. Esta semana tiñamos que anotar palabras, por parellas, que comezasen por a letra indicada no papel. Sairon palabras moi variadas: nomes de compañeiros/as, estilos musicais...
E rematamos a semana co area, pero nesta ocasión traballamos os grafismos de forma máis manipulativa e sensorial.
Os maiores xogamos ao quen é quen. Para iso limos o dato que nos daban, miramos quen cumplia co requisito, limos o nome o o anotamos (traballo de lectoescritura).
E os de 4 anos formamos o nome dunhas imaxes ordeando as letras que nos daban, pasiño a pasiño seguimos avanzando.
E como non, os peques de 3 anos somos uns campeóns avanzando na iniciación á lectoescritura formando os nomes de elementos da primavera.
Para rematar a semana tivemos a sorte de contar con tres mamás que nos adicaron o seu tempo e viñeron xogar a xogos de mesa con nós e os compañeiros/as da outra clase. Nesta ocasión os de 3 anos xogamos ao xogo dos Ourizos e a búsqueda de follas e ao Zingo, para traballar a atención, o vocabulario e o control inhibitorio; os de 4 anos ao Color Line e ao Speed Cups, intentando controlarnos e traballar o control inhibitorio como os nos compis; e os de 5 anos ao Monza e o Speed Jungle, reforzando a atención,a estratexia, a toma de decisións...
Boa fin de semana!!