Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

AUDIOCONTOS: "A POTA QUE TROTA"

   Peques déixovos un audioconto que nos propón Afundación, dentro da súa sección de Biblioteca Infantil: "A POTA QUE TROTA".

   Espero que vos guste Sorriso

CHEGAMOS A MARTE

   Bos días peques!!

   Que tal a fin de semana?

 Esta semana volvemos co tema do Sistema Solar e hoxe imos coñecer outro planeta: Marte. No seguinte vídeo vos conto cousiñas sobre el.

   E as actividades que imos facer volas presento no vídeo que vos deixo a continuación.

   Primeiro buscar cinco obxectos vermellos na casa e escribir o seu nome (no caso dos nenos e nenas de 3 anos, mamá ou papá nos escribe o nome do obxecto e vós dicides as letras).

   Ademáis hoxe lle imos a ensinar a Pixi obxectos da casa e para qué sirven. Para iso xogamos á bolsa máxica, onde haberá obxectos da casa e nós temos que adiviñalos só co tacto, sen mirar.

   Por último vos deixo un enlace a un xogo do mundo de Draco, vos acordades del? Espero que vos guste.

   https://view.genial.ly/5eba51818a39780d0f677cba/game-xogo-do-aloia  

   Mil bicos enormes!!

 

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!

    Bos días peques!!!

  Como estades?

  Hoxe o primeiro que vos deixo é un vídeo cun conto, espero que vos guste.

    Moi relacionado co conto está o outro vídeo que vos deixo a continuación. Aproveitando que hoxe é 15 de maio e se celebra o Día da Familia, lle imos a ensinar a Pixi cómo son as familias no noso planeta.

    Por iso para celebrar este día vos propoño facer unha árbore xenealóxica da vosa familia (pode ser tamén un debuxo da familia). Podedes facela como máis vos guste Sorriso

    E xa que o domingo 17 de maio, ademáis do Día das Letras Galegas tamén é o Día Mundial da Reciclaxe, se queredes podedes empregar algún material de reciclaxe para facer a vosa familia.

 Ademáis vos deixo un enlace para xogar coas formas xeométricas.

  https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/locometria

  Mil bicos!!

PLÁSTICA, MÚSICA E VALORES/RELIXIÓN

    Bos días peques!!

  Xa estamos a xoves e tócanos un pouquiño de artística, música e valores/relixión.

  Como tarefa de plástica e seguindo coas pitas imos colorear dúas pitas seguindo a ténica de Andy Warhol, un artista ao que lle gustaban moito as cores.

                             

    Para iso imos escoller 8 cores, as que máis vos gusten, e son as que imos empregar para pintar as pitas, pero non podemos pintalas iguais. Con isto quero dicir que se á unha pita lle pintamos a cresta de cor amarela, a outra non pode ter a cresta amarela, ten que ser doutra cor. E así con cada parte da pita.

   No seguinte vídeo vos explico como facelo.

  

   Deixo un documento adxunto coa “ficha” das pitas para quen a poida imprimir. Os que non teñades esa posiblidade, podedes ir ao colexio a por unha copia (de 10 a 13 horas), xa que é importante que todos poidades pintar o mesmo deseño.

   E con esta tarefa imos poñer o noso graniño de area para levar a cabo unha actividade a nivel de centro, posto que os compañeiros/as de primaria tamén van colorear un debuxo e con todos eles vaise facer algo moi bonito.

   Desta forma, cando teñades coloreadas as pitas, lles sacades unha foto e ma mandades por whatsapp. A data límite é o 20 DE MAIO.

   Estou desexando ver as vosas obras de arte!!!!!

   De música, aquí tedes otros catro vídeos para seguir entrenando o voso oído.

   

   En canto a valores, o corto que vos propoño hoxe está relacionado cos animais. Eles, xa sexan cans, gatos, paxaros, peixes, etc. necesitan cariño. Temos que coidalos e respetalos porque eles tamén teñen sentimentos, ademáis de que nos fan moita compañía e nos queren moito.

   

    Xa por último, para os nenos/as que acoden a relixión, hoxe a tarefa é continuar coa actividade da semana pasada: colorear as flores para María.

  Ánimo peques!! Xa queda menos!!

   Un bico enorme!!

SEGUIMOS COAS LETRAS GALEGAS

   Ola peques!

 Hoxe imos coñecer un poquiño máis a obra de Ricardo Carvalho Calero, sobre todo o seu libro “As pitas baixo a Choiva”.

   No vídeo cóntovos un pouco a historia e tamén vos explico a actividade. Imos poñer nunhas cestas tantos ovos como nos indica o número (o de 3 anos escriben só os números 1 e 2 pero debuxan os ovos en tódalas cestas). Ademais vos propoño debuxar unha galiña, as protagonistas dol libro de Ricardo Carvalho, e poñerlle un nome.

   Na páxina principal da web tedes unha serie de enlaces relacionados coas Letras Galegas e con Ricardo Carvalho. No primeiro deles tedes o conto do que falamos hoxe e música relacionada con el, vos animo a escoitala. Guiño

  Un bico enorme peques!!!

Distribuir contido